Calendario
Ver carrera

Ourense-San Silvestre

31/12/2019 16:00 - 18:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO SAN SILVESTRE OURENSÁ 2019
ARTIGO 1 – Organización
O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza a San Silvestre
Ourensá que se celebrará polas rúas da cidade o martes 31 de decembro de 2019.
Esta proba está incluída no calendario oficial de competicións da Federación Galega
de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores
da Federación Galega de Atletismo – Delegación en Ourense e por procedementos
automatizados.
ARTIGO 2 – Participantes
Poderán participar nesta proba atletas federados e atletas populares. Realizarase
unha clasificación conxunta.
A participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas, rexerase
polas normas recollidas na Circular RFEA 178/2018
ARTIGO 3 – Categorías
Establécense as seguintes categorías:
Pitufos. Nados/as no ano 2012 e posteriores.
Sub10. Nados/as nos anos 2010 e 2011.
Sub12. Nados/as nos anos 2008 e 2009.
Sub14. Nados/as nos anos 2006 e 2007.
Sub16. Nados/as nos anos 2004 e 2005.
Sub18. Nados/as nos anos 2002 e 2003.
Sub20. Nados/as nos anos 2000 e 2001.
Sub23. Nados/as nos anos 1997, 1998 e 1999.
Senior. Nados/as nos anos 1996 e anteriores ata Máster.
Máster A. De 35 a 44 anos. B. De 45 a 54 anos. C. De 55 a 64 anos. D. >65 anos.
Absoluta.
ARTIGO 4 – Horario
Distancias e horarios:
HORA CATEGORÍA CIRCUÍTO DISTANCIA
16:00 Pitufos Xardín do Posío 70 m.
16:10 Sub10 – Sub12 1 Volta Pequena 1,5 Km.
16:25 Sub14 – Sub16 1 Volta Grande 2,5 Km.
16:45 Absoluta 2 Voltas Grandes 5 Km.
17:30 Peche Control
ARTIGO 5 – Percorrido
A saída e meta estará sita no Xardín do Posío.
Percorrido: Xardín do Posío - Rúa Padre Feijoo - Rúa Colón - Praza Maior - Rúa
Barreira - Rúa Burgas - Rúa Desengano - Avenida de Pontevedra - Rúa Lamas Carbajal
- Rúa do Paseo - Rúa Concordia - Rúa Santo Domingo - Praza do Ferro - Rúa dos
Fornos - Rúa Unión - Praza do Trigo - Rúa Hernán Cortés - Rúa Prieto Nespereira -
Rúa Lugo - Xardín do Posío.
A organización poderá modificar este percorrido, total ou parcialmente, por razóns
de seguridade.
ARTIGO 6 – Inscricións
As inscricións estarán abertas do 2 de decembro ata o 26 de decembro de 2019 ás
20:30 h.
As inscricións realizaranse unicamente a través da web www.carreirasgalegas.com.
Para as categorías Pitufos, Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16 a inscrición será gratuíta.
Para as categorías Sub18, Sub20, Sub23, Sénior e Máster a cota de inscrición será de
5€ do 2 ao 20 de decembro de 2019 e de 7€ desde o 21 ao 26 de decembro de
2019. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
ARTIGO 7 – Retirada de dorsais e chips
A recollida de dorsais e chips terá lugar o luns 30 de decembro de 2019 en horario
de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 no establecemento de TURINI sito na Rúa
Cardenal Quevedo, 19 – Baixo, C.P. 32004, Ourense.
NON se entregarán dorsais o día da carreira.
ARTIGO 8 – Premios
Todos/as os/as participantes das categoría Pitufos, Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16
recibirán unha medalla ao rematar a súa proba.
Os tres primeiros clasificados da categoría absoluta, homes e mulleres, recibirán un
trofeo.
ARTIGO 9 – Descualificacións
Todo participante que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na
zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da
Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, será
descualificado.
Na proba absoluta, a organización establece un peche de control 45 minutos despois
da saída.
ARTIGO 10 – Asistencia
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a
organización. Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas que poidan acompañar,
avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Non se permite a participación con
coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.
Non está permitida a participación con dispositivos reprodutores de música con
auriculares.
ARTIGO 11 – Reclamacións
As reclamacións aos resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz
Arbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos
mesmos.
ARTIGO 12 – Asistencia médica e seguros
A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta
desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da
finalización.
Os servizos médicos e o Xuíz Árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
Todos/as os/as participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como
consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos
derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler,
entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou
en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo/a participante cede os seus
dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
ARTIGO 13 – Aceptación do regulamento
Todos/as os/as participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira,
aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación
non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador
e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos
básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de
seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a
xestión da licenza de día de ránking popular e probas de ruta. En todo caso e tal
como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os
seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito á
Federación Galega de Atletismo. Praza Agustín Díaz, s/n, C.P. 15008, A Coruña ou
correo electrónico a federacion@atletismo.gal.

[ Go Back ]