Calendario
Info da proba

A Coruña-C21

16/02/2020 10:00 - 12:30
Regulamento Art. 1 – DATA O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizarán o 16 de febreiro de 2020 na Coruña a XII Media Maratón Coruña21, cunha distancia homologada de 21.097,50 metros. A proba, incluída no calendario oficial das competicións da FGA e a RFEA, disputarase a través dun circuíto totalmente urbano. Art. 2 – HORARIO A proba comezará ás 10:00 a.m. e a liña de saída estará situada na altura do Obelisco, no Cantón Grande. Art. 3 – CIRCUÍTO A proba levarase a cabo sobre a distancia de 21.097,50 metros. O percorrido está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo e discorre sobre asfalto na súa totalidade. A ruta estará debidamente sinalizada e terá marcados todos os quilómetros. A carreira realizarase unicamente pola vía de tráfico rodado en todo o seu percorrido, sen empregar ningún espazo peonil. Está prohibido usar como zonas de carreira as beirarrúas, illas centrais, áreas axardinadas etc., agás as zonas peonís sinalizadas como circuíto. Incumprir esta regra, así como recortar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das persoas infractoras. A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior. ART. 4 – CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA A carreira estará controlada polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces da FGA. Art. 5 – SISTEMA DE CRONOMETRAXE O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces e da RFEA. Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente á xuíza ou xuíz árbitro da proba ata 30 minutos despois da publicación dos resultados. A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips. Haberá varios puntos de control de chips ao longo de todo o percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos poderán ser descualificadas e como consecuencia non aparecerán nos resultados finais. Art. 6 – UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS Os dorsais con chips integrados, persoais e intransferibles, son exclusivos desta carreira, e deben colocarse na parte frontal do corpo de maneira totalmente visible, sen obstrucións e sen manipulalo, e así deben levarse durante toda a proba. Os dorsais contarán cun código QR a través do cal, as persoas que cheguen a meta (finishers) poderán consultar os seus rexistros de forma instantánea, a través deste dispositivo. A organización non admitirá persoas corredoras que non estean inscritas ou que corran sen dorsal e/ou chip, e impediralles ter acceso á carreira en defensa dos dereitos daquelas regulamentariamente inscritas. Non se permitirá a participación co dorsal e o chip correspondente a outra carreira ou persoa, con máis dun dorsal e/ou chip, dorsal falsificado ou outro que non sexa o oficial. Calquera infracción a estas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba. A organización resérvase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos. Art. 7 – UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS As persoas participantes terán que competir co seus propios medios físicos naturais, sen axudas materiais de ningún tipo, fóra das persoas corredoras en cadeira de rodas debidamente inscritas e que cumpran as normas do IPC Athletics. Calquera dúbida ao respecto deberá ser consultada coa organización antes de facer a inscrición a través do correo electrónico secretaria@atletismo.gal. Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo á organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes. Ao mesmo tempo, non se permite participar con coches ou cadeiras de bebés, nin correr na compañía destes en ningún momento, así como tampouco está permitido participar con animais, nin correr na compañía destes en ningún momento, a excepción do carro de atletismo ou carro de running*. *A participación con carro de atletismo ou carro de running deberá estar xustificada unicamente para levar a unha persoa menor de idade con discapacidade motora grave (que non lle permita á persoa discapacitada trasladarse polos seus propios medios físicos), entendendo nestes casos como participante sempre á persoa que empurra o carro (dentro da categoría que lle corresponda), e non á persoa que vai no carro. Igualmente, será obrigatorio acreditar a discapacidade da persoa que vai no carro, para o que se lle enviará a copia da tarxeta acreditativa da discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo electrónico secretaria@atletismo.gal. A inscrición desta persoa, que irá co dorsal sen chip, será gratuíta, para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico secretaria@atletismo.gal. Calquera infracción destas características poderá supoñer a descualificación da persoa participante. Art. 8 – DESCUALIFICACIÓNS Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba á ou ao atleta que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira, ás e aos corredores que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados. As ou os xuíces da proba terán a facultade de descualificar á persoa infractora que non leve visible o seu dorsal, que o manipule e/ou llo ceda a outra persoa, altere os datos facilitados á organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido, ou incumpra calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA e IAAF. As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos. Art. 9 – PECHE DE CONTROL DA CARREIRA O peche da proba terá lugar ás 12:30 horas (2 horas e 30 minutos despois de súa saída). Así mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polos 10 km. Ao se cumprir este tempo, tanto para o primeiro tramo da carreira como para a distancia total, todas as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e trasladarse á zona peonil. Consideraráselles “fóra de carreira” e “non figurarán nas clasificacións”. Se deciden continuar, estarano facendo baixo a súa exclusiva responsabilidade, debendo cumprir en todo o momento coa normativa de tráfico e seguridade viaria. CATEGORÍAS E INSCRICIÓN Art. 10 - CATEGORÍAS - Sub 20, nadas/os en 2001 e 2002 - Sub 23, nadas/os en 1998, 1999 e 2000 - Sénior, nadas/os desde 1997 ata a categoría Máster - Máster 1: De 35 a 39 anos cumpridos no día da proba - Máster 2: De 40 a 44 anos cumpridos no día da proba - Máster 3: De 45 a 49 anos cumpridos no día da proba - Máster 4: De 50 a 54 anos cumpridos no día da proba - Máster 5: De 55 a 59 anos cumpridos no día da proba - Máster 6: De 60 a 64 anos cumpridos no día da proba - Máster 7: A partir de 65 anos cumpridos no día da proba - Atletas con discapacidade*: nadas/os en 1998 e anos anteriores *Atletas con discapacidade: Establécense tres categorías para atletas con discapacidade: A) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden á impulsión destas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido á roda. Non se permite handbike. Ojo morado Discapacidades visuais C) Discapacidades intelectuais No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización. Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías, cómpre enviar unha copia da tarxeta acreditativa da discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo electrónico secretaria@atletismo.gal. As persoas corredoras destas categorías deben ir debidamente identificadas, así como a persoa que, no seu caso, lles faga de guía. Permitiranse ata dúas guías por atleta con discapacidade visual. O cambio de guía ha de realizarse no quilómetro 10, incorporándose a/o segunda/o guía neste punto. A participación de guías, que irán con dorsal sen chip, será gratuíta, para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico secretaria@atletismo.gal. Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade é necesario inscribirse nesa categoría. Art. 11 – INSCRICIÓN E COTA a) A través da pasarela de pago inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación deste regulamento ata as 23.59 horas do 9 de febreiro de 2020. Cota e prazos de inscrición:  Prazo ordinario: ata o domingo 2 de febreiro: 15 €  2.º prazo extraordinario: desde o luns 3 ata o domingo 9 de febreiro: 25 € Por razóns organizativas de recursos técnicos e humanos, así como pola calidade do servizo, é aconsellable que as persoas participantes formalicen a súa inscrición dentro dos prazos establecidos. Porén, e para todas aquelas que por causas alleas á organización non poidan formalizar a súa inscrición antes do 2 de febreiro, terán a opción de realizala do 3 ao 9 de febreiro, cun incremento na cota de participación de 10 €, polo que a cota de participación sería de 25 €. Ojo morado Inscrición presencial: Cubrindo a folla de inscrición e aboando a correspondente cota. Prazo: ata o sábado 01/02/2020, no horario comercial de El Corte Inglés. Lugar: nos departamentos de deportes de El Corte Inglés: LOCALIZACIÓN DOS CENTROS EL CORTE INGLÉS LOCALIDADE Ramón y Cajal Departamento de Deportes (7.