Mér, 09 Ago 2006, 11:13
Asunto: Impresionante a actuación dos Españois en Göteborg
Impresionante a actuación dos españois en Göteborg'8O''8O', Chema Martínez, plata y Juan Carlos de la Ossa, bronce. Aínda que me soubo a pouco':cry:'xa que creo que puido ser ouro e prata. Para min que que de la Ossa non soubo usar a súa superioridade. Xa que estivo dando tiróns e facendo cambios de ritmo todo o camiño. Creo que desde o primeiro momento debería ter posto un ritmo forte sen cambios e a partir do 5000 subilo e cando chegasen eses 3000 últimos metros demostrar o que vale encabezando a proba.
Tamén salientar a actuación de Marta Domínguez que aínda que non o vin só có que me dixo o meu irmán xa me chega para morrer de ganas de vela, --Quero ser como a Marta Dominguezâ??dicíame':lol:',':lol:', supoño que o dirá pola carreira':twisted:', xa que baixou o record de España que tiña a nosa superatleta Julia Vaquero dende o ano 1997 e que estaba nuns 31.14.51'8O'. Quen mos dera.
E xa non digo nada do number one, do noso Paquillo, outro ouro.
Por certo, paréceme moi triste, ver a esta xente, que estan ano tras ano loitando, e non lle dan un príncipe de Asturias o lle dedican un Museo, coma a outros que o único que teñen exercitado é o pe do acelerador.
Veña un saúdo.