Calendario
Ver carrera

Lestrove

16/11/2019 11:00 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción CARREIRA PEDESTRE DE LESTROBE 2019
O Sábado 16 de Outubro de 2019 a partir das 11.00 h O Concello de Dodro
organiza a Carreira Pedestre de Lestrobe 2019 na Rúa Fortunato Cruces
(Lestrove) baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago). Esta carreira é
unha proba oficial da FGA
Artigo 1. Normativa xeral
 A Carreira Pedestre de Lestrobe 2019 rexerase polas actuais
regulamentacións de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade
Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a
celebración de probas deportivas na vía urbana.
 A proba contará con un seguro de responsabilidade civil e tamén contará
con un seguro de accidentes.
 Así mesmo a proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará
dunha ambulancia e un médico.
 A organización resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos,
así como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por
razóns de seguridade, circunstancias que serán comunicadas aos
participantes con tempo suficiente. No caso de que para o día de
celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será
suspendida automaticamente. Buscarase unha data adecuada para
desenvolvela e non se devolverán os cartos da inscrición.
 Os participantes na carreira terán á súa disposición o Pavillón
Polideportivo dos Centros Escolares de Padrón para que se poidan
duchar.
 Así mesmo tamén se poñerá a disposición dos corredores un servizo de
gardarroupa situado na Unitaria de Lestrobe.
 Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a
organización e os xuíces da competición.
 A participación de atletas estranxeiros e de outras federacións
autonómicas rexerase de acordo co disposto no artigo 3.4. do
"Regulamento para las competicións de la temporada de campo a
través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista cubierta y
aire libre” da tempada 2018-2019. Máis información de esta norma no
ligazón:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2019/06_ReglamentoCompetic
io nes.pdf .
 Reclamacións: deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más
tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
 Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados
pola organización.
 O peche do control na carreira absoluta, producirase ó cabo de 50
minutos a contar dende que o primeiro participante cruce a liña de meta.
Artigo 2. Participantes e control técnico
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha
clasificación conxunta.
O control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega
de Atletismo.
Artigo 3. Categorías
• Pavón 2014-2015-2016.
• Pé de Millo 2012-2013.
• Benxamín (sub 10) 2010-2011.
• Alevín (sub 12) 2008-2009.
• Infantil (sub 14) 2006-2007.
• Cadete (sub 16) 2004-2005.
• Xuvenil (sub 18) 2002-2003.
• Júnior (sub 20) 2000-2001.
• Promesa (sub 23) 1997-1998-1999.
• Sénior de 1996 a 1985.
 Veterán/a A: Atletas nados/as entre 1975 e 1984
 Veterán/a B: Atletas nados/as entre 1965 e 1974
 Veterán C: Atletas nados/as no ano 1964 e anteriores.
Artigo 4. Distancias e horarios
CATEGORÍA HORARIO DISTANCIA PERCORRIDO Nº VOLTAS
PAVÓN 11.00 H 100 M VERDE 1
PÉ DE MILLO 11.10 H 650 M VERMELLO 1
SUB 10 11.20 H 750 M NEGRO 1
SUB 12 11.30 H 1.300 M VERMELLO 2
SUB 14, SUB
16 11.45 H 3.700 M LARANXA 1
SUB 18, SUB
20, SUB 23,
SÉNIOR,
VETERÁN A,
B E C
12.15 H 10.000 M AMARELO 2
Artigo 5. Lugar de saída e percorrido
Saída e chegada
Rúa Fortunato Cruces (Lestrobe)
Establécense 5 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de
distancias.
1. Percorrido verde: 100 M.
2. Percorrido vermello: 650 M.
3. Percorrido negro: 750 M.
4. Percorrido laranxa: 3.700 M.
5. Percorrido amarelo 5.000 M. (700 M de terra)
Artigo 6. Inscricións
Prazo:
Ata o mércores 13 de novembro de 2019 ás 24 h. Non se aceptarán inscricións
fora de prazo ou con datos incompletos.
Onde:
www.carreirasgalegas.com
Prezo:
Os prezos de inscrición aprobaranse na Xunta de Goberno Local do Concello
de Dodro.
• Gratuíto para as categorías de pavóns a cadete (Sub 16).
• 6 € nas categorías xuvenil (Sub 18), júnior (Sub 20), promesa (Sub 23),
sénior e veteráns.
Límite prazas: Haberá un límite de 300 inscritos na categoría absoluta
(xuvenís e posteriores).
Artigo 7. Chips, cronometraxe e retirada de dorsais e chips.
Retirada de dorsais:
Na unitaria de Lestrobe (sita na R/Fortunato Cruces) o mesmo día da proba a
partir das 9 h. e ata o inicio da mesma.
Cronometraxe e control por chip
Agás os participantes nas categorías pavóns e pés de millo (non competitivas),
os demais participantes estarán controlados a través dun chip que se entregará
a cada participante xunto co dorsal. (non retornables).
Artigo 8. Premios
Na Carreira Pedestre de Lestrobe 2019 outorgaranse os seguintes:
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías
Pavón, Pé de Millo, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
Trofeo para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na
proba absoluta, tanto en categoría feminina coma masculina.
Medalla Podium para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría
feminina e masculina. Excepto categorías Pavón e Pé de Millo ( non
competitivas )
Trofeo para os/as 3 primeiros/as corredores/as locais masculinos e femininos
na proba absoluta. ( locais serán aqueles empadroados en Dodro ).
Trofeo ao club con mais participantes.
Agasallos. Os participantes nas categorías xuvenil (Sub 18), júnior (Sub 20),
promesa (Sub 23), sénior e veteráns recibirán un agasallo técnico.
Artigo 9. Servizos
Servizo de gardarroupa
Unitaria de Lestrobe
Vestiarios e Duchas
Pavillón Polideportivo de Padrón ( anexo á piscina )
Aparcadoiros:
Complexo Deportivo de Lestrobe ( 42º 43´38.80” N, 8º 40´19.80” O )
Zona da feira xunto ó río Sar. ( 42º 44´02.13” N, 8º 39´44.37” O )
Publicación Resultados
Facebook dodrodeportes
carreirasgalegas.com
Artigo 10. Outras consideracións
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de apoio. A non observancia desta norma implicará a
descualificación dos atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a,
sen poder facer ningunha modificación no mesmo.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos
morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os
participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera
aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
Artigo 11. Aviso Legal
L.O.P.D.
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA
Este circuíto pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo
e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus
datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a
compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular
de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á
Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow ,13 - 15008 A Coruña.
Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase polas normas vixentes
da FGA e RFEA.

[ Go Back ]