Calendario
Info da proba

Bueu

09/11/2019 17:00 - 19:00
Regulamento XXIV CARREIRA PEDESTRE DE SAN MARTIÑO BUEU 2019

1) PRESENTACIÓN.

O Club Atletismo Corredoiras coa colaboración do servizo de deportes do concello de Bueu organiza o sábado 9 de novembro a XXIV Carreira Pedestre de San Martiño.
As probas, tomarán a saída na zona da Avda. de Montero Rios, á altura do Museo Massó. En primeiro lugar, a partir das 17:00h celebraranse as carreiras de categorías inferiores e posteriormente, ás 19:00 horas disputarase a carreira de 6 quilómetros.
Ámbalas dúas competicións serán de carácter popular e non se precisa posuír licenza federativa.

2) CARACTERÍSTICAS DAS COMPETICIÓNS.

2.1.- CARREIRAS CATEGORÍAS INFERIORES (dende chupete ata cadete).

• Realizaranse diferentes distancias segundo as diferentes categorías.
• Os tempos serán recollidos manualmente polos xuíces da proba e soamente se tomará a referencia dos tres primeiros clasificados.

Categorías:
´
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO
CHUPETE 2015 a 2017
MINIBENXAMÍN 2013 a 2014
BENXAMÍN 2011 a 2012
ALEVÍN 2009 a 2010
INFANTÍL 2007 a 2008
CADETE 2005 a 2006

Categorías e horarios

CATEGORÍAS DISTANCIA HORARIO*
Alevín feminino 1000 metros 17:00 h
Alevín masculino 1000 metros 17:10 h
Infantil masculino/feminino 2000 metros 17:20 h
Benxamín feminino 500 metros 17:35 h
Benxamín masculino 500 metros 17:45 h
Cadete masculino/feminino 3000 metros 17:55 h
Minibenxamín masculino 300 metros 18:15 h
Minibenxamín feminino 300 metros 18:25 h
Chupete (conxunta) 100 metros 18:35 h

*Os horarios son totalmente orientativos, podendo variar ata en +- 10 min. Segundo o desenrolo das probas.
**Ver percorridos ó final do regulamento
2.2.- CARREIRA CATEGORÍA ABSOLUTA (dende xuvenil ata veterán “F”).

• Circuíto urbano (asfalto, totalmente plano) de 2 km. de percorrido (1 Km. ida e 1 Km. volta) ao longo da Avda. De Montero Rios (beiramar) ó que se darán 3 voltas, para así completar os 6 Km. dos que consta a proba absoluta.
• Tanto a saída como a chegada estarán situadas á altura do museo Massó
• Poderán participar tódalas persoas maiores de 15 anos que o desexen. O corredor/a debe estar ben preparado fisicamente para a carreira, gozar de boa saúde xeral, sen padecer ningunha enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita proba.
• O deportista asume que para a realización da proba é necesaria unha condición física, psíquica e deportiva.
Categorías absolutas
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO
XUVENIL 2003 a 2004 (DE 15 A 16 anos*)
SENIOR 1980 a 2002 (DE 17 A 39 anos*)
VETERÁN “A” 1979 a 1975 (DE 40 A 44 anos*)
VETERÁN “B” 1974 a 1970 (DE 45 A 49 anos*)
VETERÁN “C” 1969 a 1965 (DE 50 A 54 anos*)
VETERÁN “D” 1964 a 1960 (DE 55 A 59 anos*)
VETERÁN “E” 1959 a 1955 (DE 60 A 64 anos*)
VETERÁN “F” 1954 e ANTERIORES (65 E SUPERIORES*)
*Anos cumpridos a 31 de decembro de 2019.
Horarios

CATEGORÍA DISTANCIA HORARIO**
Absoluta 6000 metros 19:00 h

**Os horarios son totalmente orientativos, podendo variar ata en +- 10 min. Segundo o desenrolo das probas.


2.3.- NORMATIVA PARA TÓDALAS CARREIRAS.
• Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
• Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a Organización.
• Disporase de servizo de duchas.
• A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos corredores.
• Quedará descualificado/a desta proba toda persoa que:
o Non complete a totalidade do recorrido.
o Deteriore ou ensucie o entorno.
o Non leve o seu dorsal ben visible.
o Desatenda as indicacións da organización.
o Non cumpra o presente regulamento
• A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan, ou por causas de forza maior.
• Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización, quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en moto, bicicleta, ou outro medio por todo o circuíto.
• A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
• Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado. Todos os participantes inscritos na marcha están amparados por un seguro de responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante.

3) INSCRICIÓNS.
• As inscricións faranse na web www.galitiming.com cun costo de 7€ por participante para a categoría absoluta de 6 Km. que inclúe o dorsal, froita e bebidas.
• As inscricións serán gratuítas dende a categoría chupete a cadete a través da mesma páxina. Excepcionalmente aceptaranse inscricións na categoría chupete ata 30 minutos antes de comezar a proba.
• Nos colexios de Bueu repartiranse formularios de inscrición que deben ser devoltos con data límite o 1 de Novembro de 2019.
• A data límite de inscrición será o 7 de novembro.
• Non se admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo.
• A organización non ten o deber de devolver a inscrición en caso de que o atleta non puidera participar.

4) PERCORRIDO
• Circuíto urbano (asfalto, totalmente plano) de 2 km de percorrido . (1 km ida e 1 km. Volta) ao longo da Avda. De Montero Rios (beiramar).

5) ENTREGA DE PREMIOS.
• Chupetes: Medallas para tod@s os participantes.
• Resto de categorías: Trofeo para os tres primeir@s clasificados(trofeos non acumulativos)
• Absoluta: Recibirán os seguintes premios en metálico, tanto na categoría feminina como masculina:
1º Clasificad@: 100€
2º Clasificad@: 75€
3º Clasificad@: 50€