Calendario
Ver carrera

Ribadavia

22/12/2019 10:00

[ Go Back ]

Descripción VI CARREIRA PEDESTRE RIBADAVIA
• Data: Domingo, 22 de decembro de 2019
• HORARIO E LUGAR DE SAÍDA
- A proba absoluta disputarase ás 11:00 horas, e terá a Saída e Meta na Praza Maior.
- A Carreira Absoluta terá 2 distancias de 10Km e 4,5Km, sendo a de 4,5Km de promoción e iniciación.
- Haberá 5´de diferencia entre as saidas dos 10K e dos 4,5K
- As carreiras de menores comenzarán as 10:00 excepto as carreiras de Biberóns e Pitufos que comenzarán una vez que rematen a carreira dos maiores

• CATEGORÍAS E ORDE DE SAIDA DOS MENORES
 A Carreira Prebenxamin - 300m aprox. (7-6 cumpridos no ano)
 A continuación, Sub 10 - 500m aprox. (2010 - 2011)
 A continuación, Sub 12 - 700m aprox. (2009 - 2008)
 A continuación, Sub 14 (2007 - 2006) e/sub 16 (2005 - 2004)- 2000m aprox.
 11:00, Carreira Xuvenil /sub18 – 4.500 m aprox (2003-2002) correrán na carreira de 4,5K cos adultos
 Carreira biberons (50 metros) (0-1-2 cumpridos no ano) despois da absoluta
 Carreira Pitufos - 100m aprox. (5-4-3 cumpridos no ano) depois dos Biberons


• CATEGORÍAS NA CARREIRA ADULTOS 10K MASCULINAS E FEMININAS
- Sub 23: Nados desde 1996 ata o 2001
- Sénior: 24 a 34 anos cumpridos a 31/12
- Máster A: De 35 a 44 anos cumpridos a 31/12
- Máster B: De 45 a 54 anos cumpridos a 31/12
- Máster C: De 55 a 64 anos cumpridos a 31/12
- Máster D: + De 65 anos cumpridos a 31/12

• CATEGORÍAS NA CARREIRA ADULTOS 4,5K MASCULINAS E FEMININAS
- Sub18 (2003/2002)
- Absoluta

• RECOLLIDA DE DORSAIS:
- O Domingo 22 de decembro 2019, ata 30 minutos antes da salida de adultos na secretaría de competición (Concello de Ribadavia)

• CONTROL TECNICO DA CARREIRA
- A carreira estará baixo o control técnico de Cronotec

• SISTEMA DE CRONOMETRAXE
- A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal- Cronotec. Haberá puntos de control ao longo do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control establecidos poderán ser descalificadas se así o decide o xuíz árbitro da proba, coa consecuente eliminación dos resultados finais oficiais.

• INSCRICIÓNS E PRAZOS
- A proba absoluta ten un custe de 5 € a través de www.cronotec.es ata o 18 de decembro ás 23:59h
- Todos os inscritos na carreira de adultos terán un obsequio recordó da proba.
- Menores: A inscripción Gratuíta . A matrícula da proba de menores pode realizarse ata o 20 de decembro en www.cronotec.es

• A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as seguintes indicacións:
- Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descalificado/a.
- Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados cada kilómetro. O control de chegada pechará 1h15’ despois sa saida da carreira
- A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

• SERVIZOS
- Vestiarios e duchas: PAVILLON MUNICIPAL O CONSELLO
- Os resultados serán expostos ó remate da proba, e na web www.cronotec.es

• ENTREGA DE PREMIOS
- A entrega de premios será ó finalizar a proba dos mais pequenos.
- Recibirán obsequio conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría da carreira de “Adultos” Nas carreiras de menores recibirán todos un presente
- Premio Local: 1º e 1ª do Concello de Ribadavia na carreira de 10K
- Os premios non son acumulativos a excepción do premio Local
- Equipos: Premio especial por equipos que estarán formados por 5 atletas en chegar a meta, tento que ser a lo menos 2 integrantes do equipo dun sexo (pode ser 3 masculinos e 2 femininos, ou 3 femininos e 2 masculinos).

[ Go Back ]