Calendario
Ver carrera

Chantada - Trail Vía Romana

24/11/2019 9:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO TRAIL DESAFIO VIA ROMANA

1. DISTANCIAS:
Trail longo: 28km D+1900 D-1650. Dificultade media-alta.
Trail:19km D+1180 D-1050. Dificultade media-alta.
Mini trail: 10km D+600. Dificultade media-baixa.

2.HORARIO:
Domingo 24 de novenbro de 2019.
Saída: Aldea de Belesar (Chantada-Lugo).
-Trail longo: 9:00
- Trail: 9:00
-Mini trail: 10:00
Meta: Adega Via Romana.
Recollida de dorsais:
-Sábado dia 23 de novembro DE 18:00 A 20:00 na Casa da Música de Chantada.
-Domingo 24 de novembro de 7:30 a 8:45 para o TRAIL LONGO e o TRAIL, e para o MINITRAIL de 7:30 a 9:45 na carpa habilitada na zona de saida da carreira.
Puntos de corte:
Trail Longo: todo corredor deberá pasar polo punto kilométrico 18 aproximadamente, situado no lugar de Belesar,como máximo 4h despois do comezo da proba.
Trail:estará situado no lugar de Pincelo km 12 aprox
Peche de meta: 15:00h.

3.INSCRIPCIONS:
-Plataforma: www.championchipnorte.com
-Peche de inscripcións: XOVES 21 de novembro as 23:59 horas.
- Precio de inscripción:
TRAIL LONGO: Primeiro tramo, ata o 31 de outubro – 20 €uros. Segundo tramo, do 31 de outubro o 21 de novembro- 28 €uros.
TRAIL: Primeiro tramo, ata o 31 de outubro 18 €uros. Segundo tramo, do 31 de outubro o 21 de novembro 25 €uros.
MINITRAIL: Primeiro tramo, ata o 31 de outubro 12 €uros. Segundo tramo, do 31 de outubro o 21 de novembro 16 €uros.

*(inclue seguro de RC e accidentes, bolsa do corredor, servizo de duchas, avituallamentos durante a carreira e o final da mesma, servizo de cronometraxe, dorsal personalizado, etc…)

4.CATEGORIAS E PREMIOS:
- TRAIL LONGO, TRAIL E MINITRAIL:
- 3 primeiros corredores masculinos na clasificación absoluta.
-3 primeiras corredoras femeninas na clasificación absoluta.
-3 Veteranos masculino, de 43 anos en adiante.
- 3 Veteranas feminina, de 43 anos en adiante.
-1 clasificado masculino empadroado no Concello de Chantada
- 1 clasificada feminina empadroada no Concello de Chantada.
- Trofeo o Club máis numeroso, neste caso contabilizarán tódalas corredoras e corredores que compitan en calquera das 3 categorías (trail longo, trail e minitrail).
*Os trofeos non serán acumulativos.

NOTAIMPORTANTE: A Organización da carreira e o seu criterio poderá retirar da carreira a calquera corredor cando consideren que esten mermadas as súas capacidades físicas ou técnicas como causa de fatiga, ou se as súas condicións non son apropiadas para continuar na carreira

5. AVITUALLAMENTOS:
TRAIL LONGO- haberá un total de 6 avituallamentos:
Km7 - líquido.
Km9- sólido e líquido.
Km 13-sólido e líquido.
Km 18-líquido.
Km 23- líquido.
Meta- sólido e líquido.

TRAIL- haberá un total de 5 avituallamentos:
Km7 - líquido.
Km9- sólido e líquido.
Km 13-sólido e líquido.
Km 18-líquido.
Meta: sólido e líquido.

MINI TRAIL: haberá 3 avituallamentos:
Km 4: líquido.
Km 9: líquido.
Meta: sólido e líquido.

*NOTA IMPORTANTE: RECOMENDASE USO DE SISTEMA DE HIDRATACION PROPIO. En caso de que a Organización o considere oportuno polas condicións climatolóxicas, moveranse ou aumentarase o número de avituallamentos.

6.COMPETIDORES:
[Símbolo] Todo corredor ten a obriga de prestar socorro a outro participante que esté en perigo ou accidentado, estando obrigado a comunicalo o control mais cercano inmediatamente. A privación de auxilio será penalizada coa descalificación inmediata.
[Símbolo] E obriga do corredor de portar consigo calquer residuo que xenere: envases, papeis, residuos orgánicos, etc..ata os lugares sinalados e habilitados pola organización.
[Símbolo] Todo corredor deberá realizar o percorrido marcado e balizado pola organización. Non respetalo ou non pasar por algún dos controis establecidos será causa de penalización que será determinada pola Organización e que poderá ser dende amonestación ata a descalificación total, segundo o caso.
[Símbolo] Os participantes deberán seguir durante toda a carreira as instruccións dos membros da Organización.
[Símbolo] Os competidores deberán comportarse en todo momento deportivamente e mostrarse respetosos cos demais deportistas, voluntarios e membros da organización. Ademais, deberán ser respetuosos coas instalacións habilitadas para a proba.
[Símbolo] Un corredor poderá retirarse sempre que él o desexe, pero deberá facelo de acordo cos seguintes puntos: Retirarase nun control poñendose en contacto con algún voluntario ou membro da organización. O corredor asumirá toda responsabilidade dende que avandone voluntariamente a proba. A organización facilitará na medida do posible, a evacuación a zona de meta dos corredores que decidan abandonar.

7.MATERIAL OBLIGATORIO:
TRAIL LONGO E TRAIL: teléfono móvil con batería, 0.500 l de auga e manta térmica.

8.MEDIO AMBIENTE:
A carreira desarrollase en gran parte por paraxes de excepcional beleza natural, polo que será obligatorio para todolos participantes preservar o entorno, estando prohibido tirar desperdicios fora das zonas establecidas nos avituallamentos. Será motivo de descalificación incumplir esta norma elemental por parte dos participantes.

9.OUTROS DATOS DE INTERESE PARA OS CORREDORES:
-DUCHAS: habilitaranse as duchas das Piscinas Municipais de Chantada. Sairá periódicamente un microbus cos participantes que vaian chegando a meta, este mesmo vehículo os traerá de volta para a entrega de premios. Para que todo isto transcurra ca fluidez necesaria, os corredores que queiran dispoñer deste servizo deberan deixar na carpa habilitada na zona de saida o material que consideren oportuno, o cal a organizacion identificará con número de dorsal e será entregado na zona de meta.
-Tamén estará a disposicion dos participantes o Pavillon Municipal a noite do sábado para o domingo para todos aqueles que queiran facer noite. Sería necesario chamar ou enviar wasap o 699983657 para ter unha previsión do número de persoas e confirmar horario de chegada.

10.DESCARGO DE RESPONSABILIDADE:
Os participantes da proba entenden que o fan baixo a súa responsabilidade e de forma totalmente voluntaria. Recae sobre eles a decisión de tomar a saída así como a realización da carreira. Os participantes eximen i exoneran a organización das reclamacións ou demandas baseadas en supostas accions ou non accions de participantes ou outros que actuén o seu favor. Así como das reclamacións ou demandas resultantes de danos que podan sucederlles os participantes e os seus materiais, incluidos a perdida ou extravío. En ningún caso a organización farase responsable de accidentes que deriven dunha imprudencia, neglixencia, inobservancia das normas e do reglamento, así como nos producidos nos desplazamentos o e desde o lugar onde se desenrola a proba. Os corredores aceptarán, no momento de realizar a súa inscripción, íntegramente o DESCARGO DE RESPONSABILIDADE.

[ Go Back ]