Calendario
Info da proba

Viveiro

23/11/2019 16:30
Regulamento XXI Carreira Popular Concello de Viveiro

A PROBA CELEBRARASE O
PRÓXIMO DÍA 23 DE NOVEMBRO
COMO EN ANOS ANTERIORES
A CARREIRA SERÁ SOLIDARIA CON CARITAS, TENDO QUE APORTAR
ALIMENTOS NON PERECEDEIROS OU PRODUCTOS DE HIXIENE PERSOAL NO
MOMENTO DE RECOLLER OS DORSAIS.

PARA REALIZAR A
INSCRIPCIÓN, TEDES DE PRAZO ATA O DÍA 21 DE NOVEMBRO E NECESITAMOS OS SEGUINTES DATOS:
NOME E APELIDOS
DATA DE NACEMENTO
DNI
AS INSCRIPCIÓNS
FARANSE NESTE MESMO EMAIL OU POR TELÉFONO
NO:982598160
PARA CALQUERA DÚBIDA
CONSULTÁDENOS SEN PROBLEMA.
A CONTINUACIÓN
POÑÉMOSVOS TODA A INFORMACIÓN:

SABADO 23 DE NOVEMBRO ÁS 11:00 DA MAÑÁ: Carreiras Categorías Menores ( saída xunto ó pabellón municipal )
E ÁS 16 :30 DA TARDE: Carreira Absoluta ( saída xunto ó pabellón municipal )

Regulamento Xeral da Carreira Popular

1º A saída e a meta estarán situadas a carón do Pabellón Municipal.

2º O percorrido será de 12500 metros aproximadamente ( 2 voltas a un circuíto)

3º A organización, ó ser unha proba popular e gratuíta, declina toda a súa responsabilidade polos danos que pola participación da mesma, poda sufrir un participante, tanto se son orixinados por si mesmos ou por terceiros.

4º Toda persoa que participe na proba con datos falseados, sen dorsal, sen estar inscrito ou non realice o percorrido completo, non terá dereito a premio e será descalificado.

5º As discrepancias que puideran acontecer comunicaranse de maneira verbal á organización, que se pronunciará de inmediato e o seu dictamen será inapelable.

6º Os participantes polo feito de inscribirse e de tomar a saída, coñecen e aceptan o presente regulamento.

7º Haberá duchas ó remate da proba.

8º Todo participante terá que doar algún alimento non perecedeiro ou productos de hixiene persoal ó recoller o dorsal[u]

9º Entregaranse dorsais ata as 10:30 ás categorías inferiores, e ata as 16:00 para a carreira absoluta.

10º As inscripcións formalizaranse ata o día 21 de novembro,
no número de teléfono: 982-598160
e no email: egovarros@gmail.com
PARA A INSCRIPCIÓN NECESITAMOS NOME E APELIDOS, DATA DE NACEMENTO E DNI

CATEGORÍAS

A Biberón: 0-7 anos
B Benxamín: 8-10 anos
C Alevín Feminino: 11-12 anos
D Alevín Masculino: 11-12 anos
E Infantil Feminino: 13-14 anos
F Infantil Masculino: 13-14 anos
G Cadete Feminino: 15-16 anos
H Cadete Masculino: 15-16 anos
I Xunior Feminino: 17-20 anos
J Xunior Masculino: 17-20 anos
K Senior Feminino: 21-34 anos
L Senior Masculino: 21-34 anos
M Veteranos A Masculino: 35-39 anos
N Veteranas A Feminino: 35-44 anos
O Veteranos B: 40-44 anos
P Veteranas B: 45-54 anos
Q Veteranos C: 45-49 anos
R Veteranas C: 55 en adiante
S Veteranos D: 50-54 anos
T Veteranos E: 55-59 anos
U Veteranos F: 60-69 anos
V Veteranos G: 70 en adiante

PERCORRIDO

100 metros para a categoría A
900 metros para as categorías B C
1900 metros para as categorías D E
2900 metros para as categorías F G
12500 metros para o resto das categorías

TROFEO para os 3 primeiros de cada categoría.
MEDALLAS conmemorativas da proba, para todos os participantes das categorías menores
CAMISETAS para tódolos participantes que rematen a proba o domingo

O C.D.EGOVARROS-VIVEIRO quere da-las gracias ás Institucións e casas comerciais que colaboran na XXI Carreira Popular Concello de Viveiro