Calendario
Ver carrera

Mondariz

02/11/2019 16:30

[ Go Back ]

Descripción Regulamento

1.- REGULAMENTO
PREVIO Á CARREIRA

Art. 1º.- Todos os participantes polo feito de inscribirse declaran coñecer, entender e aceptar o presente regulamento

Art. 2º.- A Asociación Deportiva Mondariz con CIF G94138070, xunto co a colaboración do concello de Mondariz, con
CIF: P-3603000-E Organizan, o sábado 2 de novembro de 2019, a partires das 16:30 horas a “V Carreira Popular de
Mondariz” sobre un trazado urbano de 7 Km.

Art. 3º.- PARTICIPANTES E CATEGORIAS.
Poderán participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos
establecidos para o efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
Categorías Establecidas:
A proba estará aberta a todos os atletas que estén comprendidas entre as seguintes idades.
Categoría de menores:
CADETES: Nados entre os anos 2004/2005
INFANTILES: Nados entre os anos 2006/2007
ALEVINES: Nados entre os anos 2008/2009
BENJAMINES: Nados entre os anos 2010/2011
PREBENJAMINES: Nados entre os anos 2012/2013
PITUFOS: Nados entre os anos 2014/2015
CHUPETES: Nados entre os anos 2016/2019
V Carreira Popular de Mondariz
Categoría Absoluta:
SENIOR: Nados entre os anos 2003/1984.
VETERANOS A: Nados entre os anos 1983/1974
VETERANOS B: Nados no ano 1975 en diante.

Art. 4º.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación
da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se expoñen deseguido:
- Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma posuír un nivel de condición física
suficiente para afrontar a proba e ter pasado os pertinentes controis médicos de saúde.
- A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta
de forma física do/a participante.
- O/A participante exime de toda responsabilidade á organización de calquer perxuizo que puidera derivarse da
súa participación no evento ( Ex. Perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de
lesións, atropelos, agresións...)
- Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións, carteis ... para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa e por escrito
dirixida o concello de Mondariz.
A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións expostos no
presente regulamento. No caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que
dispoña a Organización.
V Carreira Popular de Mondariz
Art. 5º.- INSCRICIÓNS.
Faranse na web Championchipnorte.com, ata as 23:59 horas do 30/10/19, non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba.
O custe da inscrición será de 5 euros por participante, agás as categorías de menores.
(Un euro de cada inscrición será destinada a “Asociación Asfega de Galicia”. Asociación de fenilcetonuria e outros
trastornos metabólicos de Galicia).
A inscrición considerase finalizada ao facer o pago desta e non se retornará o importe da inscrición por ningunha
circunstancia.
A inscrición da proba é persoal e intransferible.
A inscrición na proba absoluta quedará limitada a 200 participantes.
A inscrición de menores poderá facerse a través do formulario disposto na web da organización: admondariz.org ou na
paxina web https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1882/v-carreira-popular-de-mondariz , indicando nome e apelidos, data de nacemento, dirección, teléfono de contacto e DNI se o tivese.
O DÍA DA PROBA

Art. 6º.- RECOLLIDA DE DORSAIS.
Farase na zona de saída, na Casa Rectoral de Mondariz, nun lugar habilitado pola organización, a partires das 15:30 en
diante.
O dorsal terá que ir colocado na parte dianteira ben visible en todo momento, sen que poida ser tapado por un chaleco,
chaqueta ou calquer outra prenda.
Na mesma zona farase a entrega da bolsa do corredor.
Os participantes disporán dun servizo de gardarroupa na zona de saída e meta.
V Carreira Popular de Mondariz

Art. 7º.- PERCORRIDO.

A carreira absoluta fará un percorrido de 7 km, comprendendo parte urbana po las ruas de Mondariz e rematará no centro do pobo.
Dando comenzo a proba as 17:00h
O corte da carreira será de unha hora, Todo aquel que non chegou a meta despois deste tempo, quedaría descalificado.

As carreiras de menores faranse por un circuito totalmente urbano, realizandose na seguinte orde e horario:

16:30 h- CADETES: Nados entre os anos 2004/2005 Circuito de 1500m (aprox)

16:40 h- INFANTILES: Nados entre os anos 2006/2007 Circuito de 1200m (aprox) .

O rematar a carreira absoluta saldrían os mais cativos:

18:10 h- ALEVINES: Nados entre os anos 2008/2009 Circuito de 900m (aprox) 3 voltas a praza.

18:20 h-BENJAMINES: Nados entre os anos 2010/20011 Circuito de 600m (aprox) 2 voltas a praza

18:30 h-PREBENJAMINES: Nados entre os anos 2012/2013 Circuito de 300m (aprox) 1 volta a praza

18:40 h- PITUFOS: Nados entre os anos 2014/2015 Circuito de 100m (aprox)

18:45 h- CHUPETES: Nados entre os anos 2016 ata 2019 Circuito de 100m (aprox)

Avituallamento: Líquido no Km 4,5 aproximadamente e especial na liña de meta.

Art. 8º.- SERVICIOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES.
A Organización disporá dun servizo médico formado por un/ha médico, un/ha enfermeiro/a e unha ambulancia, situados
na zona de saída e chegada
A Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente Nº PÓLIZA: G3R361001324.
Contratado con Generali Seguros.
V Carreira Popular de Mondariz
Así mesmo, tódolos participantes non federados, disporán dun seguro de accidentes, por lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.

Art. 9º.- DESCALIFICACIÓNS.
O servizo médico da competición ou o director de carreira, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que
manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a
publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.

Art. 10º.- PERSOAS NON INSCRITAS.
Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é
advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA

Art. 11º.- PREMIOS.
O rematar farase a entrega de trofeos, hora estimada 19:00h.
Haberá trofeos para os tres primeiros da clasificación da proba absoluta, tanto feminina coma masculina, e serán
obsequiados coa cantidade de 100 Euros para o primeiro, 75 Euros para o segundo e 50 para o terceiro. A se mesmo
haberá trofeos para os tres primeir@s clasificados da proba absoluta nados en Mondariz. Tamén haberá trofeos para as
categorías da Carreira Absoluta, tanto masculina como femenina.
Tamén tendrán trofeos as categorias menores tanto masculino como feminino excepto os pitufos e chupetes que serán
obsequiados cun agasallo.
V Carreira Popular de Mondariz

Art. 12º.- SERVIZO DE DUCHA.
Os participantes disporán dun servizo de ducha no pavillón de Mondariz ou no colexio Publico de Mondariz
Para máis información: http://admondariz.org/v-carrera-popular-de-mondariz/#

Correo: info@admondariz.org

Inscricions: https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1882/v-carreira-popular-de-mondariz

[ Go Back ]