Foros ›
Author
Message
home_de_nejro

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/01/09
0 Carreiras
301 Posts
http://www.casadebrea.com
Reply with quote Post Wed, 11 Jul 2012, 19:27
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Kandpalleiro escribió:
Ningún sistema pode ser totalmente xusto... hai xente que corre moito e xente que corre moitas e o mix perfecto é inalcanzable si ademais lle engadimos temas de valoracions de tramos de pendente, tipo de terreo, etc.

Si todos somos maiorciños para saber o que facemos e non se nos deberan por límites "pola nosa saúde" a xente non se drogaría nin fumaría nin... en fin, de todo o dito e o que supoño xurdirá eu só quero decir que me preocupa fomentar unha actividade física moderada e cotián e que dentro deses parámetros non entra nin sequera a proba de maratón ou mais de duas probas >20 km anuais pero... hai que facer consenso... consenso con senso, claro.
Querido Kandepalleiro, cando as argumentacions son tan peregrinas coma esta de comparar o deporte e as carreiras populares coa droga e o tabaco para poñer limites, un xa se queda mais tranquilo....a partires de agora non correrei non vaia a ser que me enganche unha espiral de depravacion para o meu corpo.
Por favor so che pido que mires un pouco o que escribes....Gracias de todo corazon

www.casadebrea.com
pimpampumarras

Novo foreiro
Novo foreiro
28/06/12
0 Carreiras
13 Posts

Reply with quote Post Wed, 11 Jul 2012, 20:11
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

a mi la reflexión de homedenegro me parece muy coherente, saludos
orbita

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
18/02/10
0 Carreiras
1728 Posts

Reply with quote Post Wed, 11 Jul 2012, 20:51
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

pimpampumarras escribió:
a mi la reflexión de homedenegro me parece muy coherente, saludos
Pois a mín non,inda que aprecio a home_de _nejro e xa non che digo a tí,non me parece coherente,mais ben pareceme buscar o aplauso facil xa que se entende perfectamente que Kandpalleiro non intenta comparar as drogas co deporte,eu non coñezo moitas cousas mais sanas e inocuas ca auga e en exceso pode matar,creo que mais ben se refería a algo así,e mais non creo que existan moitas competicions(xa sexan populares,profesionales ou de calquer tipo)nas que quede a elección dos competidores a cantidade de eventos nos que participar,todas teñen un Nº limitado que se coñece antes de empezar.Saudos.
vistahermosa

Montañés
Montañés
28/02/10
145 Carreiras
1431 Posts
Terra de Afiadores
Reply with quote Post Wed, 11 Jul 2012, 21:51
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Totalmente de acordo con Orbita, antes de escomenzar a competicion xa se saben as reglas, ou a lo menos asi deberia ser, e ditas reglas, hai unhas que nos gustan mais e outras menos, ou algunhas incluso nada, pero naide nos obriga a participar, e se o facemos, penso que solo nos queda acatalas.
Pa proxima edicion do circuito, igual cambian alguna, pero esta claro que o gusto de todos nunca vai estar.
Eu persoalmente, penso que o limite de carreiras beneficiou a competitividad, pois de saberse os gañadores no mes de Decembro, esta tempada, mantuvose a emocion ata o final, incluso penso que 30, ou 35 carreiras, ainda meteria a mais xente da loita.
Si que se deberia acortar os dias pa mandar os resultados, con 10, penso que seria suficiente, pois e unha minoria a que retarda os seus envios, e asi e imposible ten clasificacions mais ou menos reais. Hai alguns participantes que chegaron a ter ata 8 carreiras sen mandar e casi 2.000 ptos.
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Posts
Ponferrada
Reply with quote Post Thu, 12 Jul 2012, 4:45
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Está demostrado fisiolóxicamente que a actividade física produce "enganche" por mor do aumento en sangue de sustancias de producción interna nomeadas en xeral como 'endorfinas'...

De feito; os beneficios psicolóxicos e de rendemento intelectual e sexual da actividade deportiva moderada e cotián se basean mais neste fenómeno que no aumento do gasto cardíaco ou a capacidade pulmonar.

É por elo que si se pode comparar actitude de certas adiccions producidas por sustancias consumidas coa producida pola actividade física... e os seus prexuizos; tanto que hai un síndrome ou complexo nomeado "vigorexia" que soe empregarse mais cos adictos á activadade física de tipo ximnasio pero que polas súas características ben pode abarcar o caso que sinalo.

Eu escribo ó meu nome e con identidade coñecida... polo que teño o privilexio de defende-la miña opinión en público e de aceptar, chegado o caso, as rectificacions que sexan menester. E si, claro que si poñemos un circuito de 40 probas non quita que alguén faga 60... pero xa non será "para o circuito".

