Ven, 17 Nov 2006, 18:31
Asunto: Reporter Insider na III Media Maraton de Ponferrada
Ben; non sabía eu si facer esta entrada eiquí ou no meu blog, mais como queira que lle teño mais aprezo a esta comunidade que a un xeito testimonial de expresión e como desta volta teño mais dúbidas que outra cousa para vos trasladar pois decídome a "darvos a vara".
En primeiro lugar desculpade a escaseza de imaxes porque desta non corrin coa cámara; nen sequera a collín para o quencemento (cousa da que xa me arrepentín) e todo o que refiro é de memória.
Na organización desta media maratón feita ó calor dunhas 24 horas do deporte, que seica xa se facían nos 80 pero que logo se abandoaran, participa activamente un dos mais coñecidos atletas populares bercianos
Chus Alonso co que estiven a platicar na clásica situación de: -¿como te encuentras?. -Huy, fatal; no he podido entrenar nada... Unha situación que me lembrou a tantos amigos que realmente son moi bos correndo, mais ós que lles pesa como unha costa do 20% o feito de coidar que non van render como deles se espera.
Ã?l efectivamente deixou escapar certa envexa polo corredor "despreocupado" do 'qué dirán' que acude ás probas porque disfruta delo e porque alí vé ós amigos. Non sabía ainda se correría porque quedaban detalles da organización sen cubrir e quería que a carreira saise o mellor posible. Falamos entón dos outros participantes; en especial de Alejandro Martinez e Gus Silvan novos expoñentes do atletismo popular (e tamén federado) no Bierzo e mostrouse contento de que xurdan valores novos que den un relevo pois "lo triste es que siga ganando un tipo de 40 tacos sin oposición".
Escomencei o quencemento lixeiramente e vín ó lonxe a Alejandro Martinez que tamén quencía. Achegueime e pregunteille si lle podía facer unhas preguntas mentres trotábamos; contestou moi amablemente dando mostra do seu caracter franco e amable.
Home novo adicado dende rapaz ó atletismo voltou ó Bierzo coa intención de facer os seus estudos sen descoida-la súa afección e co sano obxectivo de por o seu grao de area no fomento do deporte atletíco entre os mais novos. Antigo discípulo de Chus Alonso leva gañadas as tres edicions desta media maratón e gañou tamén a
II subida ó morredero; pensa que o deporte popular non calla en certas zonas por falta de promoción e amosouse preocupado polas tremendas e crecentes diferencias entre o atletismo e outros deportes "de masas" pois él coida que o atletismo SI é un deporte de masas ainda que os medios non se den por enterados delo mais que para eventos puntuais. Vai iniciar agora a tempada de cross co obxectivo de apura-la preparación para a pista, a súa verdadeira meta, onde participa en 5000 e 10000 metros co clube da Universidade de León.
Nesta foto imos á par na "volta de honra" que se fixo ó inicia-la media maraton.
Bueno, eu SI sei que non colmei as vosas espectativas mais: respostade ¿Cantos sentide-la "presión" de facer o tempo que de vós se agarda?... Bueno; non, non respostedes FACÃ?DEO O DOMINGO.
Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html