Calendario
Info da proba

Carballo-Trail Race

02/02/2020 9:30 - 14:00
Regulamento INSCRICIÓNS EN:
https://carreirasgalegas.com/carreira/carballo-trail-race-2020/0b3082f0-2daa-7faa-53b5-39f0f0dfc0a9

Regulamento TRAIL RAZO-CARBALLO 2020
Artigo 1: Organizador e denominación da proba. O Concello de Carballo organiza o
“CARBALLO TRAIL RACE 2020”, proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA en adiante)
por pistas e camiños non asfaltados na súa meirande parte e sobre distanzas de
aproximadamente 30 Km, e 11 Km na opción curta, e baixo o control técnico do Comité de
Xuíces da FGA.
Artigo 2: Entidades Colaboradoras. Colaboran na organización da proba a FGA, a Agrupación
de Voluntarios de Protección Civil de Carballo e a Agrupación Deportiva Media Ducia.
Artigo 3: Participantes . No “CARBALLO TRAIL RACE 2020”, pode participar toda persona nada
nas datas correspondentes por categoría, esté ou non federada, ate un máximo de 400, con
excepción das limitacións impostas pola regulamentación propia da Federación Galega de
Atletismo para a participación de atletas federados de outras Federacións Autonómicas.
Cada participante acude a proba baixo a súa responsabilidade ou a do seu adestrador persoal ca
forma física axeitada para realizala e cos controis médicos oportunos e por tanto asume
persoalmente e exime á organización calquera incidente ou lesión acaecida por esa causa ou por
actitude imprudente e/ou neglixente durante a participación.
Artigo 4: Inscricións.
As inscricións son persoais e non transferibles, supoñendo a aceptación de todo o disposto no
presente regulamento e incluíndo o servizo de seguro ó que obrigan os preceptos legais.
Prazo de Inscricións. Admítense ate o día 29 de xaneiro de 2020 ou ata acadar as
400 prazas.
As formas e lugares de inscrición son:
a) Na web http://www.carreirasgalegas.com
Ojo morado Na web www.carballo.gal, no enlace creado ó respecto.
c) Información sobre a proba e asesoramento para a inscrición: nas oficiñas do Concello de
Carballo “Carballo Deporte” sitas na rúa Corcubión sn e nº teléfono 981702109.
Cuota de Inscrición e forma de pago: Establécense cuotas de inscrición de 6 € para o trail
curto e 10 € para o trail longo.
Aboarase no momento da inscrición na plataforma http://www.carreirasgalegas.com
Artigo 5: Data, probas, categorías e horarios. A data de celebración é o domingo día 2 de
febreiro de 2020.
A creación de cada categoría condiciónase á necesidade de que se presente na liña de saída
un mínimo de 10 atletas do mesmo sexo por categoría e de 5 no caso dos veteráns para a
constitución das mesmas. Os atletas das categorías non constituídas serán asignados á
categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.
Celébranse as seguintes probas, horarios e categorías:
Trail Curta
Categoría Datas de
Nacemento
Distanza Hora
de
Saída
Hora
final
Tempo
Máx.
Xuvenil Sub 18
Feminina
2004,2003
11.000 m 9:30h. 11:15h. 1 h 45
min.
Xuvenil Sub 18
Masculino
Senior Feminina Nados dende o
2/02/1980 ate o
Senior Masculino 2002
Veteráns Feminina Nados do
1/02/1980 e
Veteráns Masculina anteriores
Trail Longa
Categoría Datas de Nacemento Distanza Hora
de
Saída
Hora
final
Tempo
Máx.
Senior Feminina Nados dende o
2/02/1980 ate o 2002
30.000m 9:30h.
14:00
h
4 h. 30
min.
Senior Masculino
Veteráns Feminina Nados do
1/02/1980 e
Veteráns Masculino anteriores
Artigo 6: Recollida de dorsais.
Os dorsais e os chips recolleranse na zona habilitada a tal efecto na Piscina Vila de Noia, sita na
rúa vila de Noia o sábado día 1 de febreiro de 10:00 h. a 13:00 h. e de 16:00 h. a 20:00 h. e o
día de celebración da proba dende as 7:30 horas.
