Calendario
Info da proba

Barro no Camiño

23/11/2019 16:00 - 18:00
Regulamento I Carreira Barro no Camiño

Data: sábado, 23 de novembro de 2019.
Hora: ás 16:15 será a primeira carreira
Lugar: saída e meta no Pazo da Crega, Barro.
Distancia: de 100 a 10.000 m.
Organiza: Asociación Cultural Deportiva Barro.
Inscrición: en Emesports.

>> Abre un tema no foro para falar desta carreira

REGULAMENTO I CARREIRA BARRO NO CAMIÑO 2019

1.- A Asociación Cultural Deportiva Barro organiza a I Carreira Barro no Camiño 2019, que terá lugar o sábado 23 de novembro a partir das 16:00 horas, estando situadas a saída e a meta no Pazo da Crega.

2.- A carreira é aberta á participación de calquera persoa, sen necesidade de ter licenza federativa.

3.- O percorrido será un circuíto duns 10 Km aproximadamente que discorre na súa maior parte polo Camiño de Santiago. As distancias a percorrer adaptaranse ás idades de cada categoría.

4.- Ás 16:15 será a primeira carreira.
A entrega de premios será a partir das 19:00 h.

5.-Categorías (masculina e feminina):

Escolares
Chupetes: De 0 a 3 anos (poderán correr acompañados dun adulto)
Pitufos: Nacidos nos anos 2014-2015
Prebenxamíns: Nacidos nos anos 2012-2013
Sub 10: Nacidos nos anos 2010-2011
Sub 12: Nacidos nos anos 2008-2009
Sub 14: Nacidos nos anos 2006-2007
Sub 16: Nacidos nos anos 2004-2005
Sub 18: Nacidos nos anos 2002–2003

Absoluta
De 18 anos en adiante.
Senior: De 18 a 34 anos
Master A: de 35 a 44 anos
Master B: de 45 a 54 anos
Master C: de 55 a 64 anos
Master D: de 65 en adiante.

CATEGORÍA - HORA SAÍDA - DISTANCIA
Sub 14 / Sub 16 - 16:30 h - 2 Km
Sub 18 / Absoluta - 17:00 h - 10Km
Sub 12 - 16:15 h -1 Km
Sub 10 -17:20 h - 800 m
Prebenxamíns - 17:35 h - 700 m
Pitufos - 18:00 h - 350 m
Chupetes - 18:20 h - 100 m

6.- Premios: Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría e da absoluta. Haberá trofeo para o corredor e corredora de máis idade, e para o primeiro clasificado do Concello de Barro masculino e feminino. Tamén a camisetas tènicas camisetas e avituallamento para os participantes na liña de chegada.

7.- Inscricións: As inscricións de todas as categorías faranse na páxina www.emesports.es ata o xoves 21 ás 23:59 h. Farán constar: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI e teléfono.

Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba.

Inscrición absoluta: 5 €
Categorías escolares: gratuíta.

8.- Os atletas deberán estar na liña de saída 10 minutos antes do comezo da carreira.

9.- Será motivo de descalificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a Organización.

10.- A Organización non se fará cargo dos obxectos de valor extraviados polos corredores.

11.- A participación supón a total aceptación deste regulamento. Todo corredor, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento coma as decisións que tome a Organización en caso de dúbidas.

13.- Haberá duchas no Pavillón Municipal de Deportes, a 300 metros da liña de meta.

14.- Prégase aos atletas de todas as categorías entreguen un kilo de comida non perecedeira no lugar de entrega de dorsais, xa que é unha carreira solidaria.

15.- Ao remate, a Organización da carreira celebrará u magosto popular.