Calendario
Info da proba

Piñor

06/10/2019 10:00 - 13:30
Regulamento V ANDAINA E TRAIL DE OUTONO (PIÑOR)

1. DATA: domingo 6 de outubro de 2019

2. ORGANIZA: Concello de Piñor

3. INFORMACIÓN DAS PROBAS:
A. TRAIL 14 KM
- LUGAR DE SAÍDA E META: CAMPO DA FESTA ARENTEIRO
- SAÍDA TRAIL: 11:00 horas
- CATEGORÍAS:
 VM1Veteranas I, dende 1978 e anteriores
 VF1Veteranas I, dende 1978 e anteriores
 SM Sénior masculino, dende o 2000 ata 1979
 SF Sénior femenina, dende 2000 ata 1979
B. ANDAINA 14 KM
- LUGAR DE SAIDA E META: CAMPO DA FESTA ARENTEIRO
- SAIDA: 10:00 horas
Será de velocidade libre pero existen horas de corte.

4. CUSTO E LUGAR DE INSCRICIÓNS
 TRAIL: 10,00 €
 ANDAINA: 5,00 €
 MENORES DE 16 ANOS (SÓ ANDAINA E EMPADROADOS NO CONCELLO): 0€
INSCRICIÓNS: ata as 23:59 do mércores 2 de outubro de 2019 na páxina:
www.cronotec.es
 O pagamento deberá efectuarse preferiblemente a través de ingreso bancario
individualizado no seguinte número de conta:

ABANCA: ES13 2080 5291 3131 1002 7128

No concepto debe figurar nome e apelidos da persoa que se inscribe e indicar Andaina
ou Trail.
No caso de non poder facer o ingreso bancario, deben efectuar o pagamento nas
oficinas do concello.
Non se reserva praza ata que se efectue o pagamento, ou se remita xustificante
bancario da transferencia a info@pinor.es
*Non se admitirán inscricións fóra de prazo baixo ningún concepto.
*É preciso a inscrición de todos os participantes, incluídos os menores de 16 anos que non
teñan que pagar o custo da inscrición.
Todos /as os/as deportistas recibirán un agasallo conmemorativo da proba.
PRAZAS LIMITADAS

5. RECOLLIDA DE DORSAIS E DUCHAS
Os dorsais recolleranse a partir das 9:00 h do día da carreira no lugar habilitado ao
efecto. O lugar da recollida de dorsais será no campo da festa Arenteiro.
As duchas estarán situadas aproximadamente a 2 km do lugar da celebración da proba.

6. PREMIOS E TROFEOS
o Medalla para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría.
o Medalla para os tres primeiros homes locais.
o Medalla para as tres primeiras mulleres locais.
o Medalla para os MENORES DE 16 ANOS que cheguen a meta na Andaina.