Calendario
Info da proba

Ames

20/10/2019 10:30 - 12:30
Regulamento XX Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

DATA: 20 de outubro de 2019
LUGAR: Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (Inmediacións da Casa do Concello)

REGULAMENTO DA PROBA

1. O Concello de Ames organiza co control técnico da Federación Galega de Atletismo, o domingo
20 de outubro a vixésima edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Esta proba
pertence ao VII CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN.

2. As probas disputaranse o domingo, 20 de outubro, na localidade de Bertamiráns. A saída e
chegada de cada proba farase na Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (inmediacións da Casa do
Concello). O circuíto da proba absoluta estará debidamente sinalizado, contará con indicacións en
cada quilómetro e estará homologado na distancia de 10 km pola Real Federación Española de
Atletismo.

3. Na carreira poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo.

4. As inscricións da carreira en todas as súas categorías realizaranse a través da web
www.emesports.es
enchendo o formulario de inscrición. Tamén se poderá realizar
presencialmente na seguinte tenda deportiva:
- Deportes Amesport: Avenida da Maía 83 Baixo (Bertamiráns- Ames)
O prazo de inscrición para a carreira popular rematará o mércores 16 de outubro ás 23:59 horas.
PREZOS DA INSCRICION
Categorías escolares (de pitufo a xuvenil): GRATUITA
Proba absoluta (de junior a veterano): 6 €
* Poderase formalizar o pagamento a través da pasarela de pago na propia web.
** Non se admitirán inscricións fora do prazo establecido, nin o día da carreira.
NO MOMENTO DA INSCRICIÓN DEBERÁ ACREDITARSE A MARCA NA DISTANCIA DE 10 KM EN
RUTA (SÓ EN PROBAS HOMOLOGADAS)

5. Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (Praza do
Concello nº 2- Bertamiráns) o día anterior á carreira (sábado, 19 de outubro) en horario de 17:00 a
20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. PARA
NON GARDAR COLAS RECOMÉNDASE RECOLLER O DORSAL O DÍA ANTERIOR NO LUGAR
ESTABLECIDO.

6. A carreira estará controlada ao longo de todo o percorrido a través dun chip que se entregará a
cada corredor/a xunto cun dorsal de competición. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu
dorsal ou sen o seu chip ou non o leve o dorsal colocado de xeito correcto, na parte anterior do
corpo, será automáticamente descualificado/a.

7. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
 Recibirán trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no
presente reglamento e tamén os/as tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
 Na proba absoluta recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as locais
empadroados/as no Concello de Ames.
 Tamén recibirán trofeo os 3 primeiros clubes da carreira absoluta.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos
(agás os premios aos/as atletas locais).

PREMIOS EN METALICO INDIVIDUAIS PROBA ABSOLUTA:
1º/1ª CLASIFICADO/A 250,00 €
2º/2ª CLASIFICADO/A 200,00 €
3º/3ª CLASIFICADO/A 100,00 €
4º/4ª CLASIFICADO/A 50,00 €

PREMIOS EN METALICO A CLUBES FEDERADOS PROBA ABSOLUTA:
1º CLUB FEDERADO CLASIFICADO 250,00 €
2º CLUB FEDERADO CLASIFICADO 175,00 €
3º CLUB FEDERADO CLASIFICADO 100,00 €
4º CLUB FEDERADO CLASIFICADO 75,00 €

A clasificación de clubs establecerase a través dos 10 primeiros clasificados do mesmo, sexan
homes ou mulleres, pola suma dos seus postos. Os mesmos deberán estar compostos alo menos
por 10 compoñentes que crucen a liña de meta e que teñan a licenza federativa en vigor.
A entrega de trofeos farase ao remate de todas as probas diante da Casa do Concello.
Non haberá premios nin trofeos para os/as participantes das categorías prebenxamín e pitufo.
Nestas categorías entregaráselle unha medalla de chocolate a cada participante.
Aos/ás atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa
presentación do DNI ou pasaporte.

8. Os e as participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da súa
proba. Na proba absoluta estableceranse caixóns de saída, polo cal os atletas participantes
deberán acreditar no momento da inscrición a súa marca en 10 km en ruta.

9. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións,
pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os e as participantes.
As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis
tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.

10. O horarios das saídas poderán ser modificados, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función
do número de participantes de cada categoría.

11. Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas
rexirase de acordo co disposto no artigo 3.4. do “REGLAMENTO PARA LAS COMPETICIONES DE
CAMPO A TRAVÉS, MARCHA, RUTA, TRAIL Y PISTA 2018-2019”. Máis información de esta norma no
ligazón:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2019/06_ReglamentoCompeticiones.pdf

12. Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Pavillón Polideportivo Municipal de
Bertamiráns.

13. Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA
en vigor.

14. Establécense as seguintes categorías, segundo o ano de nacemento:

HORARIOS
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
PITUFO FEMENINO nados/as no 2015 e posteriores 200 m aprox
12:00 horas
PITUFO MASCULINO 12:05 horas
PREBENXAMÍN FEMENINO nados/as no 2012, 2013 e 2014 350 m aprox
12:10 horas
PREBENXAMÍN MASCULINO 12:20 horas
SUB 10 FEMENINO nados/as no 2010 e 2011 1.000 m aprox
12:30 horas
SUB 10 MASCULINO 12:40 horas
SUB 12 FEMENINO nados/as no 2008 e 2009 1.000 m aprox 12:50 horas
SUB 12 MASCULINO
SUB 14 nados/as no 2006 e 2007
2.000 m aprox 13:00 horas
SUB 16 nados/as no 2004 e 2005
SUB 18 nados/as no 2002 e 2003 5,25 km (1 volta)

10 km homologados pola RFEA, saída 10:30 horas

SUB 20 nados/as no 2000 e 2001
SUB 23 nados/as no 1997, 1998 e 1999
SENIOR nados/as entre 1985 e 1996
MASTER 1 MASC/FMNO nados/as entre 1979 e 1984
MASTER 2 MASC/FMNO nados/as entre 1970 e 1978
MASTER 3 MASC/FMNO nados/as entre 1960 e 1969
MASTER 4 MASC/FMNO nados/as en 1959 e anteriores