Mar, 26 Dec 2006, 11:04
Asunto: Subida ó Iroite
O día 1 de xaneiro, as 11,00 h; o amigo Barbanzón e máis eu, imos facer a subida o Iroite.
Situado no concello de Boiro, en plena serra da Barbanza, ten unha altitude de 685 m. O percorrido que imos facer, ten aproximadamente uns 9 kms., con unha pendente media que ronda o 7%. Para que vos fagades unha idea, creemos que é un pouquiño máis longa e dura que a subida o monte Aloia.
Queremos con elo, celebrar o novo ano de un xeito diferente e divertido; ¿divertido?; demostrar a algún escéptico que "la cuesta de enero" existe e queimar calorías, disfrutar do frio, da dureza da subida, da dor dos cuadriceps, da paisaxe e como non, da compaña dos amigos que queiran vir.
Polo tanto, todo aquel que teña o mesmo problema que nós, trastornos mentais agudos que derivan nunha manía persecutoria, teñen unha cita ese día e a esa hora no alto de Moimenta (estrada Boiro-Noia ou viceversa). Non vir máis de un, que tres son multitude, é broma; que todo teño que decilo; eso si, tan pouco non máis de 1.500, que dispois é un follón e non chegan os imperdibles.
¡ANIMATE! ¡PARTICIPA! e contribuie a consolidar esta clásica e a confirmar esta proba como a carreira dos desjrasiadiños que a muller non deixa sair en fin de ano e non teña outra cousa que facer que estorbar no medio da carretera e acabar co corpo.
APROVEITA ESTA OCASIÃ?N Ã?NICA NO ANO.
Ã?LTIMAS PRAZAS.
Por certo, antes de que me esqueza, o alcalde ten prohibido arrastrar a lingua pola estrada na subida, que dispois levantase o pavimento e ten queixas.....que a disculpa dos incencidos e inundacions xá non cola. Que este ano que entra, ten ereccions e non quer problemas.......ou aljo así.
Para aqueles (o resto do mundo) que vai celebrar o fin de ano, ceando copiosamente, bebendo de forma incontrolada, cantando, bailando, reindo sin parar e cometendo actos impuros........¡mal raio vos parta!, perdón, quero decir que o sentimos moito e que outra vez será.
Boeno, sin máis, FELISIANO.
P.D. Barbanzón, di aljo que a mín non me toman en serio.
Otrosidigo: O primeiro que cheje que espere polos outros..........tanta chulería e tanta ostia.