Foros ›
Re-apertura inscricións Circuíto 2011-12
Foros de debate / O Circuíto 2011-12
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
Admin

Adm
Adm
7/11/03
1 Carreiras
3128 Mensaxes
Galicia
Respostar citando Envío Ven, 23 Mar 2012, 19:57
Asunto: Re-apertura inscricións Circuíto 2011-12

A partires de hoxe e para todos aqueles que non o puideron facer no seu momento, reabrimos as inscricións para o Circuíto 2011-12. As limitacións destas novas inscricións son:
- Só para a categoría individual e a 3ª división
- Só se poden enviar resultados das probas celebradas dende hai mes e medio


Os novos inscritos tamén sumarán puntos para a clasificación Entre localidades e o TOP 100 de localidades, así que se a túa vila precisa puntos para subir postos avisa a máis amigos Moi feliz

Cota de inscrición: polo momento gratuíta.

+ - + - + - + - + - + - + - + - + - + - + - + - + - + - + - + -

INSTRUCCIÓNS
Enviar un correo electrónico indicando no asunto da mensaxe "INSCRICIÓN CIRCUÍTO". A dirección é:

Os datos a enviar son os seguintes:

Nick - O teu apodo para as clasificacións
Nome - O teu nome real
Apelidos - Os teus apelidos
Permiso de publicación - SI / NON
Data de nacemento - Día, mes e ano
Categoría - Masculina ou feminina
Idioma - GALEGO / ESPAÑOL
Localidade - Lugar de residencia ou nacemento
Provincia - Provincia de residencia ou nacemento
Email - Para contactar
Teléfono - Para contactar

IMPORTANTE. Sobre o permiso de publicación as dúas opcións son:

SI. Das o teu permiso para que se publique o teu nome e apelidos reais na clasificación do Circuíto (como en calquera carreira) e nas notas de prensa que se envíen aos diferentes medios de comunicación (revistas, xornais, blogs, radio e televisión).

NON.
Nas clasificacións e comunicacións públicas só aparecerás co teu nick.

+ - + - + - + - + - + - + - + - + - + - + - + - + - + - + - + -

A validación das inscricións a facemos de xeito manual, así que dádenos un pouco de tempo para confirmar cada unha!!

Unha vez inscritos, poderedes sumar puntos enviando o voso posto nas carreiras a través deste formulario. Benvidos e boa sorte a todos.

Circuíto Correr en Galicia 2011-12
circuito.correrengalic...s/2011-12/





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos