Calendario
Info da proba

Santiago

14/12/2019 12:00 - 13:00
Regulamento I ANDAINA 20 ANOS DO NOVO CLÍNICO
1.ORGANIZACIÓN
Con motivo do 20 aniversario do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela,
organizará a través do Servizo Galego de Saúde (Área Sanitaria de Santiago de Compostela
Barbanza), o vindeiro sábado 14 de decembro a partir das 12 horas, a I ANDAINA 20 ANOS
DO NOVO CLÍNICO.
2.PARTICIPANTES
1. Nesta ANDAINA CONMEMORATIVA, poderá participar calquera persoa que traballe ou
teña traballado na Sanidade pública, que poderá ir acompañado por algún familiar;
2. Cada camiñante participará baixo a súa responsabilidade e conscientes de que deben
ter un estado físico axeitado para afrontar a proba;.
3. Todos os menores de 16 anos terán que ir acompañados obrigatoriamente dun adulto,
o cal autorizará a súa participación na proba no momento de formalizar a súa
inscrición.
3.LUGAR E HORA DE SAÍDA
Os participantes deberán situarse na entrada principal do Hospital Clínico Universitario
de Santiago de Compostela, o sábado 14 de decembro ás 11.45 horas.
4.INSCRICIÓNS
As inscricións poderanse facer na páxina web www.carreirasgalegas.com ata o 13 de
decembro ás 20.00 horas.
A andaina será GRATUITA. A inscrición será persoal e intransferible. A mesma implicará ter
lido e adquirido o compromiso de que o participante “está nun estado físico axeitado,
eximindo de toda responsabilidade a organización que da participación na andaina puidera
derivarse, tal como perda de obxectos persoais por roubo u otras derivadas dun mal estado
físico”.
5.PERCORRIDO DA ANDAINA
A Andaina farase sobre un percorrido aproximado de 3,8 km, e sairá da entrada principal do
Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e pasará polo antigo Hospital Xeral de
Galicia, rematando no Hostal dos Reis Católicos (antigo hospital tamén en Santiago de
Compostela).
UNHA VEZ CHEGUEN A META NO HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS, TODOS OS/AS
PARTICIPANTES SERÁN CONVIDADOS A UN APERITIVO.
6.RESPONSABILIDADE
A organización non se responsabiliza dos danos que poidan causar aos participantes por
imprudencia ou neglixencia. Así mesmo, o participante declara estar en condicións físicas
óptimas para realizar esta proba ao facelo baixo a súa responsabilidade, eximindo a
organización da proba da devandita responsabilidade. A inscrición nesta proba implica a
aceptación plena desta normativa e en caso de dúbida ou calquera situación non reflectida
nela, observarase o disposto no Comité Organizador da mesma.