Calendario
Info da proba

Vigo

22/09/2019 10:00 - 11:00
Regulamento IV CARREIRA DESAFÍO SANTANDER - ISLAS CÍES
Domingo 22 de setembro de 2019 – 10h – Praia do Vao
Organiza:
Asociación Aguas Abiertas de Galicia
Lodeco S.L.U.
Patrocina:
Banco Santander
Colabora:
Concello de Vigo
Secretaría Xeral para o deporte
Regulamento:
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos
de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas
acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación nel.
Na proba absoluta será obligatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado
pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A
participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento
Percorrido:
A saída e a meta serán na Praia do Vao e será de unha volta cunha distancia de 7 km
INSCRICIÓNS:
Prezo: 10€ Limitadas a 200 prazas
Inscricións on-line na páxina www.championchipnorte.com
Peche de inscricións o xoves 19 de setembro.
.Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
-DNI
- Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Sexo
-Localidade
-Teléfono Móbil
-Correo electrónico
A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os
datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
Categorías:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
Categoría Absoluta
Categoría A……………..nad@s entre 2000 e 2003.
Categoría B……………..nad@s entre 1985 e 1999.
Categoría C……………..nad@s entre 1975 e 1984.
Categoría D……………..nad@s entre 1965 e 1974.
Categoría E……………..nad@s no 1964 e anteriores.
Entrega de dorsais e chips:
Praia do Vao
Sábado 21 de setembro de 16h a 20h
Domingo 22 de setembro de 8h a 9:45h
Premios:
-Trofeos para os tres primeiros/as de cada categoría
-Camiseta oficial da carreira , avituallamento final e desconto para comida ou merenda
na carpa habilitada para todos/as os/as atletas.
Información de interese para o atleta:
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa
habilitado pola organización.
-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas nas
instalacions do campo de fútbol de Coruxo.