Calendario
Ver carrera

Lousame

03/11/2019 11:45 - 13:45

[ Go Back ]

Descripción V CARREIRA POPULAR DE LOUSAME "PILAR BARREIRO SENRA"

REGULAMENTO:
O Concello de Lousame organiza a V CARREIRA POPULAR “PILAR BARREIRO
SENRA” LOUSAME 2019 que se celebrará o domingo, 3 de novembro, na localidade de
Portobravo, no entorno da praza D. Teodomiro Hidalgo.
A proba en categoría absoluta disputarase sobre una distancia de 2 voltas de 5 kms
( 10 Kms ) e poderán participar atletas federados e non federados.
As categorías de participación e distancias a percorrer na V CARREIRA POPULAR “PILAR
BARREIRO SENRA” LOUSAME 2019 serán as seguintes:

CATEGORÍAS ANOS DE NACEMENTO
CHUPETE Atletas nados no ano 2015 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados nos anos 2012, 2013 e 2014
BENXAMÍN Atletas nados no ano 2010 e 2011
ALEVÍN Atletas nados no ano 2008 e 2009
INFANTIL Atletas nados no ano 2006 e 2007
CADETE Atletas nados no ano 2004 e 2005
XUVENIL Atletas nados no ano 2002 e 2003
JUNIOR Atletas nados no ano 2000 e 2001
PROMESA Atletas nados no ano 1997, 1998 e 1999
SÉNIOR Atletas nados entre os anos 1985 e 1996
VETERANOS A Atletas nados entre os anos 1974 e 1984
VETERANOS B Atletas nados entre os anos 1964 e 1973
VETERANOS C Atletas nados no ano 1963 e anteriores

HORA CATEGORÍA DISTANCIA
9:00 h RECOLLIDA DE DORSAIS NA PRAZA D. TEODOMIRO HIDALGO
10:15. INFANTIL /CADETE 1.800 m aprox.
10:40 h. ALEVÍN 1.000 m aprox.
11:00 h. BENXAMÍN 500 m aprox.
11:10 h. PREBENXAMÍN 200 m aprox.
11:20 h. CHUPETE 50 m aprox.
11:45 h. XUVENIL ( 1 volta ) 5 Km
JUNIOR/PROMESA 10 Km
SÉNIOR E VETERÁN 10 K ou 5 K
( según inscrición )
13:20 h. ENTREGA DE PREMIOS NA PRAZA D. TEODOMIRO HIDALGO

Inscricións:
As inscricións centralizaranse na páxina web www.emesports.es, sendo a data
límite para inscrición o xoves 31 de outubro de 2019 ás 23:59 h.
Os/as participantes, co feito de inscribirse, admiten estar en perfectas
condicións para a práctica deportiva. Así mesmo, autorizan á organización, ó uso de
imaxes da súa persoa, nas plataformas de difusión utilizadas polo concello de Lousame.

Prezo:
O importe da inscrición é de 6 € para a categoría absoluta e totalmente gratuita
para categoría de menores ( dende chupete a xuvenil, ambas inclusive), que dá dereito
a participar na actividade, seguros, avituallamentos, duchas e agasallos
conmemorativos.

Dorsais:
A recollida de dorsais levarase a cabo o mesmo día da proba, a partir das 9:00 h., na
Praza D. Teodomiro Hidalgo ( praza do concello ). É imprescindible presentar o D.N.I.
ou documento acreditativo ( licenza, permiso de condución, ….) para a recollida do
dorsal.
Está completamente prohibido participar na carreira cun dorsal doutra persoa. A
organización non se fará responsable dese corredor/a, e no caso de apreciar esa
neglixencia, será expulsado, do circuito da carreira, inmediatamente.

Sinalización e controis:
Estarán sinalizados os puntos kilométricos ó longo da carreira, así coma tódolos
servizos a disposición do/a atleta ( gardaroupa, aseos, avituallamentos, duchas, ….).
A carreira estará controlada ao longo do percorrido a través dun chip que se entregará
a cada corredor/a e que deberá entrelazar no cordón dunha das súas zapatillas antes
da saída. Ó remate da proba, devolverá o chip na zona habilitada para a súa recollida.
Todo corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal o usen o seu chip, será
automáticamente descalificado/a.

Avituallamentos:
Ó remate de cada proba na praza de D. Teodomiro Hidalgo e no kilómetro 5 da
carreira en categoría absoluta.

Recordos:
Os participantes da categoría absoluta ( Junior, Promesa, Senior e Veterán )
serán agasallados cunha camiseta conmemorativa da actividade.

Servizos
o Duchas:
Ó longo da mañá, os/as atletas terán a súa disposición o servizo de duchas, no
Polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, situado a 2 kms da meta. ( estará
perfectamente sinalizado )
o Gardarroupa.- Haberá servizo de gardarroupa, para o cal
entregarase na bolsa de corredor unha pegatina identificativa.

OS TROFEOS SERÁN ACUMULATIVOS

Cambios e suspensión:
A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias para un mellor desenvolvemento da actividade, así como a súa suspensión
ou aprazamento se as condicións meteorolóxicas o obrigan por casos de forza maior.

Responsabilidade:
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e contratará outro de
accidentes, pero cada participante, polo mero feito de formalizar a inscrición, fáise
responsable individualmente dos danos que cause no desempeño da actividade,
sempre e cando esta non se realice nas condicións establecidas ou dentro dos circuitos
delimitados. A organización tampouco se responsabiliza dos obxectos personais que
poidan extraviarse ou danarse.

[ Go Back ]