Calendario
Info da proba

Narón

05/10/2019 10:30 - 12:30
Regulamento 1. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN
Para a Carreira “CORAZÓN ACIBRO” as categorías de competición serán as seguintes:
Categorías: Masculina e Femenina
• Biberóns: Ano de nacemento (2017-actualidade) 30 metros aprox.
• Pitufos: Ano de nacemento (2013-2016): 150 metros aprox.
• Escolares A: Ano de nacemento (2011-2012): 500 m, aprox.
• Escolares B: Ano de nacemento (2010-2009): 1 km aprox.
• Escolares C: Ano de nacemento (2005-2008): 2 km. Aprox.
• Absoluta: 4 km aprox.
o Escolares D Ano de Nacemento (2000-2004)
o Promesa: Ano de nacemento (1990-1999)
o Veteranos: Ano de nacemento desde o 1989
ANDAINA: 4 kms para todas as idades
2. HORARIO
HORARIO CATEGORÍA DISTANCIA
10:30 ABSOLUTA 4 KM
10:33 ANDAINA 3 KM
11:15 ESCOLARES A:(2011-2012) 500 m.
11:25 ESCOLARES B: (2010-2009) 1 KM
11:40 ESCOLARES C: (2005-2008) 2 KM
12:00 PITUFOS: (2013-2016) 150 METROS
12:15 BIBERÓNS:(2017-ACTUALIDADE) 30 METROS
12:30 ENTREGA DE PREMIOS
3. INSCRICIÓNS
o Data límite: 2 de outubro de 2019
o Formas de inscrición:
▪ On line: - Web oficial da FGA: http://www.carreirasgalegas.com
▪ De forma presencial: Na secretaría do Colexio Jorge Juan, no
seguinte horario: de 9:30 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 do 1 de
setembro ata o 27 de setembro
o Precios da inscrición:
• Categorías biberóns, pitufos e escolares………………………..1 €
Tanto na carreira como na Andaina
• Resto das categorías………………………………………………….….2 €
Tanto a carreira como na Andaina
Para as inscricións presenciais deberán entregar debidamente cuberto o
formulario de inscrición.
Dado o carácter solidario da proba, no momento da inscrición, na web
wwww.carreirasgalegas.com haberá opción de realizar un donativo.
Tamén existirá a posibilidade de realizar doacións a través do DORSAL 0. Para
todas aquelas persoas que non podan participar no evento.
TODOS OS BENEFICIOS DA CARREIRA SERÁN ENTREGADOS Á ASOCIACIÓN
ALVIXE.
4. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
Realizarase o mesmo día da proba nas inmediacións das saídas das diferentes
carreiras e da andaina, situadas no paseo marítimo de Xuvia (Narón) dende as 9:30 ata
media hora antes do inicio de cada proba.
O dorsal entregado pola organización deberá levarse colocado en toda a súa extensión
na parte anterior do corpo e de forma visible. Todo corredor que entre na meta sen o
seu dorsal será descualificado a criterio do xuíz árbitro da competición.
5. CONTROL CON CHIP
Todas as probas (excepto a categoría Biberóns,Pitufo e a Andaina) estarán controladas
a través dun chip que irá situado na parte posterior do dorsal, o que implica pasar
obrigatoriamente polas alfombras de control. O chip non se debe manipular.
6. PREMIOS
Na 1ª edición da Carreira-Andaina “CORAZÓN ACIBRO” outorgaranse os seguintes
premios:
o Trofeos aos/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría.
o Ó gañador e á gañadora da carreira absoluta.
7. SERVIZOS A CORREDORES
Co fin de dar as maiores facilidades a todos os participantes neste evento, a
Organización ofrecerá os seguintes servizos de forma gratuíta:
o Duchas: No colexio Jorge Juan de Xuvia
o Gardarroupa
o Avituallamento final
8. DESCALIFICACIÓNS:
Todo corredor que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos
regulamentos da Federación Galega de Atletismo e da RFEA en vigor referentes a
probas en ruta, será descualificado por criterio do xuíz árbitro da competición.
9. CONTROIS:
Ó longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos,
estando autorizados para descualificar a calquera participante que incumpra as
normas da competición ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a
seguridade individual ou colectiva durante a proba.
10. INCIDENCIAS:
As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente ao xuíz
árbitro da competición, non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos
resultados da proba en cuestión.
11. ACOMPAÑAMENTO
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes, excepto na proba de
biberóns que se permite o acompañamento ós más pequenos.
12. ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS
A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta
desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización.
Os servicios médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
13. SEGURO
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun
padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da
competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ó
lugar da competición ou desde o mesmo.
14. LOPD
Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos
15. ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o
presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non
prevista no mesmo, resolverase de acordo ó que dispoña o Comité Organizador e polas
normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.