Calendario
Info da proba

O Corgo

19/10/2019 17:30 - 19:30
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de O Corgo organiza a XI Carreira Popular Concello de O Corgo-Memorial
Quique Casanova, patrocinada por Grupo Leite Río A proba organizarase o vindeiro Sábado
19 de Outubro, con saída e meta nas instalacións da Praia fluvial do río Chamoso do Concello
de O Corgo.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a todos/as os/as atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición
física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios: NOVO PERCORRIDO
(axuntase plano do percorrido)
O circuíto de 10.5km aproximados será sobre terra na súa maioría e estará pechado a todos os
vehículos agás os autorizados pola organización. O percorrido estará controlado por vehículos da
organización. A saída da proba e a meta será na Playa fluvial do río Chamoso,
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2013 e posteriores) 17.30 h 150m
PROMOCIÓN (2010-2012) 17.35 h 400m
SUB 12 (2008-2009) 17.45 h 1800m
SUB 14 (2006-2007) 17.45 h 1800m
SUB 16-18 (2002-2005) 17.45 h 1800m
SUB 20-23 (1997-2001) 18.00 h 10500m
SENIOR (1985-1996) 18.00 h 10500m
MÁSTER A (1977-1984) 18.00 h 10500m
MÁSTER B (1969-1976) 18.00 h 10500m
MÁSTER C (1968 e anteriores) 18.00 h 10500m
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 75’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo
www.carreirasgalegas.com
Os dereitos de inscrición na carreira de menores serán GRATUÍTOS. Na carreira de adultos
terá un custe de 3€ ata o 13 de outubro; do 14 ao 17 de outubro o custe será de 5€.
Excepcionalmente permitirase a inscrición no mesmo día da carreira, cun custe de 10€
participante.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán
sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de licenza e o club.
Artigo 6: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo.
www.carreirasgalegas.com
• A inscrición pecharase o xoves 17 de outubro ás 23:59 horas.
• As inscricións o día da proba terán un custe de 10€.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible.
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo
participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de
acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a
decisión quedará en man da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados
para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA,
RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
• A participación de atletas estranxeiros e de outras federacións autonómicas rexerase de
acordo co disposto no artigo 3.4. do "Reglamento para las competiciones de la
temporada de campo a través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista
cubierta y aire libre” da tempada 2018-2019. Máis información de esta norma no ligazón:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2019/06_ReglamentoCompeticiones.pdf
Artigo 7: Retirada de Dorsais:
Os dorsais retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización na zona de saída, ata
45’ antes da saída de cada proba, de onde sairán os buses.
Artigo 8: Premios:
• Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
• PREMIOS EN METÁLICO:
- Primeiro: 100 €
- Segundo: 75 €
- Terceiro: 50 €
• Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos.
• Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos
para esta categoría nin se farán clasificacións.
• Na categoría de PROMOCIÓN darase medalla a todos os participantes, así como trofeo
aos tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
• Entregarase un trofeo conmemorativo ao primeiro home e a primeira muller de cada
categoría empadroado no Concello do Corgo.
• A entrega de premios será na zona de meta, aproximadamente, ás 19.15h.
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto.
2. Baños na zona de saída-chegada.
3. Camiseta para todos/as o/ass participantes.
4. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
5. Vestiarios e duchas nas instalacións da praia fluvial.
6. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
7. Avituallamento líquido no km 5 para a carreira de adultos.
8. Zona de lecer para os nenos.
9. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao
organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan
convenio ca compañía de seguros que corresponda).
Artigo 10: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes
deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia
das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante
a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a
esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de
accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de
probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode
exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante
escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A
Coruña.
Organiza: Concello de O Corgo