Calendario
Info da proba

Salceda-Trail dos Penedos

12/01/2020 9:00 - 15:00
Regulamento O V Trail dos Penedos 2020, rexirase a través do siguiente regulamento que
é de obrigada lectura e aceptación por parte de todos os participantes.
INTRODUCIÓN:
A asociación xuvenil "Nós Somos Nós" ten o pracer de presentar o "V TRAIL DOS PENEDOS 2020".
O trail terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro. Haberá 2 percorridos, un longo que serán
aorredor de 25 km e aproximadamente 1300m de desnivel positivo e tamén se fará un mini trail cunha
distancia aproximada de 15 km, e 700m de desnivel positivo.
O prezo, se vos inscribides pronto hai importantes descontos, dende o 01/12/2019 ata o 26/12/2019 a
inscrición custará 15€ (Longo) E 10€ (Curto). A partires das 23:59 do 26/12/2019 o prezo será de 18€
para o percorrido longo e de 13€ para o curto.
A inscrición da dereito, ademáis da participación no evento, ao seguinte
• Unha tapa de callos, pan, viño tinto e rosca.
• Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
• 2 avituallamentos sólidos e líquidos no percorrido longo.
• 1 avituallamento sólido e líquido no percorrido curto.
• Regalo para os primeiros 300 inscritos.
• Servizo de duchas.
• Servizo de cronometrado.
Este evento deportivo será puntuable para o circuíto de www.correrengalicia.org tanto para o de ruta
como para o de montaña.
Para recoller os dorsales (que tamen é o vale para os callos) tedes que estar antes da hora de saída. Os
dorsales entregaranse o día 11/01/20 no lugar de saida no seguinte horario: 10:00 a 13:00 e de 16:00 a
20:00 e no propio día a partires das 7:30 a 8:30.
Artigo 1. ORGANIZACIÓN E DESCRICIÓN DA PROBA:
1.1 A Asociación Xuvenil Nós Somos Nós (de agora en diante, A Organización), organiza o V Trail dos
Penedos 2019.
1.2 Hai dúas modalidades de proba, ambas cronometradas con clasificación xeral:
O Trail longo é unha carreira por montaña con unha distancia de 25 kilómetros e un desnivel positivo de
aproximadamente 1300 metros.
O Trail curto é unha carreira por montaña cunha distancia de 15 kilómetros e un desnivel positivo de
aproximadamente 700 metros.
1.3 Ambas modalidades de proba se celebrarán o día 12 de Xaneiro de 2020.
1.4 A proba longa dará comezo as 09:00 e a curta ás 9:45 horas e o tempo máximo para finalizalas será de
06:00 horas para o trail de 25km e de 04:00 horas para o trail de 15 km.
Artigo 2. RECORRIDO:
2.1 Aínda que por distinto recorrido, en ambas modalidades os itinerarios discorren na súa maioría por
pistas forestais e sendas. As persoas que incumplan ou causen danos dentro de espazos privados, serán
responsables dos seus feitos.
2.2 Os recorridos estarán balizados pola Organización con cintas de cor vivo, sinais verticais, e outros
elementos de sinalización ubicados a intervalos regulares dependendo da tipoloxía do terreo e dos
camiños, sendo responsabilidade de cada participante localizar a sinalización e seguila.
Alguns tramos coincidirán con marcas de sendas sinalizadas, prevalecendo sobre estas sinais as balizas
colocadas pola Organización.
2.3 Os tramos do recorrido que discorran por carreteras ou rúas de poboacións non estarán cortados ao
tráfico rodado, ainda que sí protexidos e indicados por personal da Organización, sendo responsabilidade
de cada participante velar pola súa seguridade extremando as precaucións. Todo participante estará
obrigado a cumprir ás normas xerais de circulación vial e as indicacións da Organización, sendo
responsable de cantas infraccións pudiese cometer. Será obrigatorio cruzar as carreteras polos pasos ou
lugares habilitados para a ocasión e debidamente sinalizados.
