Calendario
Info da proba

Lugo

01/03/2020 11:30 - 13:00
Regulamento Regulamento:
Artigo 1: O Servizo de deportes da Universidade de Santiago de
Compostela organiza a III Carreira Popular Campus Terra Leyma. As probas
terán lugar o próximo domingo día 1 de marzo ás 11:30 horas, con saídas e
chegadas no Estadio de atletismo Gregorio Pérez Rivera.
Artigo 2: As probas estarán abertas a todos os atletas, federados ou non, sen
distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa
responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a
proba.
Artigo 3: Percorridos, categorías, distancias e horarios:
Nas probas de categorías inferiores, o circuíto serán as propias pistas de
atletismo Gregorio Pérez Rivera.
O circuíto para as probas de Sub 12 a Adultos, será sobre asfalto e terra e estará
pechado a todos os vehículos, agás os autorizados pola organización, o recorrido
estará controlado por vehículos da organización.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
Pitufos 2014 en adiante 150 m 11.30
Promoción 2011-2013 400 m 11.40 h
Sub 12 2009-2010 1630 m 11.50 h.
Sub 14 2007-2008 1630 m 11.50 h.
Sub 16 2005-2006 1630 m 11.50 h.
Sub 18 2003-2004 7400 m 12.00 h.
Sub 20-23 1998-2002 7400 m 12.00 h.
SENIOR 1986-1997 7400 m 12.00 h
VETERÁN A 1978-1985 7400 m 12.00 h
VETERÁN B 1970-1977 7400 m 12.00 h
VETERÁN C 1961-1969 7400 m 12.00 h
VETERÁN D 1960 e anteriores 7400 m 12.00 h.
Artigo 4: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación
Galega de Atletismo https://www.carreirasgalegas.com/
• As inscricións pecharanse o mércores día 26 de febreiro ás 23:59
horas.
• Os participantes comprométense a aceptar o presente
regulamento, así como as posibles modificacións que poidan xurdir
o día das probas.
• Dende a organización pregamos encarecidamente o uso da
camiseta oficial da carreira.
• A inscrición nas diferentes probas é persoal e intransferible.
• A realización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado o
presente regulamento, incluíndo o punto referente á condición
física do participante, que sexa suficiente para a realización da
proba.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e
estarán capacitados para descualificar a calquera atleta que
incumpra o regulamento.
Motivo de descualificación son, entre outros, os seguintes
aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar dorsal ou manipular este.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas
de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada,
así como todo o regulamentado por instancias superiores
Artigo 5: Inscrición: www.carreirasgalegas.com
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de
atletismo e terá un custe para a proba de adultos de 5 € por persoa.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de
nacemento, enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, teléfono fixo,
correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou
federado, e neste caso facilitarase o número de licenza.
Artigo 6: Retirada de Dorsais:
Os dorsais retiraranse o día anterior á proba no Edificio da Biblioteca Intercentros
do Campus Terra de Lugo, dende as 16.00 h. até as 20.00 h; e só se poderán
retirar o mesmo día da proba aqueles que non sexan do Concello de Lugo, na
zona habilitada pola organización, até media hora antes da saída de cada proba.
Artigo 7: Premios:
• Todos os participantes recibirán unha camiseta técnica que pregamos
leven posta o día da proba.
• Haberá un trofeo para os tres primeiros de cada categoría e sexo.
• A entrega de premios será no Estadio Gregorio Pérez Rivera e será a
partir das 12.00 as probas menores, e a proba longa aproximadamente
ás 13.00h.
• Haberá unha clasificación individual universitaria con premios para as 3
mellores mulleres e homes, (terán consideración universitaria o
alumnado, o PAS e o PDI)
Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da
carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Servizos na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no propio Estadio.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Avituallamento líquido no km 4 da proba.
7. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser
previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido,
se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca
compañía de seguros que corresponda).
Artigo 9: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como
consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou
desde o mesmo.