Calendario
Info da proba

Roteiro Revolta do Umia

31/08/2019 11:30 - 13:30
Regulamento O vindeiro Sábado 31 de Agosto a asociación cultural e xuvenil Rio Gallo (Cuntis) xunto ca asociación Portavezal (aldea de Vilar de Mato) organiza un roteiro pola contorna do Río Umia coincidindo ca terceira edición da festa A REVOLTA DO UMIA.

Pasaremos por un tramo de vía romana e pequenos sendeiros que nos levarán a coñecer zonas de especial interés cultural e arqueolóxico cómo os petroglifos de Cequeril.

Haberá dous percorridos con duas distancias (4km e 10km aproximadamente) que estarán debidamente sinalizados e permitirá que os andaríns circulen en velocidade libre atendendo o seu nivel físico persoal.

A participación é GRATUITA e será preciso anotarse previamente nun formulario que recopilará os datos pertinentes para tramitar o seguro de accidente para a actividade.
DATA LÍMITE PARA ANOTARSE O XOVES DÍA 29 AS 22:00H.

FORMULARIO https://forms.gle/FJ3UJpERvihhJ2VP7

Haberá servizo de autobuses tamen GRATUITO dende a vila de Cuntis a partir das 11:00h. Para voltar a vila o servizo de autobuses empezará a facer viaxes a partir das 14:30 h.

Adxuntamos cartel da Festa para que gardedes a data e veñades a aldea de Vilar de Mato a desfrutar desta terceira edición da Revolta do Umia
https://ibb.co/cxQzNhn