ª planta) Ramón y Cajal, 57 e 59 A Coruña Marineda City Departamento de Deportes (2.ª planta) Estrada de Baños de Arteixo, s/n Polígono Industrial da Grela A Coruña Compostela Departamento de Deportes Rúa do Restollal, 50 15702 Santiago de Compostela Santiago de Compostela Vigo Departamento de Deportes Gran Vía, 28. Vigo (Pontevedra) Vigo (Pontevedra) c) Bonificacións: 50% para maiores de 65 anos, persoas usuarias do Carné Xove e persoas desempregadas. Para acreditar estas circunstancias é suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada no momento que se marque a opción “solicito bonificación”, no formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial; e enviarlle os documentos que se detallan a continuación á Federación Galega de Atletismo mediante un correo electrónico a info@carreirasgalegas.com:  Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI.  Persoas usuarias do Carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove.  Persoas desempregadas: fotocopia do DNI e Informe de períodos de altas e baias, expedido polo Servizo Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia da tarxeta de desemprego. O prazo para o envío de documentos por correo electrónico finaliza ás 23:59 horas do 2 de febreiro do 2020, coincidindo coa fin do prazo ordinario de inscrición. c) Inscrición gratuíta: Terán dereito á inscrición gratuíta aquelas e aqueles participantes, inscritas/os no Circuíto Coruña Corre 2018/19, que teñan finalizado as nove carreiras das que consta o circuíto. Prazo límite para a inscrición gratuíta: 2 de febreiro ás 23:59 h. Art. 12 – DEVOLUCIÓN DA COTA Só se devolverá a tarifa de inscrición no caso de lesión e /ou enfermidade, se se presenta un informe médico, antes do día en que se realice a proba, na Federación Galega de Atletismo (Avenida de Glasgow, 13 (Edificio Federacións). 15008, A Coruña / info@carreirasgalegas.com). O importe da devolución verá determinado pola data de presentación do informe médico:  O 75% da cota se se presenta unha semana antes da realización da proba, ata o 2 de febreiro ás 23:59h.  O 50% se se presenta despois desa data, ata o 2 de febreiro ás 23:59h. Se non se envía o devandito informe, non se realizará ningún reembolso. Para outros casos xustificados, a organización avaliará se se devolve cota. SERVIZOS ÁS PERSOAS PARTICIPANTES Art. 13 – ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS Poderán recollerse no Departamento de Deportes de El Corte Inglés localizado no Centro Comercial Marineda City nos seguintes días e horarios:  Venres 14 de febreiro de 2020, de 17.00 a 22.00 horas  Sábado 15 de febreiro de 2020, de 10.00 a 21.30 horas. De maneira extraordinaria, facilitarase a recollida dos dorsais o mesmo día da carreira, domingo 16 de febreiro, na zona saída/meta situada no Cantón Grande, á altura do Obelisco no seguinte horario: Domingo 16 de febreiro de 2020: 08:45 a 09:45 horas Prégaselles ás persoas participantes que procuren, na medida do posible, recoller previamente o dorsal para evitar aglomeracións. A camiseta recollerase conxuntamente co dorsal e por estrita orde de chegada, ata finalizar a existencia da talla. A organización non pode garantir a talla debido a que o pedido de camisetas se realiza con anterioridade ao peche de inscricións. Art. 14 – CAIXÓNS DE SAÍDA Estableceranse cinco caixóns de saída, en función dos seguintes tempos: CAIXÓN TEMPOS 1 Igual ou < 34 min en 10 k Igual ou < 1 h 20 min en medio maratón 2 34:01 - 36:00 min en 10 k 1 h 20:01 - 1 h 25:00 min en medio maratón 3 35:01 - 38:00 min en 10 k 1 h 25:01 - 1 h. 30:00 min en medio maratón 4 38:01 - 45:00 min en 10 k 1 h 30:01 - 1 h 40:00 min en medio maratón 5 Tempos superiores a 45.01 en 10 k e 1:40:01 en medio maratón Sen marcas oficiais acreditadas en 10K ou medio maratón As persoas participantes deberán colocarse na zona acoutada que lles corresponda na saída, segundo o dorsal que se lles asignase. Deberán estar nos seus postos 10 minutos antes do disparo oficial de saída. Art. 15 – ASEOS, DUCHAS E GARDARROUPA WC PORTÁTILES: Estarán a disposición aseos portátiles localizados na zona de saída e na zona do Porto de Oza e Paseo Marítimo do trazado de Coruña21. DUCHAS: Estarán dispoñibles na Cidade Deportiva de Riazor en horario de 11:00 a 14:00 horas. Poderase acceder presentando o dorsal da carreira. GARDARROUPA: Habilitarase un servizo de