Calendario
Info da proba

Vigo + 11

03/11/2019 10:00 - 12:30
Regulamento VIGO + 11
CARREIRA POPULAR
REGULAMENTO
1. A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, coa colaboración do
Concello de Vigo, organizan a 13ª Carreira PopularVIGO +11, baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuíces.
2. Data: 3 de novembro de 2019.
3. Saída e Meta: Rúa Cánovas del Castillo.
4. Inscricións: Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non
federadas, a través da web championchipnorte.com
5. Cota: 5 €, excepto as categorías sub8, sub10, sub12, sub14, sub16 e sub18.
6. Prazo de inscrición: ata o día 29 outubro ás 24:00, non admitíndose ningunha
inscrición fóra de prazo, nin o mesmo día da carreira.
7. Entrega de dorsais e chips: Efectuarase na Casa do Deporte o 2 de novembro,
desde as 10:00 ás 21:00 horas, e o día da carreira na zona da saída a partir das
9:00.
8. Premios: Recibirán medalla os tres primeiros clasificados, tanto masculinos como
femininos, de cada categoría. Excepto sub8 da que non se fará clasificación e
recibirán un detalle en meta todos.
9. A proba está incluída no circuíto Run Run Vigo do Concello de Vigo.
10.Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos
persoais.
11. Non poderán participar atletas estranxeiros con marcas de máis de 950 puntos
de taboa internacional. según de detalla no artigo 3.4. do Regulamento para as
competicións de Campo a Través, Marcha, Ruta, Trail e Pista, para competicións
autonómicas da RFEA, disponible en:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2018/09_ReglamentoCompeticiones.pdf
12. Haberá servizo de duchas, vestiarios e gardaroupa, no Real Club Náutico de
Vigo a disposición de tódolos atletas ao finalizar as probas.
13. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuíz
Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos
mesmos.
14. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo coas
normativas vixentes da FGA, RFEA e IAAF, nesta orde, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
15. Horarios e Categorías:
Categoría Distancia (aprox.) Hora de saída
Sub8 2012-2013-2014 200 m (recta meta) 10:00
Sub10 2010-2011 1 km (1 volta c.) 10:15
Sub12 2008-2009 1 km (1 volta c.) 10:15
Sub14 2006-2007 2 km (2 voltas c.) 10:30
Sub16 2004-2005 3 km (3 voltas c.) 10:45
Sub18 2002-2003 3 km (3 voltas c.) 10:45
Sub20 2000-2001 10 km 11:11
Sub23 1997-1998-1999 10 km 11:11
Sénior 1996 ata Máster 10 km 11:11
Máster 40 40 ata 44 anos cumpridos 10 km 11:11
Máster 45 45 ata 49 anos cumpridos 10 km 11:11
Máster 50 50 ata 59 anos cumpridos 10 km 11:11
Máster 60 60 ou máis anos cumpridos 10 km 11:11
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización;
nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar
ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona
de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para
retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como
consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos
derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa
da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento
ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o
compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo
de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e
tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de
xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o
Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta
entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de
accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking
popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos,
o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.