Calendario
Ver carrera

Ribeira

23/08/2019 22:00 - 24:00

[ Go Back ]

Descripción Comprácenos presentarlles a 4ª Andaina Solidaria co Alzhéimer, na súa cuarta edición. Andaina que dende AGADEA e Arousa Neo estamos a organizar con especial ilusión e agarimo, con esperanzas de acadar un éxito de participación semellante ao obtido nas pasadas edicións. Dirixida a todos os públicos, dende nenos a maiores, esta andaina transcorrerá, entre o lusco e o fusco, nun entorno privilexiado do Concello de Ribeira.

DADO O GRANDE ÉXITO E ACOLLIDA, VOLTAMOS A POR EN MARCHA ESTA INICIATIVA QUE NACE DA NECESIDADE DE LOGRAR UNHA MAIOR CONCIENCIACIÓN SOCIAL SOBRE A ENFERMIDADE DE ALZHEIMER.

TRATANDO DE FACER VISIBLES Á POBOACIÓN AS NECESIDADES E DIFICULTADES QUE PRESENTAN AS PERSOAS CON ESTA PATOLOXÍA.

FOMENTAR CONDUTAS MÁIS TOLERANTES E SENSIBILIZAR SOBRE A SITUACIÓN QUE XERA A ENFERMIDADE NA CONTORNA FAMILIAR.

INFORMACIÓN TÉCNICA:

Día: 23 de agosto de 2019

Hora: 21:00h.

Saída e chegada: Parque García Bayón no Concello de Ribeira.

Información:

AGADEA
Centro de Día de Alzheimer de Ribeira - AGADEA.

Inscricións:

On line: www.agadea.org
WhatsApp: 672,705,053
Presenciais:
Centro de Día de Alzheimer de Ribeira.
Sede de AGADEA en Santiago de Compostela.
Información: 672,705,053 ou na web: www.agadea.org

Distancia: 10km

Dificultade: media – baixa.

Custe da inscrición: 5€

Data límite de inscrición: Mércores 21 de Agosto de 2019.

Cota máxima de inscricións: 250 participantes. Unha vez acadada a cota informarase do peche das mesmas.

[ Go Back ]