Calendario
Ver carrera

Orro

22/12/2019 10:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción 7º Trail Running e Andaina de Orientacion Orro 2019

Overview
O vindeiro día 22 de decembro na localidade de Orro (Culleredo), e organizado por ADTL A Pedrosa e o Clube Gallaecia Raid terá lugar o VII Trail Running e a VII Andaina con orientación de Orro. O Trail Running é de carácter competitivo e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos tanto do trail longo como do trail curto. No trail curto poderáse participar a partir de 16 anos. No longo a partires de 18 anos . VER normativa da proba e protección de datos.

AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPACIÓN CON MENORES DE IDADE (andaina e trail curto):
Cada menor que participe na proba debe ir acompañado dun adulto, e debera presentar asinado o documento na recollida do dorsal: autorización menores

DISTANCIAS E DESNIVEL:
Trail-running longo: 20 kms con 700 metros de desnivel positivo
Trail-running curto: 12 kms con 350 metros de desnivel positivo
Andaina: 9 kms con 300 metros de desnivel positivo

PREZOS:
Inscripcións no seguinte enlace: https://tracktherace.com/es/7-trail-running-e-andaina-de-orientacion-orro-2019 A inscripción dara dereito a: - Realizar a andaina ou o trail - Regalo a todos os participantes - Servizo de ambulancia e médico - Seguro RC e médico de proba - 1 Avituallamento con auga ou bebida isotónica - Cónsome de caldo á chegada - Sorteo de regalos dos patrocinadores - Duchas Realizando inscrición antes do 30 de novembro ás 24:00 horas: 15 € con licenza fedo o trail running longo 14 € con licenza fedo o trail running curto 8 € con licenza fedo a andaina. Os menores de idade non pagarán inscripción na andaina, só o seguro. Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2? a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto). Realizando inscrición entre o 1 de decembro e o 17 de decembro ás 24 horas: 16 € con licenza fedo o trail running longo 15 € con licenza fedo o trail running curto 10 € con licenza fedo a andaina. Os menores de idade non pagarán inscripción na andaina, só o seguro. Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2? a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto). COMIDA POST-EVENTO: PRAZAS LIMITADAS !!! Tamén haberá a posibilidade de ir a comer despóis da proba no propio local de ADTL A Pedrosa cunha comida preparada por un cociñeiro profesional. Cómida adultos: 8 € Fabada Paella Bebida Postre Café Cómida nenos < 18 anos: 4 € co mesmo menú que os adultos HORARIOS DAS PROBAS: Saída do trail-running con orientación longo: 10:00 horas (o horario de secretaría para recoller os dorsais e tarxeta de control comeza ás (8:30 e remata ás 9:30) Saída do trail-running con orientación curto: 10:00 horas (o horario de secretaría para recoller os dorsais e tarxeta de control comeza ás (8:30 e remata ás 9:30) Saída da andaina con orientación: 10:15 horas (entregar a autorización en secretaría para os menores antes das 9:45) MATERIAL OBRIGATORIO E RECOMENDABLE TRAIL-RUNNING E ANDAINA: Obrigatorio/Recomendable: Cortaventos (dependendo do tempo que faga o día da proba poderá decidirse por parte da organización que non sexa material obligatorio) Recomendable: compás Recomendable: Mochila de hidratación ou bidón, ainda que haberá avituallamiento líquido na metade do percorrido Obrigatorio só Andaina: Teléfono móbil acendido o cal ha de facilitarse á organización no momento da inscrición

[ Go Back ]