Calendario
Ver carrera

Culleredo-Parkinson

27/10/2019 10:30 - 12:30

[ Go Back ]

Descripción III CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS POLO PÁRKINSON

REGULAMENTO

1/ ORGANIZACIÓN
A Asociación Parkinson Galicia Coruña organiza, en colaboración co Concello de Culleredo e
coa Asociación Castelo Deporte, unha carreira e andaina prevista para o domingo, 27 de outubro
de 2019.

2/ DENOMINACIÓN
A proba recibe a seguinte denominación: “III Carreira e andaina solidaria polo párkinson”.

3/ DATA E LUGAR
A proba celebrarase o domingo, 27 de outubro, no Paseo Marítimo da Ría do Burgo, no termo
municipal de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ao pé da ría, na zona das
pistas polideportivas.

4 / CATEGORÍAS
Establécense unha categoría única para a carreira, que se desenvolverá de xeito paralelo a
unha andaina popular nun circuíto anexo.

5 / HORARIOS
A Carreira e andaina solidaria polo parkinson consta de dúas distancias para cada unha das
probas:
Carreira 10 km. 10.30 horas
Andaina 4 km. 10.30 horas

6 / INSCRICIÓNS
Permanecerán abertas ata o 17 de outubro ás 23.59 horas na web www.emesports.es ou ata
agotar os 700 dorsáis disponibles (350 carreira, 350 andaina). O prezo da mesma será de 10
euros, agás para os nenos menores de 13 anos, que contarán cun prezo reducido de 5 euros.
Os menores de idade deberán cumplimentar esta autorización paterna, materna ou do/a
titor/a legal para poder participar en calquera das distancias. Esta deberá ser presentada no
momento da recollida do dorsal. No caso de non presentar dita autorización, non será posible
a participación do/a menor na proba, non sendo reembolsable o importe da mesma en
ningún dos casos.

7 / PREMIOS
Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina.

8 / DORSAIS E CRONOMETRAXE
A proba estará cronometrada pola empresa Emesports. Os chips de cronometraxe entregaranse
aos participantes xunto co dorsal, e se poderán recoller en Decathlon Oleiros do 24 ao 26 de
outubro, en horario comercial. Tamén se poderán recoller o propio día do evento de 9:00h a
10:00h.

9 / AVITUALLAMENTOS
Para a carreira, situarase un punto de avituallamento intermedio e na zona de saída e meta. Polos
dous puntos os participantes pasarán en dúas ocasións. No caso da andaina haberá un
avituallamento na meta.

10 / CAMISETAS
Cada participante terá acceso, coa inscrición, a un kit do corredor, que incluirá unha camiseta
técnica conmemorativa.

11/ SERVIZOS
Contamos cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, os
participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da proba.
Ademáis contamos co servizo de duchas situado no CEIP RÍA DO BURGO, con dirección Rúa
María Cagiao, 8 Culleredo – A Coruña.

12 / DEREITOS DE IMAXE
Os participantes autorizan á organización (Asociación Parkinson Galicia – Coruña, Asociación
Castelo Deportes e Concello de Culleredo) e a todos os patrocinadores e colaboradores do
evento, a empregar calquera tipo de imaxe ou gravación en posteriores edicións como soporte
publicitario, xa sexa en medios dixitais (redes sociais, televisión, web…) ou en papel (carteis,
xornais…).

13 / VARIOS
 A organización non devolverá o prezo da inscrición no caso de que o participante non poida
asistir o día do evento. Tampouco se permitirá transferir a inscrición a outra persoa. O dorsal é
persoal e intransferible, e serve como identificación do participante.
 Os participantes participan pola súa propia vontade e iniciativa, asumindo os riscos e
consecuencias derivadas da súa participación, polo que a organización non se fai
responsable dos seus danos, perxuizos ou lesións por calquera tipo de neglixencia.
 A organización non se fai responsable da perda de calquera efecto persoal ou os danos que
poidan producirse neles, como cámaras fotográficas, teléfonos móbiles, roupa, billeteiras,
gafas, documentos persoais, chaves ou calquera outro artigo de valor.
 Se as condicións meteorolóxicas fosen adversas, ou se existira algunha outra causa xustificada
allea á organización, considerarase o aprazamento do evento, o que será comunicado a
través das canles oficiais nas horas previas ao inicio do mesmo.
 Ao rexistrarse, os participantes dan o seu consentimento para que os organizadores, por si
mesmos ou a través de terceiros, traten os seus datos persoais automáticamente e
exclusivamente para fins deportivos, promocionais ou comerciais. De acordó co estrablecido
na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, o
participante ten dereiro a acceder a estes arquivos para rectificar ou cancelalos de forma
total ou parcial o seu contido. Para iso, debes solicitar por escrito á Asociación Parkinson
Galicia-Coruña (Rúa Jazmines, 10 A Coruña).

[ Go Back ]