Calendario
Info da proba

Valdoviño

29/09/2019 11:00 - 12:30
Regulamento VIII Milla Urbana – Concello de Valdoviño
REGULAMENTO
1.-ORGANIZACIÓN
Un ano máis o Concello de Valdoviño organiza a VIII Milla Urbana baixo o control técnico da
Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Ferrol.
É unha proba incluída no Calendario Oficial da FGA con distancia non homologada.
Este ano ademaisterá un carácter solidario polo que a recadación íntegra irá a parar a Cáritas.
Terá lugar o 29 de setembro no Paseo da Lagoa, (Valdoviño) a partir das 11:00h
2.-PARTICIPANTES
A participación está aberta a todas as persoas federadas ou non indepentemente da súa
idade cunha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo.
Cada corredor participa baixo a súa responsabilidade e dispón dun nivel de condición física
suficiente para afrontar a proba.
3.-CATEGORÍAS
CATEGORÍAS NADOS/AS
Biberón 2012 e posteriores
SUB 10 (Benxamín) 2010-2011
SUB 12 (Alevín) 2008-2009
SUB 14 (Infantil) 2006-2007
SUB 16 (cadete) 2004-2005
SUB 18 (Xuvenil) 2002-2003
SUB 20 (Júnior) 2000-2001
SUB 23 (promesa) 1997-1999
SENIOR 1985-1996
MASTER 1 (veteranos 1) 1979-1984
MASTER 2 (veteranos 2) 1970-1978
MASTER 3 (veteranos 3) 1960-1969
MASTER 4 (veteranos 4) 1959 e anteriores
VIII Milla Urbana – Concello de Valdoviño
REGULAMENTO
4.-LUGAR, HORA DE SAÍDA E PROBA
O percorrido será ao longo do paseo da lagoa nun circuíto de ida e volta de iguais
dimensións sobre o que iranse cubrindo as distancias de cada unha das categorías. O lugar de saída
será enfronte a caseta de socorrismo no parque da praia da Frouxeira.
CATEGORIAS SEXO HORA DISTANCIA
SUB 10 (Benxamín ) Mulleres 11:10 500m
SUB 10 (Benxamín ) Homes 11:20 500m
SUB 12 (Alevín ) Mulleres/Homes 11:30 800m
SUB 14 (Infantil ) Mulleres/Homes 11:40 1000m
SUB 16 e SUB 18
(Cadete/Xuvenil)
Mulleres/Homes 11:50 1609m
SUB 20, SUB 23 ,SENIOR e MASTER 1
(Junior/Promesa/Senior)
Mulleres/Homes 12:00 1609m
MASTER 2,3,4
(veteranos 2,3,4)
Mulleres/Homes 12:10 1609m
Biberóns Mulleres/Homes 12:30 100m
5.-INSCRICIÓNS
As inscricións faranse a través da páxina www.carreirasgalegas.com, remantando o prazo ás
23:59 horas do xoves 26 de setembro.
Tamén se poderán facer de xeito presencial no servicio de deportes do Concello en horario
de mañá ou na caseta de Turismo en horario de mañá e de tarde. Non poderán tramitarse
inscricións o mesmo día da proba.
A inscrición terá un custo de 3€ para as categorías SUB 20 (júnior),SUB 23(promesa),
SENIOR e MASTER (veteranos) e será gratuíta para o resto de categorías. O importe íntegro da
recadación irá destinado a Cáritas.
Así mesmo dentro da propia páxina web, será posible, colaborar con:
• Dorsal 0: para todas aquelas persoas que desexen colaborar, e que non poden participar na
carreira.
• Donativo: todas aquelas persoas participantes na proba que desexen realizar un donativo a
Cáritas. Poderán facelo dentro da propia inscrición da carreira.
6.-RETIRADA DE DORSAIS
VIII Milla Urbana – Concello de Valdoviño
REGULAMENTO
A retirada de dorsais será o mesmo día da proba na caseta de socorrismo ata media hora antes de
cada proba. O dorsal estará situado no peito e terá que ser visible ao longo de toda a proba.
7.-SERVIZOS
A organización dispoñerá a asistencia sanitaria con ambulancia. Ó finalizar cada carreira
haberá servicio de avituallamento para cada participante. A proba conta cun seguro de
Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes.
8.-TROFEOS E PREMIOS
Os premios serán repartidos da seguinte maneira:
• CATEGORÍA BIBERÓN : Medallas conmemorativas para todos/as.
• RESTO DE CATEGORÍAS: Medallas para aos/ás 1º, 2º e 3º clasificados/as en cada categoría
tanto en masculinos como femininos. Dende a categoría SUB 10 ata a categoría MASTER
(dende benxamíns ata veteranos).
• TROFEO ao gañador e a gañadora absoluta da proba, así como ao atleta mais xove e ao máis
veterán.
9.-VEHÍCULOS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización.
Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos ós participantes.
10.-REIRADAS E DESCUALIFICACIÓNS
Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do
peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo
e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descualificado.
O servizo médico da competición está facultado para retirar da carreira a calquera atleta
que manifeste un mal estado físico.
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Arbitro da
Competición non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA, RFEA
e IAAF en vigor.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
VIII Milla Urbana – Concello de Valdoviño
REGULAMENTO
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin bicicletas, patíns
ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta. Os
servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes
deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da
proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das
leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao
lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a
continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados
e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non prevista no
mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en
vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a
súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta
entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En
todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os
seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña