Calendario
Info da proba

Mondego-Cross

30/11/2019 12:55 - 14:55
Regulamento V Cros Sada, Mondego 30/11/19

ORGANIZAN
Club Atletismo Sada e Concello de Sada coa colaboración da Federación Galega de Atletismo

PARTICIPANTES
Categorías Prebenxamín, Su18, Sub20, Sub23, Senior e Master

CATEGORÍAS
A efectos de premiación haberá 5 categorías masculino e feminino en cada una delas
1. Prebenxamín nados nos anos 2013 e 2014
2. Sub 18: nados nos anos 2003-2004
3. SENIOR (INCLUIDOS SENIOR, sub20 e sub23) nados nos anos 2000- ATA 34 ANOS
4. MASTER A: DE 35 A 45 ANOS (INCLUIDOS)
5. MASTER B: DE 46 EN ADIANTE (INCLUIDOS)

LUGAR E DATA
Circuíto de Mondego (Sada), o 30 de novembro 2019
https://goo.gl/maps/ijBH38KSVW12
Previamente a partir das 11 da mañan se celebrará a 1ª Xornada Escolar Campo a Traves Xogade

INSCRICIÓN
A inscrición dos atletas participantes neste 3º Cros Sada, farase antes das 23:59 horas do xoves
28 de novembro do 2019, a través do formulario disponible na páxina web do Club Atletismo
Sada: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdwbc0JDDT0bNx08c34IxV3YmvO0zzoCSwIhrhxp
eYG_Bg3dA/viewform

A inscripción ten un coste de 3 € para federados e 4 € para non federados (coste de licencia de
día, co seguro). Prebenxamín gratis. Se pagará no momento da retirada do dorsal, o mesmo día
da proba na zona de saida dende as 10:30. Prégase traer o importe exacto.

PREMIOS
Haberá medallas/diplomas para os 3 primeiros clasificados de cada Categoría, excepto
prebenxamín. Se entregarán o remate das probas. Os prebenxamins recibirán todos medalla a
entrada en meta.

VESTIARIOS
Estarán a disposición de todos os participantes debidamente sinalizados, os vestiarios dentro
das instalacións do Colexio de Mondego (Sada)

SECRETARÍA
A secretaría para a recollida dos dorsáis, estará situada na entrada do circuito.
DISTANCIAS POR CATEGORIA
➢ PREBENJAMINES 250 M
➢ SUB18 MASCULINO E FEMININO: 2.750 m (aprox) CS+2 VG+CM
➢ RESTO DE CATEGORIAS MACULINO E FEMININO: 5.300 m (aprox) CS + 4 VG + CM
▪ CS Cola de Saída 75 mts
▪ CM: Cola de meta 75 mts
▪ VG: Volta Grande 1300 mts. aprox
As distancias das voltas, ou os percorridos poderán sufrir variacions respecto o dibuxo inicial, en
función das condicions climatolóxicas e o estado do terrreo

HORARIO DAS PROBAS
A retirada de dorsais poderán facela dende as 10:30 horas, ata media hora antes do comezo das
Probas
➢ 12:55 Saida prebenxamín feminimo e a continuación prebenxamin masculino
➢ 13:00 Saida todas as categorías de Sub 18 en adiante, masculino e fiminino
* Si o número de inscritos fora elevado se farían duas saidas: femenino e masculino. O peche
das inscricions se publicará o horario definitivo
Todos os aspectos non recollidos nestas normas serán regulados pola normativa oficial da
Federación Galega de Atletismo, que pode consultarse na páxina web da federación:
www.atletismogalego.org
A organización non se fai responsabel dos danos morais causados a si mesmos ou a outras
persoas causadas polos participantes desta carreira
A organización ten seguros de responsabilidade civil e accidentes dacordo coa normativa en
vigor.
A organización resérvase o dereito de admisión.
A organización resérvase o dereito a modificar estas normas se as circunstancias así o
aconsellan, avisando na medida do posible.
As reclamacións pódense facer ao Árbitro da proba, verbalmente ata 15' despois da
presentación dos resultados.
O non recollido neste regulamento recollerase de acordo coas normativas da FGA, RFEA e IAAF
nesta orde.
A participación implica a aceptación total do regulamento desta proba.
A proba contará co apoio da Policía Local de Sada, así como dos voluntarios do Club Atletismo
Sada.
Os resultados publicaranse nos sitios web do Club Atletismo Sada, www.clubatletismosada.com,
Carreiras Galegas e FGA.
Cada participante, ao formalizar a súa inscrición, autoriza a publicación dos seus datos persoais
necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa nos listados oficiais, nos medios e / ou na
internet, así como no seu uso para o envío de información relacionados co evento, incluídas
edicións posteriores. Tamén autoriza que as imaxes recollidas (fotografía ou video) poidan ser
utilizadas de forma intemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único propósito
de promover e difundir o evento. Cada participante é responsable da veracidade dos datos
facilitados na súa inscrición e acepta que estes datos sexan incorporados a un ficheiro
automatizado, polo cal o Club Atletismo Sada é responsable. O titular dos datos terá dereito a
acceder, rectificar, cancelar e opoñerlle nos termos establecidos na Lei Orgánica 15/1999, do 13
de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.