Mér, 09 Mai 2012, 4:01
Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA
O segundo que propós xa se fixo en varias tempadas e ten o inconvinte de que as probas de fora do país, en xeral, perxudican a quen por uns motivos ou outros non poden desprazarse a competir. Por iso decidimos en 2010/11 non puntuar ningunha o que xerou tamén protestas xeralizadas de quen si pode ou quere participar en probas polo mundo adiante así que nesta tempada decidimos por 3 probas convidadas nada mais e sempre de zonas "fronteirizas".
Todo o mundo sabe que a min vivindo no Bierzo me viría de marabilla... pero as cousas están así.
O primeiro que propós barallouse pero foi descartado; un dos argumentos empregados foi que si estas lesionado ou non podes correr nunha época concreta quedas moi limitado para acadar obxectivos si só puntuan 5 probas ó mes (ou outras variantes que se barallaron).
O tema da protección do corredor é complexo porque o se tratar dunha competición "libre" en realidade e cada quen é responsable do seu esforzo e de como o reparte e o que lle aconteza pero algunha medida había que tomar e tomamos esta que, polo de agora, non semella que vaia moi mal.
Gracias polos teus aportes.
Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html