Calendario
Info da proba

Rianxo

23/11/2019 9:00 - 12:00
Regulamento ANDAINA EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS.

O Servizo de Deportes e a Piscina Municipal de Rianxo organizan unha Andaina en Negro o 23 de novembro, ás 9:00 h, no marco da campaña RIANXO EN NEGRO da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade de Rianxo.

A andaina é de 17 km aprox. e percorrerá camiños de Rianxo, Leiro e Asados.

A actividade vai dirixida a maiores de 12 anos. Entre esa idade e os 16 anos deberán ir acompañadas dunha persoa adulta.

Inscricións e información no Servizo de Deportes, nos pavillóns polideportivos e na Piscina Municipal. Tamén a través do correo electrónico (deportes@concelloderianxo.gal), indicando nome completo, data de nacemento, teléfono e correo electrónico.

#deportes #rianxo #andaina #ennegro