roupeiro que estará dispoñible nunha carpa situada na zona próxima á saída, no Obelisco, desde as 08:30 ata as 09:30 horas e desde as 11:15 ata as 13:00 horas do día da carreira. Art. 16 – AVITUALLAMENTOS E RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS Seguindo as normas da IAFF, instalaranse postos de auga a partir do quilómetro 5 e aproximadamente cada 5 quilómetros. Haberá postos de avituallamento sólido no quilómetro 10 e 15 aproximadamente. Toda a persoa participante que desexe utilizar un avituallamento propio deberá entregarllo á organización ata unha hora antes da saída, debidamente pechado e marcado co seu número de dorsal e punto quilométrico no que quere atopalo. No caso de que a persoa participante queira que o seu avituallamento persoal lle sexa entregado en man, é a súa responsabilidade designar e situar a unha persoa especificamente para esta función. A dita persoa deberá estar acreditada pola organización. Calquera avituallamento fóra da zona marcada para iso poderá supoñer a descualificación da carreira da persoa infractora. Así mesmo, porán a disposición colectores suficientes para a recollida selectiva de residuos e que son de uso obrigado, polo que de as e os atletas non os utilizaren, poderá supoñer a súa descualificación. Art. 17 – SERVIZOS MÉDICOS A proba disporá dos servizos médicos recomendados pola RFEA e de acordo coa lexislación vixente. A organización disporá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente. Todas as persoas inscritas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes segundo o Real decreto 849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do seguro obrigatorio deportivo. Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal indicando os datos do nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias, enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento específico etc.) así como teléfono/s e contacto/s en caso de emerxencia. Art. 18 – CONTROL ANTIDOPING Será obrigatorio o control de dopaxe cando este sexa requirido pola Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte (AEPSAD) ou solicitado pola organización da proba ou outros organismos competentes. Art. 19 – CLASIFICACIÓNS Realizaranse as seguintes clasificacións: o Clasificación Xeral Absoluta o Clasificación por Categorías Masculina e Feminina o Clasificación Absoluta Galegos Masculina e Feminina o Clasificación Absoluta Coruñeses Masculina e Feminina As clasificacións serán expostas na zona de saída/meta. PREMIOS E TROFEOS Art. 20 – PREMIOS ECONÓMICOS Xeral: POSTO PREMIO CONDICIÓN* HOMES MULLERES 1.º 1200 € Realizar 1 h 10:00 ou menos Realizar 1 h 22:00 ou menos 2.º 800 € Realizar 1 h 10:00 ou menos Realizar 1 h 22:00 ou menos 3.º 600 € Realizar 1 h 10:00 ou menos Realizar 1 h 22:00 ou menos 4.º 400 € Realizar 1 h 10:00 ou menos Realizar 1 h 22:00 ou menos 5.º 200 € Realizar 1 h 10:00 ou menos Realizar 1 h 22:00 ou menos * No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50 %. Atletas con nacionalidade española (premio non acumulable) (1): 1.º persoa clasificada española: 500 € 2.º persoa clasificada española: 300 € 3.º persoa clasificada española: 150 € (1) Considerarase atleta de nacionalidade española quen presente o correspondente DNI. Atletas galegas/os (premio non acumulable) (2): 1.º persoa clasificada galega: 500 € 10 2.º persoa clasificada galega: 300 € 3.º persoa clasificada galega: 150 € (2) Consideraranse atletas galegas/os aquelas persoas que presenten un certificado de empadroamento dalgún dos concellos de Galicia. Atletas coruñesa/és (premio non acumulable) (3): 1.º persoa clasificada coruñesa: 200 € (3) Persoas empadroadas no Concello da Coruña. Para recoller os premios ás ou aos mellores coruñeses, deberán remitir o certificado de empadroamento ao seguinte enderezo electrónico: secretaria@atletismo.gal. PREMIO ESPECIAL RÉCORD DA PROBA (premio acumulable): A/o atleta que gañe a carreira e que bata o récord da proba tanto na categoría masculina (1 h 02’ 57’’) como na feminina (1 h 11’ 16’’) obterá un premio de 1000 euros. Os premios en metálico non serán acumulativos, con excepción do récord da proba. No caso de duplicidade, aboarase a contía máis alta. Para poder recoller os premios, será necesario xustificar documentalmente o ano de nacemento das persoas participantes por medio do DNI as españolas, ou do documento legal en vigor (pasaporte) as estranxeiras. Todos