Calendario
Ver carrera

O Grove - Festa do Marisco

13/10/2019 10:00 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción IMPORTANTE !!!

Por motivo de la celebración del Foro Atlántico en A Illa da Toxa durante los días 4,5 y 6 de octubre nos vemos obligados por causas ajenas a la organización, nos vemos obligados a trasladar la celebración de la XXI CARREIRA POPULAR DO MARISCO al próximo domino día 13 de octubre, quedando igual todo lo demás respecto al reglamento.

También informaros que las inscripciones estarán abiertas una semana mas, hasta el jueves día 10 de octubre.

XXI CARREIRA POPULAR FESTA DO MARISCO

ORGANIZA: Concello do Grove e C.D. Ría de Arousa

DATA DE CELEBRACIÓN: Domingo día 13 de outubro de 2019. (Primeiro fin de semana da Festa do Marisco)

SAÍDA DA PROBA: Parque de Confín (no Paseo Marítimo de Beiramar).

INSCRICIÓNS: para tódalas categorías, as inscricións realizaranse a través da páxina web www.galitiming.com indicando nome e apelidos, data de nacemento, teléfono, dirección e clube (ou lugar de procedencia) dende o día 15 de septembro de 2019 ata o xoves 10 de outubro de 2019 ás 0:00. As categorías (veteranos, senior, e sub 23) disputarán a distancia de 10.000 m. a cal terá un prezo de 5€ con dereito a “bolsa do corredor”.

CARACTERÍSTICAS DO CIRCUÍTO: o percorrido será mixto, comeza sofre asfalto, continua por terra (no Parque Forestal Illa da Toxa), segue por céspede polo Golf La Toja, rematando en asfalto novamente ata a liña de meta. Haberá duchas ao servizo dos corredores no Pavillón Náutico e no Pavillón dos Deportes ao finalizar a carreira.

DISTANCIAS E CATEGORÍAS :

PREBENXAMÍN ata 6 anos ______250 m.
BENXAMÍN de 7 a 9 anos________500 m.
ALEVÍN 10 e 11 anos___________1000 m.
INFANTIL 12 e 13 anos_________1000 m.
CADETE 14 e 16 anos__________1500 m.
SUB 17 e 22 anos ____________10.000 m.
SENIOR de 23 a 44 anos _______10.000 m.
VETERANO a partir 45 anos_____10.000 m.

PREMIOS:

- Recibirán trofeo os 3 primeros clasificados de cada categoría a partires de infantil. Nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín recibirán unha medalla.

- Recibirán premios en metálico os 3 primeros clasificados da xeneral (femenino e masculino), deberán presentar o D.N.I. e facilitar un numero de conta para o cobro dos premios en metálico.

1º: 250€
2º: 200€
3º: 100€

- Os 1º primeiros atletas masculinos e femininos locais recibirán un trofeo e un bono de consumición para a “Festa do Marisco”.

A organización resérvase a posibilidade de poder agasallar ós primeiros clasificados das diferentes categorías con máis premios que se poidan conseguir de patrocinadores e colaboradores.

A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.

Durante a proba existirán fotógrafos tantos pertencentes a organización como do publico, polo que se acepta por parte dos participantes que se poidan reproducir ditas imaxenes en direfentes redes sociais e paxinas web, soportes publicitarios ou medios de comunicación.

A inscripción na proba implica a aceptación deste regulamento.

[ Go Back ]