Calendario
Ver carrera

Ó Barco

15/09/2019 18:00 - 20:00

[ Go Back ]

Descripción O Concello de O Barco de Valdeorras, coa colaboración do club Adas-Proinor de O Barco, a Federación
Galega de Atletismo e a Delegación da F.G.A en Valdeorras, organizan a XXXIIIª Milla Urbana Festas do
Cristo 2019, de categoría nacional nas probas ABSOLUTAS FEMININA E MASCULINA, as demais categorías
será do calendario autonómico, o vindeiro día 15 de setembro a partir das 18:00 h. no circuíto do Paseo
del Malecón de O Barco.
Proba oficial da R.F.E.A. e F.G.A

O circuíto consta dunha recta de 266 mts. , a que deberán dar un percorrido de ida e de volta, debendo dar
1, 2, o 3 voltas completas o mesmo, en función das idades dos participantes.
Circuíto homologado por la R.F.E.A. abicase no Paseo de O Malecón de O Barco de Valdeorras.
- As inscricións deberán estar no poder da organización antes do día 12 de Setembro de 2019.
Sendo as INSCRICIÓNS GRATIS.
- As inscricións para as carreiras se realizarán a través a web de ( http://www.carreirasgalegas.com/ )
- A inscrición dos atletas da comarca de Valdeorras poderase facer ata 1 hora antes do comezo da súa
proba.
- As inscricións dos neno-as menores de oito anos, Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16, faranse ata 45 minutos
antes do comezo das probas, na propia secretaría da proba.
- As inscricións das Carreiras Absoluta Masculina coma Absoluta Feminina
serán por rigorosa invitación da organización.
Se agradece que se fagan as inscricións con anterioridade.
RETIRADA DE DORSAIS:
A retirada de dorsais realizarase no Teatro Lauro Olmo situado “Paseo do Malecón”.
Ata 1h. antes do comezo da súa proba



1º.-Tódolos participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser visible no
desenrolo da proba.
2º.-Faranse control de paso en varios puntos do circuíto que a organización establecerá durante o
transcurso da proba polos cales terán que pasar os participantes para non ser descualificados.
3º.-As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 40 minutos despois
de comunicarse oficialmente os resultados.
4º.-Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da
carreira, manipular o dorsal, falsificar datos persoais.
5º.-Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír acepta o presente
regulamento.
6º.- Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia o
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos
polo desprazamento; o lugar da competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no
percorrido de ningún vehículo axeno a organización, estando estes últimos debidamente identificados.
7º.- A organización dispoñerá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora antes do comezo
da carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servicios médicos, están facultados para retirar
da carreira a calquera participante que manifestase un mal estado físico durante o desarrollo da mesma.
Así mesmo, recomendase a todos os inscritos, leven a cabo antes de tomar parte na carreira un
recoñecemento de aptitude médico-deportivo que descarte calquera patoloxía que impida a súa
participación.
8º.- O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.
9º.- Todo o non previsto na presente normativa se rexerá polas normas de competición da FGA, RFEA e
IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante
a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da
licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos,
o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante
escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.
-Entregaranse trofeos os 1º, 2º e 3º das categorías Sub10, Sub12, Sub14, Sub16, Master e Popular, tanto
masculino como feminino, así como os 1º, 2º y 3º Sub18/Sub20 masculino e feminino.
Haberá trofeo o 1º e 1ª de Valdeorras da categoría absoluta e tamén ós gañadores da carreira d@s mas
pequeniñ@s.
-Nas carreiras dos nenos e nenas menores de 8 anos, tod@s @s participantes recibirán un obsequio e
medalla conmemorativa, como mínimo hasta @s 20 primeir@s.
-Tod@s @s participantes a partires da categoría Sub16 ata Master recibirán unha camiseta
conmemorativa.
-Tamén haberá un obsequio para os primeiros clasificados-as das carreiras Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16.
-Na categoría de Master establécense cinco categorías, levando trofeos os 3 primeiros da categoría.


-As atletas da categoría SUB20/SUB18 feminina correrán conxuntamente na carreira Absoluta Feminina.
-As Carreiras Absoluta Masculina coma Absoluta Feminina serán por rigorosa invitación da organización.
18:00 SUB10 MAS-FEM (2011 e 2010) 1/2 VOLTA (268 M.)
18:10 SUB12 MAS-FEM (2009 e 2008) 1 VOLTA (536 M.)
18:20 SUB14 MAS-FEM (2007 e 2006) 2 VOLTAS (1072 M.)
18:30 SUB16 MAS-FEM (2005 e 2004) 2 VOLTAS (1072 M.)
18:40 SUB20/SUB18 MAS (2000, 2001, 2002, 2003) 3 VOLTAS (1609 M.)
18:50 MASTER MASCULINOS “A" (35 A 44 ANOS) 3 VOLTAS (1609 M.)
MASTER MASCULINOS “B" (45 A 54 ANOS) 3 VOLTAS (1609 M.)
POPULARES/FEDERADOS MASCULINOS (Dende o 1999 ata 34 ANOS) 3 VOLTAS (1609 M.)
19:00 MASTER MASCULINOS “C" (55 A 64 ANOS) 3 VOLTAS (1609 M.)
MASTER MASCULINOS “D" (65 A 69 ANOS) 3 VOLTAS (1609 M.)
MASTER MASCULINOS “E" (70 EN ADIANTE) 3 VOLTAS (1609 M.)
MASTER MASCULINOS “F" (75 EN ADIANTE) 3 VOLTAS (1609 M.)
MASTER FEMININA “A" (35 A 44 ANOS) 3 VOLTAS (1609 M.)
MASTER FEMININA “B" (45 A 54 ANOS) 3 VOLTAS (1609 M.)
MASTER FEMININA “C" (55 A 64 ANOS) 3 VOLTAS (1609 M.)
MASTER FEMININA “D" (65 EN ADIANTE) 3 VOLTAS (1609 M.)
POPULARES/FEDERADAS FEMININAS ( Dende o 1999 ata 34 ANOS ) 3 VOLTAS (1609 M.)
19:10 HOMENAXE A ATLETAS VALDEORRESES
19:20 NENOS DE 6 Y 7 ANOS 150 MTS.
19:25 NENAS DE 6 Y 7 ANOS 150 MTS.
19:30 NENOS DE 4 Y 5 ANOS 100 MTS.
19:35 NENAS DE 4 Y 5 ANOS 100 MTS.
19:40 NEN@S 3 ANOS OU MENOS 100 MTS.
19:45 PRESENTACIÓN ABSOLUTA FEMININA
19:50 CARREIRA ABSOLUTA FEMININA (DENDE O 2000 EN ADIANTE) 3 VOLTAS (1609 M.)
19:55 PRESENTACIÓN ABSOLUTA MASCULINA
20:00 CARREIRA ABSOLUTO MASCULINO (DENDE O 1997 EN ADIANTE) 3 VOLTAS (1609 M.)
20:10 ENTREGA DE TROFEOS

[ Go Back ]