Calendario
Info da proba

Moeche

17/11/2019 10:00 - 14:00
Regulamento 1. ORGANIZACIÓN :
O Concello de Moeche organiza o ``I Trail e Andaina Castelo de Moeche´´. A
proba terá lugar o domingo 17 de novembro de 2019 dende as 10.00 horas, con
saída e chegada nas inmediacións do Castelo da Parroquia de San Xurxo, no Concello
de Moeche.
2. COLABORADORES:
Para poder levar a cabo esta proba, contamos coa colaboración da Deputación da
Coruña, Protección Civil, Supermercados Moeche, Supermercado O Cruce,
Supermercado Ubaldo,Lácteos Moeche, Centro de Fisioterapia Fisioche-ben,
Clube de montaña Moeche e a Asociación de Veciños Val de Moeche.
3. DESCRICIÓN DAS PROBAS.
 O Trail é unha carreira de montaña de carácter popular que discorre por sendas,
pistas e montes do val do Concello de Moeche. A distancia é de 16 km e un
desnivel positivo de 820 m. (medidas aproximadas)
 A Andaina é unha proba non competitiva de carácter popular que discorre por
parte do percorrido do Trail . A distancia aproximada é de 12,5 km cun desnivel
positivo de 600m.
 Son trazados de dificultade técnica e física baixa – media.
 Existe algún pequeno tramo de enlace por estrada e, aínda que haberá persoal
da organización controlando o tráfico, os/as corredores/as deberán respectar as
normas de seguridade viaria, xa que as estradas non estarán pechadas.
 O percorrido estará debidamente sinalizado por carteis, cintas e / ou pintura
ecolóxica.
 A Organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza
maior.
 O tempo máximo do que disporán os/as participantes do Trail e da Andaina para
cubrir os respectivos percorridos, será de 3 h 30 minutos no Trail e 4 h na
andaina ( peche da meta ás 14:00 P.M. ).
 Existirán dous postos de avituallamento nos quilómetros 6 e 12,5 con auga,
bebida isotónica, froita e doces; ademais do disposto na meta.
 A carreira estará cronometrada por un sistema de cronometraxe mediante chip
(só no caso do trail).
 Asistencia médica: Os servizos sanitarios e a ambulancia estarán ubicados na
zona de Saída/Meta.
4. PARTICIPACIÓN:
Na proba poderán participar todos/as corredores/as que o desexen sempre e
cando cumpran os seguintes requisitos:
 Estar debidamente inscrito/a e pagada a couta correspondente.
 Ter 18 anos cumpridos o día da proba para o Trail.
 Ter 12 anos cumpridos o día da proba para a Andaina ( os menores
deberán ir acompañados dun adulto).
 O/a corredor/a ten que estar fisicamente ben preparado/a para a carreira, gozar
de boa saúde xeral sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida
agravarse coa súa participación en dita proba. O/a deportista asume que para a
realización da proba é necesaria unha boa condición física, psíquica e
deportiva.
 Non é necesario posuír licenza federativa.
 Os/as participantes non poderán saír do percorrido marcado.
 A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respecto ao
medio ambiente, a fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.
 Na Andaina pódese ir acompañado por animais, sempre e cando vaian suxeitos
por unha persoa, teñan o chip e seguro, e non sexan perigosos para o resto de
participantes.
 Os participantes da andaina deberán ceder o paso aos participantes do
Trail, poñéndose en fila de un e apartándose a unha beira do camiño.
 Todos/as participantes están obrigados/as a auxiliar a posibles accidentados.
 Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola
organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes,
seguir aos corredores en moto, bicicleta ou outro medio por todo o percorrido.
 En caso de retirada da proba e/ou accidente, débese comunicar ao persoal da
organización e entregar o dorsal. O/a corredor/a asume toda súa
responsabilidade dende que abandona voluntariamente a proba ou é
descualificado. Si decide continuar no percorrido será baixo a súa absoluta
responsabilidade.
 Os /as corredores/as deben vestir e calzar prendas adecuadas para o terreo e as
condicións climáticas existentes.