2.4 Será obrigatorio seguir o itinerario marcado.
2.5 Establécense unha serie de puntos de control, con tempos máximos de paso orientativos para os
participantes, nos que se recomendará a retirada da proba e seguir as instruccións dos responsables da
Organización para retornar ao punto de inicio, pese a non ser obrigatorio.
2.6 En ambas probas disporase de avituallamentos tanto líquidos como sólidos.
Artigo 3. REQUISITOS E INSCRICION DOS PARTICIPANTES:
3.1 Para participar nas dúas probas, débense cumprir os seguientes requisitos:
3.1.1. Ser maior de idade o día da carreira.
3.1.2. É necesario estar previamente inscrito nunha das dúas modalidades e haber pagado a cuota
correspondente.
3.1.3. Todo participante, co feito de inscribirse de maneira libre e voluntaria ó V Trail dos Penedos 2019,
declara coñecer e aceptar as disposicións que conforman o presente Regulamento. Asimesmo, declara
coñecer que se trata dunhas probas deportivas de certa esixencia física e manifesta encontrarse nunha
adecuada forma física e mental, que lle permite afrontar dito esforzo, asumindo o risco desta práctica
deportiva.
En concreto, no momento da inscrición, o participante declara que: “Atópome en adecuado estado de
saúde para participar no V Trail dos Penedos, eximindo de toda responsabilidade á Organización,
patrocinadores ou otras institucións participantes no evento ante calqueira accidente ou lesión que puidera
sufrir antes, durante e/ou despois do evento deportivo, renunciando dende este momento a exercer acción
legal en contra de calqueira de ditas entidades. Autorizo ademais a que A Organización faga uso de fotos,
vídeos e nome na clasificación das probas, nos medios de comunicación e/ou Internet, sen esperar pago,
compensación ou retribución por este concepto”.
3.1.4. A inscrición realizarase na páxina web da Organización www.carnavalcastrobarreiro.com
3.2 NON se admitirán inscricións no día da proba.
3.3 NON se establecerá ningún período de devolución das inscricións, excepto os casos por lesión
xustificados mediante informe médico e non antes de 15 días da carreira. En dito caso, devolverase o
custo da inscrición.
Artigo 4. METEOROLOXÍA:
4.1. A Organización resérvase o dereito de poder realizar as modificacións que considere necesarias
nos recorridos ou incluso a suspensión das probas ata o momento da saída se as condicións
meteorolóxicas ou outras causas de forza maior supuxesen algún problema de seguridade para os
participantes. Neste caso non se devolvería o importe da inscrición. As probas non se suspenderán
polo tempo unha vez comezadas.
Artigo 5. SERVIZO MÉDICO E ASPECTOS DE SEGURIDADE:
5.1 Durante a carreira disporase dunha ambulancia.
5.2 A existencia de medios sanitarios e de seguridade facilitados pola Organización, non exime aos
corredores da obrigación de ofrecer asistencia a calqueira outro participante que o necesite.
5.3 Ao mesmo teempo A Organización disporá de personal (corredor escoba/Quad escoba) que irá
pechando as carreiras tras o último dos corredores. Ademáis, A Organización colocará personal para
orientar e axudar aos participantes en todos aqueles puntos que considere que poden resultar conflitivos.
Artigo 6. CATEGORÍAS E PREMIOS:
6.1 No presente regulamento establécense as seguientes categorías, tanto para o Trail 25km como para o
Trail 15km:
• Xeral (3 primeiros clasificados, masculino e femninino)
• Veterano (3 primeiros clasificados, masculino e feminino): Dende os 41 en diante
• Local (1 primeiros clasificados, masculino e feminino): Empadronados no municipio de Salceda de
Caselas
• Todos os participantes recibirán unha bolsa do corredor.
6.2 A idade a ter en consideración nestas categorías será a que o participante teña no mesmo día das
probas.
