Calendario
Info da proba

Villalba-San Silvestre

31/12/2019 16:30 - 18:30
Regulamento V CARREIRA-ANDAINA“SAN SILVESTRE VILALBESA”
martes 31 DE DECEMBRO 2019
O evento terá unha duración aproximada de 3 horas, dende as 15:30h da tarde, ata as
18:30 h da tarde, do 31 de Decembro do 2019 e comezará coas carreiras dos máis
pequenos sobre as 16:30 h da tarde aproximadamente.
A proba celébrase no núcleo urbano, polas distintas rúas de Vilalba, sendo a saída e a
chegada, dende a praza da constitución de Vilalba, para todas as categorías. As
categorías divídense en dous bloques:
A) CATEGORÍA ABSOLUTA:
* INSCRICIÓN NA CARREIRA:
3 € (dende o 16 de decembro ata o 24 ambos inclusive).
5 € (dende o 25 ata o 27 de decembro ambos inclusive).
* INSCRICIÓN NA ANDAINA:
2 € (dende o 16 de decembro ata o 27 de decembro ambos inclusive).
Poderán formalizar a inscrición das seguintes formas:
 Online: www.championchipnorte.com dende o 16 ata o 27 de decembro.
 Presencial: Oficina de Deportes- Concello de Vilalba en horario de 9:00 a 14:00
horas, dende o 16 ata o 27 de decembro.
Ojo morado CATEGORÍA MENORES:
De balde
Categoría A: 2016- 2015- 2014--------------------------------------200 m aproximadamente
Categoría B: 2013-2012-----------------------------------------------400 m aproximadamente
Categoría C: 2011-2010-2009--------------------------------------1000 m aproximadamente
Categoría D: 2008-2007-2006--------------------------------------1600 m aproximadamente
En tódalas carreiras de menores, queda prohibido que os/as pais/nais/titores dos
nenos/as, corran á súa beira, por motivos de seguridade.
Categoría A:
* Hora de saída aproximada: 16:30 h
Categoría B:
* Hora de saída aproximada: 16:40 h
Categoría C:
* Hora de saída aproximada: 16:50 h
Categoría D:
* Hora de saída aproximada: 17:00 h
C) CATEGORÍA ABSOLUTA:
C.1.- Carreira aproximadamente de 5000 metros, poden participar nesta carreira
tódolos/as participantes nados no ano 2005 e anteriores.
 Hora aproximada da saída: 17:30 h
C.2.- Andaina (aproximadamente 2500 metros): nesta andaina, non existe límite de
idade, podendo participar dende nenos/as recen nados no seu carro e a súa familia, ata
os máis maiores. Tamén poden participar donos coa súa mascota sempre e cando, a
mascota, leve o material idóneo para a seguridade dos participantes e do evento en sí.
Na andaina, poden participar tódolos/as nenos/as das categorías previas para
menores, sempre e cando teñan o dorsal.
 Hora aproximada da saída: 17:30 h
D) RECOLLIDA DE DORSAIS
O propio día do evento, 31 de decembro na praza da Constitución, a partir das 15:30
horas.
E) PREMIOS
O remate da última carreira, realizarase a entrega de premios e trofeos, que se repartirán
da seguinte maneira.
- PREMIOS CATEGORÍA MENORES. (categoría A).
Medallas para tódolos participantes (entrega a chegada dos deportistas en meta).
- PREMIOS CATEGORÍA MENORES. (categoría B,C,D).
1º/1ª CLASIFICADO/A ________Trofeo.
2º/2ª CLASIFICADO/A ________Trofeo.
3º/3ª CLASIFICADO/A ________Trofeo.
- PREMIOS CARREIRA ABSOLUTA.
1º/1ª CLASIFICADO/A_______________Trofeo
2º/2ª CLASIFICADO/A_______________Trofeo
3º/3ª CLASIFICADO/A_______________Trofeo
- PREMIOS PARTICIPACIÓN
Tódolos/as participantes con DORSAL, poderán degustar un CHOCOLATE CON
CHURROS na Praza da Constitución (obrigatorio ter dorsal para beneficiarse da
promoción).
F) INFORMACIÓN DE INTERESE:
- Aparcadoiros: os participantes disporán dunha zona de estacionamento no
Campo da Feira, na Rúa de Abadín e na Rúa de Guitiriz
- Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo de
gardarroupa habilitado pola organización
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán á disposición dos participantes as
duchas dos vestiarios 5 e 6 do Pavillón Municipal de Deportes situado no
Campo da Feira.
- Avituallamento: o rematar as probas tódolos/las participantes, teñen habilitada
unha zona de avituallamento, para rebatela fatiga ou cansazo.