 Seguro: cada participante estará amparado/a por unha póliza de
Responsabilidade Civil e de accidentes deportivos, excluídos os casos derivados
dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis ou da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos
polo desprazamento ao lugar da competición ou dende o mesmo.
 A Organización poderá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os/as participantes
que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación,
desmaio, etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles/as que teñan
mermas as súas condicións físicas para continuar en carreira.
 É obriga de cada participante portar consigo calquera residuo que xere: envases,
papeis, residuos orgánicos, etc., ata os lugares sinalados e habilitados pola
organización
 As reclamacións deberán ser feitas verbalmente á organización, non máis tarde
de 30 minutos unha vez comunicado oficialmente os resultados.
5. DESCUALIFICACIÓNS.
 Quedará descualificado/a desta proba todo o/a que non cumpra o presente
regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie o
entorno, non leve o seu dorsal ben visible e o chip ben colocado (só no caso
do trail) ou desatenda as indicacións da organización.
 Non auxiliar ao participante que o necesite.
 Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa
 Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento
antideportivo que estime a Organización.
 O descoñecemento deste regulamento, non exime do seu cumprimento
6. INSCRICIÓN.
 As inscricións, consulta de clasificacións e tempos centralizaranse na páxina web
WWW.GALITIMING.COM, o atleta deberá cubrir o formulario de inscrición, que
estará limitada a un máximo de 150 participantes no Trail e 150 na Andaina.
 A data límite de inscricións será o xoves 14 de novembro de 2019 ás 23:59 horas.
 Os prezos da inscrición serán:
- Trail………14 € ata o 10 de novembro; 16 € do 11 ao 14 de novembro.
- Andaina….8 € ata o 10 de novembro; 10 € do 11 ao 14 de novembro.
 A inscrición dá dereito a participar na actividade, seguro de responsabilidade civil,
seguro de accidentes, avituallamentos,comida final, servizo de gardería, visita ao
castelo, masaxe post-carreira, asistencia médica, duchas e agasallos
conmemorativos.
 Todos os/as participantes polo feito de inscribirse e tomar a saída, aceptan o
presente regulamento e a cesión dos dereitos de imaxe e contidos audiovisuais
(sen fins comerciais) á organización.
 De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de
Protección de datos de carácter persoal, todos os datos dos participantes
recollidos no formulario de inscrición serán incluídos nun ficheiro privado
propiedade do Concello de Moeche, con fins exclusivos de xestión da proba.
Todos os interesados poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición dos seus datos persoais mediante correo electrónico a
moeche.concello@moeche.gal
 Todo/a participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e
regulamentacións impostas pola organización, polo que libera expresamente á
organización ou a calquera outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de
accidente, lesión ou eventualidade que puidera xurdir derivada da súa
participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado.
 As inscricións son persoais e non transferibles, supoñendo a aceptación de todo o
disposto no presente regulamento e incluíndo o servizo de seguro ó que obrigan
os preceptos legais
 Non se aceptarán inscricións fóra do prazo establecido nin por outro medio.
 Política de Cancelación da inscrición: Ata o 10 de novembro pódese anular a
inscrición con devolución do 50% da cota, polos gastos xerados (7€ Trail, 4€
Andaina ). Dende o 11 de novembro, non se farán devolucións.
7. SERVIZOS DA CARREIRA
 Inscricións, pasarela de pago e resultados on- line
 Cronometraxe por chip ( Trail )
 Seguros de accidentes e R.C.
 Servizo de ambulancia e asistencia médica.
 Avituallamento líquido e sólido na carreira
 Degustación de fabada, pan e bebida ao final da carreira ( 3€
acompañantes). Na área recreativa de Soutugrande a 2,3 km do
catelo.
 Duchas na piscina municipal, na área recreativa de Soutogrande.
 Camisola conmemorativa (só Trail)
 Servizo de fisioterapia ( masaxe postcarreira).
 Visita gratuíta ao Castelo a corredores/as e acompañantes ( só 17 de
novembro)
 Servizo de gardería
 Reportaxe fotográfico
 Speaker animando a proba.