6.3 Non se podrán acumular trofeos.
6.4 A entrega de trofeos será aproximadamente sobre as 13:30 horas e A Organización podrá esixir o
DNI.
Artigo 7. PENALIZACIÓNS:
7.1 Será motivo de penalización e descalificación das probas:
• Tirar desperdicios durante o recorrido fora dos puntos habilitados a tales efectos nos avituallamentos.
• Denegar auxilio a calqueira participante que o necesite.
• Non respetar o itinerario balizado ou sinalización do recorrido para atallar.
• Non facer caso ás indicacións da Organización.
• Non levar o dorsal visible.
• Quitar ou cambiar as marcas do material postas pola Organización.
• Calqueira comportamento considerado como non deportivo, irrespetuoso co resto de participantes ou
membros da Organización (exemplo: impedir ser adiantado ou obstaculizar voluntariamente a outro
corredor, etc.).
• Provocar de maneira voluntaria, un accidente.
Artigo 8. MATERIAL ACONSELLADO:
8.1 A organización aconsella levar:
• Gorra, viseira ou similar.
• Teléfono móvil.
• Calzado adecuado.
• Mallas longas.
• Vestimenta adecuada para a meteoroloxía.
8.2 Autorízase o uso de bastóns, sempre tendo en conta que a súa utilización deberá ser en condicións que
non supoña un risco para o resto de participantes, e que deberán levarse ata meta, non poidéndose deixar
en ningún punto do recorrido.
8.3 Cada participante debe ser plenamente consciente da lonxitude e dificultade da proba, que pode
desarrollarse, baixo posibles condicións climáticas de calor, choiva ou vento. Polo tanto, debe previr que
a súa indumentaria, calzado, así como as condicións físicas necesarias, sexan as máis apropiadas para
realizar a proba.
Artigo 9. ECORESPONSABILIDADE:
9.1 O V Trail dos Penedos 2019 transcorre por paraxes de alto valor ecolóxico. Os participantes nestas
probas saben moi ben que a montaña é un entorno fráxil que debe preservarse. Por isto, dende A
Organización, preténdese que esta sexa unha carreira eco-responsable e respetuosa ao máximo coa
montaña. O seu obxetivo é ter un impacto nulo sobre o medio natural e a concienciación de todos
(participantes e acompañantes) para protexer este entorno excepcional.
9.2 Xestión correcta de residuos. Débense utilizar os puntos de recollida situados nos avituallamientos
e/ou próximos aos mesmos, depositando neles tanto os residuos xerados nos avituallamientos (vasos de
plástico) como os propios dos participantes (panos de papel, envoltas de suplementos enerxéticos, etc.).
Artigo 10. DEREITOS DE IMAXE:
10.1 Como xa se fixo referencia no Artigo 3, punto 3.1.3 , no momento da inscrición o participante
declara que “Autorizo a que A Organización faga uso de fotos, vídeos e nome na clasificación das probas,
nos medios de comunicación e/ou en Internet, carteles publicitarios, etc., sen esperar pago, compensación
ou retribución por este concepto”.
10.2 A Organización resérvase en exclusividade o dereito sobre a imaxe da proba, así como a explotación
audiovisual e periodística da competición. Calqueira proxecto mediático ou publicitario deberá contar co
consentimento da Organización.
Artigo 11. PROTECCIÓN DE DATOS:
11.1 Dacordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de datos de
carácter personal, todos os datos dos participantes recollidos no formulario de inscrición serán incluidos
nun ficheiro privado propiedade da Organización das probas incluidas no V Trail dos Penedos 2020, con
fins exclusivos de xestión das mesmas. Todos os interesados podrán exercer os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición dos seus datos personales mediante correo electrónico
asociacionnsn@gmail.com
Artigo 12. MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO:
12.1 A Organización resérvase o dereito a poder modificar o presente Regulamento. As modificacións
serán debidamente comunicadas con antelación aos participantes.