Calendario
Info da proba

Vedra

04/01/2020 18:30 - 20:30
Regulamento 1. Organización: o Concello de Vedra é o organizador da V Carreira Nocturna Solidaria - XV
Popular de Vedra e da III Andaina Solidaria que se celebrará o sábado 4 de xaneiro de 2020 a
partir das 18:30 horas (a saída da andaina será a continuación da carreira absoluta e as carreiras
menores disputaranse a partir das 19:30 horas), con saída e chegada no Pavillón Municipal de
Vedra.
2. Participación e inscrición: poderán participar todas as persoas que formalizaran a
inscrición a través da páxina vedrasolidario.galitiming.com, non se admitirán inscricións fóra de
prazo. O prazo remata ás 23:59 h. do mércores 1 de xaneiro de 2020.
3. Categorías e distancias: existen as seguintes opcións de participación:
3.a Carreiras:
CARREIRA ABSOLUTA E SUB 18: 6500 metros, que comprende as seguintes categorías
masculinas e femininas:
MASTER C, de 55 en diante
MASTER B, de 45 a 54 anos
MASTER A, de 35 a 44 anos
SENIOR, nadas/os de 1997 ata Máster
SUB 23, nadas/os en 2000, 1999 e1998
SUB 20, nados/as en 2002 e 2001
SUB 18, nados/as en 2004 e 2003
CARREIRA SUB 16 E SUB 14: 1800 metros, que comprende as seguintes categorías masculinas e
femininas:
SUB 16, nados/as en 2006 e 2005
SUB 14, nados/as en 2008 e 2007
CARREIRA SUB 12 E SUB 10: 1000 metros, que comprende as seguintes categorías masculinas e
femininas:
SUB 12, nados en 2010 e 2009
SUB 10, nados en 2012 e 2011
CARREIRA SUB 8: 200 metros, que comprende as seguintes categorías masculinas e femininas:
SUB 8, nados/as en 2014 e 2013
CARREIRA PITUFO: 100 metros, que comprende as seguintes categorías masculinas e femininas:
PITUFO, nados/as en 2015 e posteriores
3.b Andaina: 5000 metros. Poderán participar todas as persoas que o desexen, non haberá
clasificacións nin tempos finais.
4. Retirada de dorsais: todas as persoas participantes terán asignado un dorsal, que irá situado
no peito e ten que ser visible durante o desenvolvemento da proba.
Os/as participantes das carreiras absoluta e SUB 18 para a recollida do dorsal farán un donativo
de 2,00€ que será destinado a persoas usuarias de Servizos Sociais do concello de Vedra.
Os/as participantes das carreiras menores e da andaina para a recollida do dorsal farán un
donativo de 2,00€ (que será destinado a persoas usuarias de Servizos Sociais do concello de Vedra) e
/ou doar 1 kg. de alimentos non perecedoiros ou cunha caducidade mínima de 4-5 meses
(recomendándose aceite, conservas, produtos de hixiene e de limpeza).
Habilitarase un dorsal nº 0 para aquelas persoas que queiran participar na doazón sen tomar
parte da proba.
5. Premios:
Non haberá premios económicos.
Na carreira absoluta e SUB 18 haberá un trofeo para os/as tres primeiros/as clasificados/as de
cada categoría.
Nas carreiras menores haberá agasallo conmemorativo para as persoas participantes e non
haberá trofeos.
Na andaina non haberá nin premios nin agasallo conmemorativo.
A entrega de trofeos será as 20:00 horas. Tódolos premiados deberán estar presentes na entrega
de trofeos, en caso contrario perderán o dereito ao mesmo.
6. Servizos médicos:
A organización disporá de SERVIZOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora antes do comezo
da carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servizos médicos, están facultados para
retirar da carreira a calquera persoa participante que manifestase un mal estado físico durante o
desenvolvemento desta.
7. Seguro:
Todas as persoas participantes estarán amparadas por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis e da normativa da competición. Tamén quedan excluídos os casos
producidos durante o desprazamento ao lugar da competición ou dende este.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico, eximo á Organización, Sponsors e demais organizadores
de toda responsabilidade que se poida derivar da miña participación no evento.
8. Protección de datos:
Durante o proceso de inscrición as persoas participantes deberán marcar no formulario de
inscrición en liña se autorizan á Organización a publicar o seu nome e imaxe nas clasificacións,
medios de comunicación e redes sociais.
O descoñecemento deste Regulamento non exime do seu cumprimento.