Calendario
Info da proba

Muros

08/09/2019 10:00 - 13:00
Regulamento VIII CARREIRA SOLIDARIA DA PISCINA MUNICIPAL DE
MUROS
- REGULAMENTO -
1. DATOS XERAIS
• A Concellería de Deportes a través da Piscina Municipal de Muros organiza o
domingo 8 de setembro a VIII Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros. As
probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo.
2. CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN
CATEGORÍA NACEMENTO
Chupete 2015 e posteriores
Prebenxamín 2012, 2013 e 2014
Benxamín 2010 e 2011
Alevín 2008 e 2009
Infantil 2006 e 2007
Cadete 2004 e 2005
Xuvenil 2002 e 2003
Sénior 2001 e ata veteranos
Veteranos 1 De 35 a 40 anos cumpridos no día da proba
Veteranos 2 De 41 a 49 anos cumpridos no día da proba
Veteranos 3 De 50 a 59 anos cumpridos ata o día da proba
Veteranos 4 A partir de 60 anos de idade
Andaina Todas as idades
3. HORARIOS, SAÍDAS E DISTANCIAS
CATEGORÍA HORA DISTANCIA
Andaina 10.00 h 5600 m aprox.
Infantil e cadete 10.30 h 2300 m
Saída 1:
Sénior, veterano e xuvenil 11.00 h 10000 m aprox.
Saída 2:
Sénior, veterano e xuvenil 11.10 h (aprox.) 5600 m aprox.
Prebenxamín 12.00 h 200 m
Benxamín 12.15 h 600 m
Alevín 12.30 h 1000 m
Chupete 12.45 h 50 m
4. INSCRICIÓNS
• O prazo límite de inscricións será o xoves 5 de setembro ás 23.59 h, non se
admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin o día da proba.
• As inscricións faranse a través da web www.emesports.es, excepto as andaina que
se farán nas oficinas da Piscina Municipal de Muros.
• Na plataforma de inscrición as persoas participantes (xuvenil, sénior e veterano)
poderán seleccionar a distancia na que desexan participar, 10000 m ou 5600 m.
• A saída na distancia larga (10000 m) será ás 11.00 h e unha vez que pase a última
persoa clasificada pola zona da praia do castelo darase saída á proba da distancia
corta (5600 m) que calculamos que será sobre as 11.10 h.
• Usaranse distintos dorsais para diferenciar as persoas participantes da distancia
longa das da distancia curta.
• O custo da inscrición nas categorías andaina, sénior e veterano será de : 7,00 €.
• O custo da inscrición nas categorías menores e os/as menores na andaina será de:
1,00 €.
5. LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS
• Piscina Municipal de Muros (Soborribas, s/n Serres):
SÁBADO 7 de setembro dende as 9.00 h ás 13.00 h.
• Casa do Concello:
DOMINGO 8 de setembro dende as 8.30 h ata 1 hora antes do inicio da carreira
absoluta.
6. LUGAR DE SAÍDA E META
• Dende a zona portuaria, proximidades a praia do castelo.
7. PECHE DE CONTROL DA PROBA ABSOLUTA
• Ás 12:00 horas.
8. SERVIZO DE DUCHAS
• Piscina Municipal de Muros.
9. AVITUALLAMENTO DE META
• Proporcionarase auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en
cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar
visible despois da meta.
10. COLOCACIÓN PÚBLICA DAS CLASIFICACIÓNS
• Anunciarase por megafonía a situación e o momento no que as clasificacións de
cada carreira estean colocadas ao público. As reclamacións aos resultados oficiais
deberán realizarse non máis tarde de 30’ despois da publicación destes.
11. ENTREGA DOS PREMIOS
• Horario: 13.00 h.
• Lugar: Zona portuaria.
• Premios:
- Categorías menores:
▪ Medallas a todas as persoas participantes das categorías chupete,
prebenxamín, benxamín e alevín.
▪ Haberá premios para os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada
categoría e sexo a partir da categoría prebenxamín (incluida).
- Xeral:
Na proba con distancia de 10000 m por categorías e sexos (xuvenil, sénior e
veterano 1, 2, 3 e 4, NON ACUMULATIVOS) para:
▪ 1º clasificado/a.
▪ 2º clasificado/a.
▪ 3º clasificado/a.
Na proba con distancia de 5600 m por sexos para:
▪ 1º clasificado/a.
▪ 2º clasificado/a.
▪ 3º clasificado/a.
- Premios especiais:
▪ Club/asociación/centro de ensino/grupo con máis representantes que
cheguen á meta (mínimo 5 participantes). Para poder recibir o premio
nesta modalidade deberase facer constar o nome do
club/asociación/centro de ensino/peña no momento da inscrición.
• Os/as atletas premiados/as deberán situarse na zona próxima á entrega de
premios no momento en que por megafonía se anuncie o inicio desta, así como
estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.
• Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no
momento da entrega, perderán o dereito a recollelo.
• Os premios non serán acumulables.
• Para optar á participación por club, grupo, asociación… os/as atletas deberán
realizar a súa inscrición individualmente e posteriormente deberán enviar por
correo electrónico ao enderezo piscinamunicipaldemuros@gmail.com un listado
detallando os membros computables ao efecto.
• Agradecemos ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a
atleta non estea presente, o comunique na zona de premios, para evitar esperas
innecesarias.
• Exclusivamente poderán subir ao podio os/as atletas premiados/as.
• Para aqueles que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no
momento da entrega, deberán poñerse en contacto coa Concellería de Cultura,
Deporte, Educación e Xuventude durante un prazo máximo de 15 días onde se
custodiarán os trofeos non recollidos.
13. MEDIOS DE CONTACTO
• Piscina Municipal de Muros (Soborribas, s/n 15259 Serres) no seu horario
habitual.
• Por correo-e ao seguinte enderezo: piscinamunicipaldemuros@gmail.com
• Teléfonos de información: 981 826 966
Todo o non recollido neste regulamento rexerase pola normativa para probas en
ruta da FGA e RFEA en vigor.