Eu centraría o meu interese en saber porqué no CCN participan 700 persoas en distancias de ata 10 km e menos de un 10% son do noso circuito... e a ese tipo de xente ó que hai que 'enganchar' en todo o país.

Igual hai que poñer máximos por distancias de probas ou tipos das mesmas...

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Admin

Adm
Adm
7/11/03
1 Carreiras
3077 Posts
Galicia
Reply with quote Post Thu, 12 Jul 2012, 8:39
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Bueno, o da adicción e ao deporte non o inventa Kand nin eu, para quen queira informarse un pouco:

El 'mono' del deporte es como el de una droga

El artículo anterior viene a ser una traducción de:
Excessive Exercise Can Be Addicting, New Study Says
El estudio en publicado en la APA: Running and Addiction (PDF)

De todas formas aquí ninguén prohíbe asistir a 40, 60 ou 80 carreiras ao ano, cadaquén que faga o que queira co seu tempo libre. Pero a efectos do Circuíto Correr en Galicia son 40 probas e gañamos en competitividade e emoción Very Happy
home_de_nejro

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/01/09
0 Carreiras
301 Posts
http://www.casadebrea.com
Reply with quote Post Thu, 26 Jul 2012, 8:15
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

A verdade e que si que vos costa facer a pregunta a xente de cantas carreiras queren que se puntue....por aljo sera....jjajajjajja....
E curioso como si sodes capaces de facer que a xente se posicione en canto tempo cren que é necesario deixar para subir as carreiras que queren que puntuen....pero non sodes capaces de preguntar a xente se queren que puntuen todas as carreiras as que vaian, ou un numero determinado de carreiras.....

Co facil que sería.....

www.casadebrea.com
koala36

Multimedia
Multimedia
31/12/06
0 Carreiras
1652 Posts
vedra
Reply with quote Post Thu, 26 Jul 2012, 11:14
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

home_de_nejro escribió:
A verdade e que si que vos costa facer a pregunta a xente de cantas carreiras queren que se puntue....por aljo sera....jjajajjajja....
E curioso como si sodes capaces de facer que a xente se posicione en canto tempo cren que é necesario deixar para subir as carreiras que queren que puntuen....pero non sodes capaces de preguntar a xente se queren que puntuen todas as carreiras as que vaian, ou un numero determinado de carreiras.....

Co facil que sería.....

+1
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
90 Carreiras
988 Posts
Vigo
Reply with quote Post Thu, 26 Jul 2012, 16:51
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

home_de_nejro escribió:

Co facil que sería.....

... que cadaquén organizase o seu circuito e lle dedicase o seu tempo e esforzo.

... que se valorase o esforzo dos que o organizan e nos deixaramos do "é mellor deste outro xeito".

... disfrutar do circuito sen buscarlle os tres pes ó gato.

... dar ideas de mellora sen obsesionarse con elas, atendendo (e entendendo) as reticencias por parte dos que inverten o seu tempo e esforzo.

... respetar o criterio dos que organizan de non deixar o punto relativo ó número de carreiras a decisión popular. Nun "xogo" como este non todo ten por que ser "democrático".

Andrés.
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Posts
Ponferrada
Reply with quote Post Wed, 01 Aug 2012, 9:56
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Persoalmente; coido que a proba do límite de 40 carreiras foi bastante ben, de feito o principal problema detectado é o do tempo de envio de resultados e por iso se pregunta.

Que se pode mellorar? Claro que se pode mellorar; todo é susceptible de mellorarse e aportaronse boas ideas ó respecto sempre aceptando que hai que dar cumprimento ó obxectivo de fomenta-la actividade física moderada sen impulsar á xente a unha espiral "Hiperparticpativa" que resulte contraproducente.

O tema é que dos plantexamentos teóricos á posta en práctica vai un percorrido que esixe tempo e que non podemos tentar "perfeccionismos" que nos leven a non ter un funcionamiento fluido e xa se viu que incluso o límite de 40 probas anuais nos plantexou algún atranco (houbo envíos puntuais por riba desa cifra que se correxiron manualmente) como para tentar entrar en areas mais movedizas...

En fin, disfrutade de Agosto... pero seguide pendentes do foro e do Facebook para saber as novidades e participar coa vosa opinión.

Gracias A TODOS.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Posts
Ponferrada
Reply with quote Post Thu, 02 Aug 2012, 19:25
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Si alguén ten interese nas estatísticas desta tempada xa fixen unha entrada sobre o tema no blog e irei poñendo mais comentarios alí en canto poda

acarreiradunkan.blogsp...-2012.html

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
maikel

Foreiro Senior
Foreiro Senior
14/11/03
0 Carreiras
981 Posts
O Burgo
Reply with quote Post Thu, 16 Aug 2012, 18:53
Post subject: Re: MELLORA CONTÍNUA

Algunha noticia do circuito 2012 - 2013??





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum