Calendario
Info da proba

Carballo-Desafío Millagrosa

31/08/2019 9:30 - 12:30
Regulamento “III DESAFÍO A MILLAGROSA”

A Asociación de Comerciantes, Hosteleiros e Profesionais do Barrio da Milagrosa de
Carballo, a Asociación Cultural e Deportiva “A MILAGROSA” e o Concello de Carballo, organizan
o “III Desafío Millagrosa” que se celebrará o vindeiro 31 de agosto de 2019 a partir das 9:30 h.
O “III Desafío Millagrosa”é unha carreira de obstáculos, realizada no barrio de A
Milagrosa, co debido permiso das autoridades.

PARTICIPACIÓN:

Inscripcións en www.carreirasgalegas.com

- INDIVIDUAL: ABSOLUTA E MENORES:
Para poder participar é preciso ter 16 anos no momento da celebración da proba e
ter aceptado dito regulamento. Os menores de idade terán que formalizar un documento de
consentimento paterno. A carreira disputarase por un sistema de quendas cada 10 minutos,e
cada unha delas, constará de 10 corredores apoximadamente. A orde de saída será por orde
de inscripción. Nos días previos á proba, publicaranse os nomes dos membros de cada lote no
Facebook da Asociación de Empresarios de A Milagrosa e en www.carreirasgalegas.com. A
través da megafonía realizarase o chamamento de saída e de presaída. O número máximo de
inscritos será de 110 corredores. Inscricións ata o mércores 28 de agosto. A primeira saída
terá lugar ás 9:30 h.

-POR EQUIPOS:
Os equipos estarán compostos por 4 participantes de forma mixta (a cantidade de
homes e mulleres por equipo, non se recolle neste regulamento), ainda que o equipo participe
en distintas quendas, sumaranse os tempos de cada un dos integrantes.

CRONOMETRAXE:
A proba será cronometrada e estará regulada por Xuices Árbitros da F.G.A.

PERCORRIDO
CATEGORÍA ABSOLUTA, MENORES E EQUIPOS: van a pasar por un circuíto de 1000
m. aprox. con un grupo de obstáculos que deben ser superados e terán que repetir o circuito á
carreira na segunda volta ésta vez sen obstáculos.

PENALIZACIÓNS:
A falta de superar calquera obstáculo, cada participante terá que facer un total de
15 “burpees” (flexión e salto).

CUSTE PARA OS PARTICIPANTES
Será totalmente gratuita.

IDENTIFICACIÓN
Para recoller o dorsal, será imprescindible presentar o D.N.I. ou outro documento
identificativo de todos os corredores por mor do seguro de un día. Recolleranse na carpa de
organización o mesmo día.

SEGUROS
1.- Cada corredor, participa baixo a súa responsabilidade asumindo a súas posibilidades físicas.
2.- A organización dispón de Seguro de responsabilidade civil que cubre a proba.

MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
1.- Non realizar o percorrido na súa totalidade ou non superar os obstáculos debidamente.
2.- Participar baixo outra identidade ou estar inscrito incorrectamente.
3.- Calquer outra situación non recollida neste regulamento e que segundo ó xuizo da
organización sexa considerado coma incorrecto.
4.- Non cumprir o regulamento ou a alteración do comportamento da proba.

SEGURIDADE
A organización disporá de unha ambulancia con médico na zona de saída e meta.

TROFEOS E MEDALLAS
1.- Todos os corredores que rematen a proba terán unha medalla “FINISHER”.
2.--Trofeos para os tres primeiros homes e trofeos para as tres primeiras mulleres.
3.- Medallas para todos os integrantes dos tres primeiros equipos.

SERVICIOS E AVITUALLAMIENTO
-Duchas y baños do Forum Carballo.
-Avituallamiento líquido na zona de meta.
-Animación durante o percorrido con grupo de “ZUMBA”
- Ó finalizar a proba teremos unha sardiñada organizada pola Comisión de festas da Milagrosa

RÚAS AFECTADAS:
AVD. DA MILAGROSA:
Utilizarase a veirarúa e o carril máis próximo ó Parque e á Capela da Milagrosa,
quedando útil para o tráfico rodado un carril de ida e outro de volta dirección CarballoCoristanco.
APARCAMENTO DA PRAZA DA MILAGROSA:
Utilizarase por completo, quedando libre ó tráfico a rúa Camiño do Cemiterio Vello.
CAMIÑO DO CEMITERIO VELLO:
Quedará libre ó tráfico e só se utilizará a veirarúa e zona do aparcamento que está
máis próxima ó Parque da Milagrosa e ó campo de futbol sala.
EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ:
Utilizarase na súa totalidade desde a rúa Xílgaro hasta a Camiño do Cemiterio Vello.
RÚA XÍLGARO:
Utilizarase o carril máis próximo ó Parque da Milagrosa, quedando os outros dous
libres ó tráfico unindo a rúa Saturnino Cuiñas con Adv. da Milagrosa.

OUTRAS DISPOSICIÓNS
ASISTENCIA MÉDICA:
A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar
da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil
e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento
latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén
quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde
o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante
cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.

ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador
e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor consente
expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de
seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de
ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode
exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña