Calendario
Info da proba

O Pino

23/11/2019 16:30 - 18:30
Regulamento I Carreira e Andaina Popular 5km pola Igualdade, O Pino

> Comenta esta proba neste tema do foro

O Concello de O Pino organizará o sábado 23 de novembro a partir das 16:30 horas da tarde, na Área Recreativa de A Magdalena, a Carreira e Andaina Popular “5 KM POLA IGUALDADE”.
Esta proba entro dentro da laboura e compromiso social do Concello de O Pino na loita pola igualdade e prevención da violencia de xénero a través da práctica do exercício físico saudable. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

LUGAR DE SAÍDA e META: A saída e meta das probas estará situada na Área Recreativa de A Magdalena, a carón da Ermida da Magdalena.
Ubicación do lugar (maps) Ligazón
OS PARTICIPANTES NA ANDAINA UBICARANSE NA PARTE DE ATRÁS DO GRUPO NO MOMENTO DA SAÍDA.

INSCRICIÓNS: Ate o 22 de novembro ás 14.00 horas https://www.carreirasgalegas.com/carreira/i-carreira-e-andaina-popular-5km-pola-igualdade/380f3dc3-74db-291a-1703-39f1786345e1
RECOLLIDA DE DORSAIS: Realizarase na zona de saída / meta desde ás 15:00 horas e ata 20’ antes do comenzo da proba.
PREMIOS E AGASALLOS: Todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa do evento.
Na carreira a pé outorgaranse os seguintes premios:
Medalla ou trofeo ás/os tres primeiras/os clasificadas/os de cada categoría establecida no presente regulamento.
Medalla ou trofeo ás/os tres primeiras/os clasificadas/os da proba, sexa cal sexa a súa categoría.
Trofeo ao colectivo, clube ou asociación que aporte mais participantes á proba.
SERVIZO DE DUCHAS: Non existirá servizo de duchas na zona da proba. No caso de querer empregar dito servizo habilitarase o polideportivo municipal de Lameiro na localidade de Arca ubicado a 8 km da zona de saída/meta.
Para empregalo deberán contactar o día mesmo do evento coa organización.
AVITUALLAMENTO: Haberá servizo de avituallamento líquido na zona de meta a disposición dos participantes.