Calendario
Info da proba

Mazanteu

29/09/2019 10:00 - 14:00
Regulamento Hai xa 4 anos que o clube Ciclista Cariño leva a cabo a ruta BTT dos Aguillóns, e dende a pasada edición incluímos tamén a modalidade de Andaina, que se celebra paralelamente ca ruta BTT e permite que os acompañantes e tódalas persoas que se queiran unir a desfrutar da natureza neste evento o poidan facer da maneira que máis lles conveña… é por iso que nesta II edición da Andaina polo Mazanteu incluímos tamén a modalidade de Carreira a pé.


Unha xornada de diversión enriba da bicicleta, camiñando ou correndo mentres se dá a coñecer os lugares máis característicos e fermosos da contorna da vila de Cariño.

A modalidade de Andaina e Carreira a pé comprende un tramo da ruta BTT que nos levará a facer unha distancia de:
– 12,5 km´s e 500 metros de desnivel positivo acumulado.

Tanto a marcha BTT como a Andaina e Carreira a pé poderánse facer en velocidade libre, xa que se encontrarán completamente sinalizados os percorridos. Ningunha das modalidades será cronometrada nin se elaborará tabla clasificatoria.

Toda a información e inscricións en www.clubcilistacariño.es