Calendario
Ver carrera

Ames

28/09/2019 12:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción III CARREIRA e ANDAIDA DA FAMILIA 2019
EN FAVOR DE ASANOG
28 de setembro de 2019 a partir das 11:00 horas
A carreira-andaina da FAMILIA 2019 é un actividade organizada polo Concello de Ames a través
da súa Concellaría de Deportes. Consistirá nunha carreira e andaina a pé que se celebrará
xunto cun programa de actividades no cal tomarán parte asociacións e clubs do Concello de
Ames.
A participación será individual ou en familias monoparentais ou de máis integrantes,
compostos por avós/aboas ou pai/nai e fillos/as.
Toda a recadación do día irá destinada INTEGRAMENTE a ASANOG, “Asociación de Ayuda a
Niños Oncológicos de Galicia”, unha asociación sen ánimo de lucro que nace en 2012 para
contribuír no ámbito da nosa comunidade a mellorar o estado dos nenos oncolóxicos e as súas
familias.
Toda a información sobre esta asociación pódese consultar no ligazón http://asanog.org/wp/ .
O evento formará parte da programación do Día do Deporte de Ames, tendo oferta dunha
amplia variedade de actividades deportivas e lúdicas para todos/as as/os participantes.
A saída e meta da proba estará ubicada na rúa do Buxo, (aparcamento da Travesía do Porto) a
carón do Centro Comercial NOVO MILLADOIRO. A participación estará aberta a todo o mundo
e este ano para animar a mais familias tamén poderase participar cunha andaina con
participantes de calquera idade. Os participantes menores de 10 anos deberán ir
obrigatoriamente acompañados dun adulto na andaina/carreira.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
HORA ACTIVIDADE
11:00 h Entrega de dorsais e bolsa regalo na carpa organización
11:30 h Inicio da actividade. Sesión musical, animación, baile e DJ
12:00 h Sesión de quecemento grupal
12:15 h Carreira e Andaina da Familia → 3 km aproximadamente
12:45 h ACTIVIDADES LUDICAS PARA A FAMILIA
13:00 h INCHABLES E XOGOS PARA NENOS/AS
13:30 h SORTEO DE AGASALLOS E ENTREGA DE PREMIOS – FIN DE FESTA
O percorrido tanto para a carreira como para a ANDAINA será de 3 km aproximadamente co
obxectivo de que todos os integrantes das familias participantes poidan disputar a proba sen
carácter competitivo.
INSCRICIÓNS
As inscricións levaranse a cabo a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata
o xoves 26 de setembro ás 23:59 horas.
O prezo da inscrición será de 6 € por participante adulto. Os escolares menores de 16
anos inscribiranse gratuitamente na plataforma, pero deberán realizar o donativo
solidario no momento da recollida do dorsal.
Non se establecerá idade mínima de participación, pero todos os menores de 10 anos
deberán ir obrigatoriamente acompañados dun adulto durante a andaina y/ou
carreira.
A RECADACIÓN IRÁ DESTINADA INTEGRAMENTE A ASANOG
Establecerase no formulario de inscrición a opción “DORSAL 0” no caso de que se
desexe realizar un donativo a Asociación. Tamén o día propio do evento habilitarase
unha carpa da Asociación para poder colaborar e doar o que cada persoa ou familia
desexe.
PREMIOS
Estableceranse os seguintes premios por “chegados a meta” da carreira:
• A familia máis numerosa.
• O avó/avoa de máis idade.
• As/os 3 primeiras/os chegadas/os a META
• A 1ª familia monoparental
• A 1ª familia de 3 integrantes
• A 1ª Familia de 4 integrantes
• A 1ª Familia de 5 integrantes
A proba formará parte do calendario oficial de probas da Federación Gallega de Atletismo, e
polo tanto, todo o non reflectido no presente regulamento rexerase, por esta orde, polas
normas da FGA, RFEA e da IAAF.
RESPONSABILIDADE
A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e
exime a organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as
incidencias inherentes á proba.
LOPD Todas as persoas corredoras ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición, o/a
participante consente expresamente que os seus datos sexan utilizados polo Concello de Ames
e a Federación Galega de Atletismo para comunicacións sobre as súas actividades e
publicación de reportaxes sobre a proba.

[ Go Back ]