É necesaria a presentación do dni,licencia federativa, resgardo de inscrición ou
documento similar acreditativo.
Artigo 7: Servizo de Desprazamento e Vestiarios para deportistas
A organización disporá autobuses para desprazar unicamente ós deportistas segundo o
seguinte detalle:
▪ Saídas dos autobuses dende a Piscina Vila de Noia (Rúa Vila de Noia, 15100 Carballo, A
Coruña 43.217265, -8.683704) ate o punto de saída.
▪ Os autobuses tomarán a saída ás 8:30 h. Os participantes que acudan polos seus medios
á zona de saída, non serán trasladados á mesma pola organización ó remate da proba.
▪ Os participantes no trail curto serán retornados á Piscina Vila de Noia
▪ Utilizaranse os vestiarios da Piscina Vila de Noia, próxima á meta.
Artigo 8: Percorrido.
8.1.- O percorrido transcurre por camiños públicos e forestais sen asfaltar, vías asfaltadas, rúas
do núcleo urbán e campo a través.
8.2.- O percorrido, incluída a parte que discorre por estradas e rúas de poboacións non estarán
pechados ó resto de usuarios das vías, debendo cumprir os participantes as normas xerais de
tráfico para peóns e/ou as indicacións da organización.
8.3.- Saída e Metas
Tódalas probas sairán da Praia de Razo, na zona habilitada ó efecto, ás 9:30 horas, próxima á
seguinte ubicación: Rúa Paseo Arenal, 25 15107 Carballo, A Coruña 43.290083, -8.704084.
A meta estará disposta nos seguintes lugares:
Trail Longa: Rúa Vila de Corcubión, 15100 Carballo, A Coruña 43.216680, -8.683665.
Trail Curta: Cances, Local Social (DP-1908 15106 Carballo) 43.243320, -8.745543.
8.4.- Percorrido Trail Longa. Distanza próxima ós 30 KM e 900 m de desnivel, dende a saída
na Praia de Razo ate a meta na rúa Vila de Corcubión, transcorrendo por: Praia de Razo, Vía
acceso ó porto de Razo, "Senda Pinos do Mar", Lugar de Santa Mariña, Cruce da estrada RazoAviño, Subida a Monteneme, Cumio Monteneme, Paso por debaixo da nova estrada Carballo
Malpica AC418 en Cances, Cruce ca antiga estrada Carballo Malpica(AC414) en Cances, Carretera
DP 1908 nas Antigas Escolas de Cances e Centro Social, monte de Liñeiro, Cruce DP1910 en
Liñeiro, Monte deVilanova, Muíño rego de Liñeiro, Vilanova, A Constenla, Muiño da Torre, Ponte
das Gargas, A Devesa, A Cepeira, Muiño do Quinto, Cruce da Rúa Fomento, Rúa Río Anllóns, Rúa
Río Miño, San Martiño, Cruce da rúa Milagrosa, Paseo do Anllóns, Rúa Vila de Negreira e Rúa Vila
de Corcubión.
8.5.- Percorrido Trail Curta e Xuvenil. Distanza próxima ós 11 KM e 500 m. de desnivel, idem
á longa pero con remate en Cances.
8.6.- O percorrido estará marcado e balizado pola organización con elementos de cor viva a
intervalos regulares, sinalándose especificamente as direccións a seguir nos cruces, e as entradas
a vías asfaltadas e cruces de estradas.
Artigo9.- Avituallamentos.
A organización disporá avituallamento sólido e líquido nos seguintes puntos do percorrido:
KM 8. Cumio Monte Neme (líquido).
Km 11. Local Social, Cances(Meta trail curto)(líquido + sólido).
KM 20 Muiño da Torre )(líquido + sólido).
KM 25. A Cepeira (Líquido)
Artigo 10.- Normas para participantes en percorrido.
10.1.- Deberán ir provistos de teléfono móbil con batería suficiente para a duración da proba,
vaso para hidratación e manta térmica.