os premios estarán suxeitos ás retencións legais vixentes. Co obxecto de poder revisar as condicións estipuladas e atender a calquera posible reclamación, a organización resérvase a posibilidade de entregar os premios en metálico a partir do luns seguinte á data da competición. No caso de realizarse un control de dopaxe, os premios económicos quedarán retidos ata a súa resolución oficial. Art. 21 – ENTREGA DE TROFEOS Outorgaránselles os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas clasificadas de cada unha das categorías indicadas no artigo 10. Ademais das tres primeiras persoas clasificadas con nacionalidade española, galega/o e coruñesa/és. Informarase do horario da entrega de trofeos a través da web oficial www.coruna.gal/carreraspopulares. As/os atletas deberán situarse na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das categorías. Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo, perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta. Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non está presente que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos o antes posible para evitar esperas innecesarias. Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian a este. RESPONSABILIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS Art. 22 – RESPONSABILIDADE A organización non se fai responsable dos danos que puideren causar ou causarse as persoas participantes por imprudencias ou descoidos delas mesmas. A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realiza o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da dita responsabilidade. A organización dispón dun seguro de accidentes e responsabilidade civil que cubrirá os incidentes inherentes á proba. Art. 23 – LOPD Todas as persoas corredoras ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición, a persoa participante consinte expresamente que os seus datos sexan utilizados polo Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo para comunicacións sobre as súas actividades. En todo o caso, de conformidade co establecido polo artigo 5 da LOPD, infórmase de que os datos de carácter persoal declarados pasarán a formar parte de: a) O ficheiro denominado INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, do que o responsable do tratamento será o Concello da Coruña, dos que as finalidades e usos previstos serán os seguintes: xestión centralizada das instalacións deportivas municipais, das actividades impartidas nelas e do uso de instalacións. Todas as persoas participantes ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Autorízase a tomar imaxes sempre que se utilicen para a promoción e difusión das ditas actividades, así como á utilización do móbil e correo electrónico como forma de aviso e comunicación por parte do Servizo Municipal de Deportes. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados neste ficheiro poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Praza de María Pita, 1) nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da LOPD. Ojo morado O ficheiro denominado ATLETAS, do que o responsable do tratamento será a Federación Galega de Atletismo, ten como finalidade a relación das e dos atletas federados en competicións oficiais, elaboración da clasificación e estatísticas. Esta proba pertence ao calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e da Real Federación Española de Atletismo e, mediante a súa inscrición, as persoas corredoras consenten expresamente que os seus datos básicos (nome, apelidos, NIF / NIE / pasaporte, data de nacemento, sexo e código postal de residencia) lle sexan enviados á Real Federación Española de Atletismo para xestionar as licenzas de día, resultados e clasificación. A posesión da licenza garante que a persoa corredora participa cuberta por un seguro de responsabilidade civil e de accidentes. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados neste ficheiro poderanse exercer ante a Federación Galega de Atletismo (Avda. Glasgow s/n. Complexo Deportivo de Elviña), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da LOPD. Art. 24 – COMPROMISO A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento. CONSIDERACIÓN FINAL A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerar, e deberá comunicárllelo na web e na información ás persoas participantes. Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase polas normas da FGA, RFEA e da IAAF.