Calendario
Ver carrera

Dubra - Trail

15/12/2019 9:30 - 13:15

[ Go Back ]

Descripción O clube Dubra Team organizará, coa colaboración do Concello de Val do Dubra e da
Deputación da Coruña, o domingo 15 de decembro de 2019 a terceira edición do Trail
de Montaña Dubra Trail. As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices
da FGA.
As probas rexiranse polo seguinte
REGULAMENTO XERAL
1) Haberá 2 modalidades de competición e unha ANDAINA POPULAR. O horario e
distancias das probas serán os seguintes:
2) PARTICIPACIÓN:
Nas probas de Trail Longo e Trail Curto poderá participar calquer persona de 18
anos ou superiores cumpridos o día da proba. Na ANDAINA popular poderán
facelo a partir de 16 anos cumpridos o día da proba.
3) CATEGORÍAS:
Estableceranse as seguintes categorías de competición en ambos trails (Longo e
Curto):
ABSOLUTOS/AS: de 18 anos cumpridos o día da proba e superiores;
MASTER MASC/FMNO: de 40 anos cumpridos o día da proba e
superiores.
4) PUNTO DE SAÍDA E META E PERCORRIDO DAS PROBAS:
As probas sairán a carón do Campo de Fútbol Juan Baleato, na Rúa Arcai na
localidade de Bembibre. Ese punto será tamén punto de meta das mesmas. As
probas discurrirán por camiños e sendas de monte na maior parte do percorrido.
HORA PROBA DISTANCIA
09.30 h TRAIL LONGO 25 km aprox.
09.30 h ANDAINDA POPULAR 14 km aprox.
09.30 h TRAIL CURTO 15 km aprox.
Ubicación Maps do punto de Saída / Meta.
Ligazón -> https://maps.app.goo.gl/MZaypZsnxbKGmXB6A .
A ruta curta e a andaina popular empregarán un percorrido común que discurrirá
pola Ruta da Fervenza do Rexedoiro PR-G202.
5) INSCRICIÓNS:
As inscricións poderán realizarse na páxina web www.emesports.es segundo os
seguintes prazos e prezos:
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán consultala no tf
654 285 692 ou no em@il de oganización dubrateam@outlook.es .
6) AVITUALLAMENTOS:
Estableceranse 3 puntos de avituallamento líquidos e sólidos na ruta longa, 2 na
ruta curta e na Andaina distribuidos do seguinte xeito:
- RUTA LONGA: KM 8, KM 16 e META.
- RUTA CURTA: KM 8 e META.
- ANDAINA: KM 8 e META.
Recoméndase levar mochila de hidratación ou hidratación propia na proba. A
organización só habilitará os puntos de avituallamento indicados no presente
reglamento non sendo esto motivo de reclamación.
7) DUCHAS E VESTIARIOS:
Haberá servizo de duchas e vestiarios a disposición dos atletas no Campo de
Fútbol Municipal (lugar de saída e meta das probas).
Cool AGASALLO TÉCNICO PARTICIPANTES:
Todos os participantes que se inscriban nos prazos de inscrición mencionados
anteriormente recibirán un agasallo de organización pola súa participación no
Dubra Trail.
PROBA PREZO PRAZO
TRAIL LONGO 18 € Do 05/11 ó 12/12 ás 23.59 h
TRAIL CURTO 15 € Do 05/11 ó 12/12 ás 23.59 h
ANDAINA 6 € Do 05/11 ó 12/12 ás 23.59 h
9) TROFEOS E PREMIACIÓN:
Ao remate das probas realizarase a entrega de premios (aproximadamente as
13:30 horas). Na mesma entregaranse os seguintes trofeos:
3 primeiros/as clasificados/as absolutos das rutas longa e curta.
1º e 1ª corredor/a local do trail longo e do trail curto.
3 primeiros/as clasificados/as da categoría MASTER MASC/FMNO das
rutas longa e curta.
3 clubes que aporten máis participantes á todas as probas (cómputos
xeral de ambas rutas).
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún
participante poderá levar 2 trofeos (agás os premios a atletas
locais)
10) Todos os corredores estarán cubertos por un seguro de accidentes deportivos e
responsabilidade civil obrigatorio. A organización disporá dos servicios sanitarios
obrigatorios por ley.
11) Todo o non recollido no presente regulamento resolverase segundo o establecido
nas normas técnicas da FGA, RFEA ou IAAF no seu defecto.
12) Artigo 12. Aviso Legal. L.O.P.D.
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome
e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

[ Go Back ]