10.2.- O dorsal acreditativo deberá levarse en todo momento, na parte dianteira e claramente
visible na súa totalidade, indicando no reverso do mesmo calquera circunstancia a ter en conta
en caso de atención médica urxente durante a proba.(alerxia a medicamentos, etc.).
10.3.- Deberán observar as normas para peóns, especialmente nos tramos asfaltados, rúas
urbanas e cruces de estradas, dado que o percorrido estará aberto ó resto de usuarios da vía.
10.4.- Responsabilizarse de localizar a sinalización e seguila, así como de cruzar as estradas no
lugar sinalado pola organización ó efecto.
10.5.- Pasar obrigatoriamente polos postos de control que disporá a organización durante o
percorrido.
10.6.- Comunicar á organización o abandono da proba, ou ben nos puntos de control e
avituallamento ou agardando ó peche da carreira.
Artigo 11: Control Técnico das Carreiras, peche de control e descualificacións.
11.1.- O control técnico das carreiras é realizado polo comité galego de xuíces da FGA, sendo O
xuíz árbitro a máxima autoridade técnica da proba, o cal supervisará o desenvolvemento desta
así como os resultados finais. Así as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ó xuíz árbitro,
non mais tarde de 30 minutos da comunicación oficial dos resultados.
11.2.- Cando un participante sobrepase os tempos de corte establecidos, ou non se atope en
condicións de cumprir estos, será superado polo peche da proba, que indica o final da zona de
competición, e deberá abandonar a mesma subindo ó vehículo escoba. Se declina este servizo
queda automaticamente excluído da proba pasando a ser un usuario normal das vías.
11.3.- A organización poderá descualificar a aquel participante que ó seu xuízo manifeste
incapacidade para continuar a proba con seguridade.
11.4.- Tempos de corte e peche:
Lugar Punto KM aproximado Tempo de
corte
Horario
previsto
Cruce carretera Razo Aviño. 4.6 1 hora 10:30 h
Local Social (Cances)(Meta Curto) 11 1 hora 45
min
11:15 h
Liñeiro (Cruce DP1910) 15 2 horas 45
min
12:15 h
Muiño da Torre 20 3 horas 30
min
13:00 h
Liña de Meta 30 4 horas 30
min
14:00 h
Artigo 12: Clasificacións.
Establécense as seguintes clasificacións:
Trail Curta Trail Longa
Xeral Feminina Xeral Feminina
Xeral Masculina Xeral Masculina
Xuvenil Sub 18 Feminina
Xuvenil Sub 18 Masculino
Senior Feminina Senior Feminina
Senior Masculino Senior Masculino
Veteráns Feminina Veteráns Feminina
Veteráns Masculino Veteráns Masculino
Artigo 13: Premios e Trofeos.
Entreganse trofeos ó 1º, 2º, 3º clasificados masculino e feminino de cada unha das categoría.
Tamén se premiará ós seguintes participantes:
1ºcarballés; 1ª carballesa.
Artigo 14: Serán descalificados os participantes que non respeten as indicacións da Policía Local,
Protección Civil, Xuíces, Servizos Médicos ou membros da organización debidamente
identificados, así como os que non realicen todo o circuito da carreira, non leven o dorsal ou o
manipulen, ou falsifiquen datos personales.
Artigo 19: Tódolos corredores polo feito de inscribirse aceptan a publicación do seu nome e
imaxen na clasificación, medios de comunicación e Internet para promoción da proba, e consenten
expresamente a cesión dos seus datos para todo o relacionado ca participación na proba ás
entidades que a organización encomende os procedementos de inscrición, clasificación,
reclamacións, aseguramento dos atletas, etc. indicándose nese momento a forma e lugar para
exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición se fora o caso.
Artigo 20: Suspensión da proba. A organización poderá decidir a suspensión da proba con
carácter previo por motivos organizativos, ou durante a celebración da mesma por calquera causa
que afecte á seguridade na celebración da mesma (alertas por temporal, etc.), non xenerándose
dereito algún hacia os inscritos, excepto o de devolución das taxas de inscrición.