 Parking
 Gardarroupa.
8. HORARIOS
Domingo 17 de novembro de 2019:
 9.00– 10.15 Recollida dorsais
 10.00 Saída Andaina.
 10.30 Saída Trail.
 11.50 Chegada prevista primeiros clasificados do Trail.
 12.00 Entrega de trofeos conforme vaian chegando os/as primeiros
clasificados.
 13.00 Comezo reparto das racións de fabada na área recreativa de
Soutogrande ( a 2,3 km do castelo)
 14.00 Clausura da proba
9. CATEGORÍAS
Estableceranse as seguintes categorías:
 SENIOR MASCULINO E FEMININO…… 18 anos ( cumpridos o día da proba)
ata 39 anos ( a cumprir no ano 2019 )
 VETERÁN MASCULINO E FEMININO….. 40 anos en diante ( a cumprir no ano
2019 )
10. PREMIOS
Recibirán trofeo:
 Os/as tres primeiros/as clasificados/as ( Trail ) de cada categoría e sexo.
 O 1º e 1ª clasificado/a empadroados no Concello de Moeche.
 Trofeo e medallas para o equipo con máis membros participantes no Trail,
para isto deberán especificar o nome do equipo na inscrición.
Os/as premiados/as deberán estar presentes no acto de entrega de trofeos.
A organización pode solicitar documentación para comprobar a identidade e categoría
dos/as premiados/as. A non aportación desta, poderá ser motivo de
descualificación.
11. LOCALIZACIÓN
 A saída e meta situaranse nas inmediacións do Castelo de Moeche, na
Parroquia de San Xurxo ( Moeche ) 43°32'58.87"N 7°59'34.82"O.
Nesta zona tamén estarán ubicados os servizos de ambulancia e asistencia médica,
recollida de dorsais, servizo de gardería, servizos, parking, fisioterapia e entrega
de trofeos.
 As duchas e a comida final serán na área recreativa de Soutogrande, onde
está a piscina municipal, a 2,3 km do castelo 43°32'05.5"N 8°00'06.1"O.
12. DORSAIS E CHIPS
 A organización pode requirir que os/as participantes se identifiquen co D.N.I. na
entrega de dorsais.
 Os/as corredores/as están obrigados/as a levar o dorsal facilitado pola
organización. Este levarase nun lugar visible na parte dianteira durante toda a
proba e non poderá ser dobrado nin recortado
 O chip (Trail) debe ir colocado correctamente para poder aparecer na
clasificación final.
 A non devolución do chip e portachip ao finalizar a carreira, suporá un coste
extra de 5 € para o seu titular.
 A clasificación xeral oficial publicarase na web da empresa de cronometraxe.
13. ORGANIZACIÓN E VOLUNTARIOS
 Declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia, así como
sobre a perda ou dano dos obxectos de cada participante.
 A súa vez, os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en
caso de accidente o lesión.
 A organización da proba garantirá a seguridade dos participantes dispoñendo
para elo as medidas e persoal necesarios.
 Contemplase a presenza de vehículos oficiais, tanto da organización como de
medios de seguridade, debidamente identificados.
 Os/as voluntarios/as prestarán asistencia e facilitarán información aos
corredores/as un grupo de voluntarios/as identificados/as con prendas oficiais da
organización situados en cruces, avituallamentos e zoas perigosas.
 A organización reservase os dereitos exclusivos das imaxes, fotografías, vídeos
e información da proba, nas que poidan aparecer os/as participantes, así como
de utilizar ese material para anuncios, relacións públicas ou calquera outro
propósito periodístico ou de promoción do evento. Calquera proxecto mediático
ou publicitario deberá contar previamente co consentimento da organización.
 Para todo o non especificado no Regulamento, se acollerá ao disposto polo
Comité Organizador.
 A organización poderá decidir a suspensión ou aprazamento da proba con
carácter previo por motivos organizativos, ou durante a celebración da mesma
por calquera causa que afecte á seguridade na celebración da mesma (alertas
por temporal, etc.), non xerándose dereito algún para os inscritos, agás o de
devolución das taxas de inscrición.