Calendario
Info da proba

Touro

15/12/2019 10:30 - 12:00
Regulamento VII CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO
DE TOURO
Domingo 15 de Decembro
A partir das 10:30 horas
REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Touro (A Coruña). A saída e chegada de
cada proba farase na rúa Isabel II, a carón da casa do Concello e o circuíto
correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo.
3.- A inscrición da proba absoluta (de sub 20-sub 23 a máster) poderá realizarse na web
www.emesports.es ata o xoves 12 de Decembro ás 23:59 horas.
A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a sub 18) farase a través da páxina web
www.emesports.es ; a data límite de inscrirción será o xoves 12 de Decembro ás 23:59
horas.
PREZOS DA INSCRICION
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a sub 18 incluídos): GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (de sub 20 – sub 23 a máster): 5 € por participante
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina web
www.emesports.es. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en
contacto cos teléfonos 654 285 692 (de martes a venres de 09:00 a 15:00) ou 981 504
029 en horario de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres ou no em@il
soporte@emesports.es.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da
carreira.
4.- Os dorsais retiraranse na secretaría da organización ubicada na Casa do Concello, a
carón da SAIDA das probas, con prazo límite 30 minutos antes de cada proba
correspondente.
5.- PREMIOS
Percibirán trofeos:
• Os 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente
regulamento, masculinos e femininos, agás a categoría pitufo que non terán
clasificación, e tamén os tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta
masculino e feminino.
• Os tres primeiros atletas locais da proba absoluta, tanto masculinos como
femeninos tamén recibirán trofeo. Para optar a este trofeo será imprescindible estar
empadroado no Concello de Touro.
• O primeiro clube masculino e o primeiro clube femenino na clasificación final,
establecida pola suma dos seis primeiros clasificados e seis primeiras clasificadas do
clube na clasificación individual final. Nesta clasificación só se admitirá a
participación de clubes federados que deberán inscribir os seus atletas de xeito
individual marcando a opción de “participa na clasificación de clubes” en cada
inscrición.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous
trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
6.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de
xeito correcto na zona anterior do corpo, será automaticamente descalificado.
7.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da
súa proba.
8.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade
coa presentación do DNI ou pasaporte.
9.- As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición
non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
10.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en
función do número de participantes de cada categoría.
11.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da
FGA e RFEA para probas en ruta en vigor.
Categorías e horarios
CATEGORIA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
Sub 20 – Sub 23 de 1997 a 2001 10:30 h 10000 m aprox
Senior de 1985 a 1996 10:30 h 10000 m aprox
Máster A masc/fmno de 1979 a 1984 10:30 h 10000 m aprox
Máster B masc/fmno de 1970 a 1978 10:30 h 10000 m aprox
Máster C masc/fmno 1969 e anteriores 10:30 h 10000 m aprox
Pitufo 2014 e posteriores 12:35 h 150 m
Prebenxamín 2012 / 2013 12:30 h 300 m
Sub 10 2010 / 2011 12:25 h 1000 m
Sub 12 2008 / 2009 12:10 h 2000 m
Sub 14 2006 / 2007 12:10 h 2000 m
Sub 16 2004 / 2005 11:45 h 3000 m
Sub 18 2002 / 2003 11:45 h 3000 m
ENTREGA DE PREMIOS AS 12:45 HORAS
ACEPTACIÓN DO PRESENTE REGULAMENTO:
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e participar na proba, aceptan esta
normativa e, en caso de dúbida ou xurdindo algunha situación non prevista nela,
resolveranse de acordo coas disposicións dispoñibles, o Comité Organizador e as regras da
FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e, a
través da súa inscrición, o corredor autoriza expresamente que os seus datos básicos
sexan transferidos a esta entidade para a tramitación, antes da compañía de seguros, do
seguro obrigatorio de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de
día e o ranking popular de probas de estrada. En calquera caso e conforme establecido
pola Lei de Protección de Datos, o interesado poderá exercer no futuro os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á
Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
Esta proba disporá dos seguros e servicios sanitarios requerido nas normativas vixentes.