Lun, 20 Mai 2013, 12:40
Asunto: Re: SAN MAMEDE DESAFÍO 2013 ---- CASTRO DE ESCUADRO - MACED
Dende a organización do San Mamede Desafío Solidario 2013 queremos dar as gracias a tódolos voluntarios/as que colaboraron e arrimaron o hombro para que este evento deportivo solidaro poidera saír adiante a pesar das condicións climatolóxicas adversas e da neve acumulada na cima.
É de agredecer o seu esforzo:
- Voluntarios/as da Asamblea Comarcal de Cruz Vermella.
- Voluntarios de protección civil de Parada de Sil e de Coles (Chapó pola súa laboura velando pola seguridade dos participantes)
- A protección Civil de Maceda.
- Ó Concello de Maceda pola súa colaboración no que a infraestructura se refire.
- A tódolos/as voluntarios/as en xeral que ese día decidiron colaborar coa organización.
- O Inorde, o club RIBEIRA SACRA e as tendas SANMAMEDEBIKE e RUN04.
- A Novagaliciabanco como principal patrocinador deste evento.
- E por suposto a tódolos socios/as da ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA VIA XVIII que traballaron na organización deste evento.
Finalmente agradecemos a tódolos participantes que se achegaron ata Castro de Escuadro e que decidiron tomar saída para disfrutar da nosa Serra a pesar das condicións climatolóxicas adversas e a Federación Galega de Montañismo por amparar esta carreira dentro do seu calendario oficial de probas.
A todos vós