Calendario
Ver carrera

Betanzos

11/08/2019 10:30 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción XIX CARREIRA POPULAR DE BETANZOS
Domingo 11 de agosto de 2019 ás 10:30 h
Regulamento:
As probas disputaranse na localidade de Betanzos. A saída e chegada da proba farase na praza da
Constitución. O circuíto estará debidamente sinalizado.
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da
carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
As inscricións nas probas faranse na páxina web www.carreirasgalegas.com con data límite o xoves
8 de agosto ás 23:59 h.
Prezos da inscrición:
• Proba absoluta, de (Sub 20) júnior a veteráns, 5 € por participante. O pago da inscrición farase
pola pasarela de pago da páxina web www.carreirasgalegas.com
• Probas de menores: inscrición de balde.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin o día da carreira.
Os dorsáis retiraranse na caseta situada a carón da saída ata media hora antes do inicio da proba.
Categorías, distancias e horario de saída:
ABSOLUTA, masculina e feminina: 5000 m 10:30 h.
– Máster 4 1959 e anteriores
– Máster 3 1960-1969
– Máster 2 1970-1979
– Máster 1 1980-1984
– Sénior 1985-1996
– Sub 23 - Promesa 1997-1999
– Sub 20 - Júnior 2000-2001
MENORES, masculina e feminina:
– Sub 18 - Xuvenil 2002-2003 2000 m 11:30 h.
– Sub 16 - Cadete 2004-2005 2000 m 11:30 h.
– Sub 14 - Infantil 2006-2007 1000 m 11:45 h.
– Sub 12 - Alevín 2008-2009 1000 m 11:45 h.
– Sub 10 - Benxamín 2010-2011 1000 m 11:45 h.
– Pitufos 2012-2014 150 m 12:00 h.
– Chupetes 2015-2018 150 m 12:00 h.
Premios:
– Medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculinos e femininos, da
categoría absoluta, de (Sub 20) júnior a veterán.
– Trofeo para os vencedores na categoría absoluta masculina e feminina.
– Medallas para todos os nenos e nenas das categorías menores, de chupetes a xuvenil.
– Todos e todas as persoas participantes recibirán un agasallo.
Poderase solicitar o DNI ou pasaporte para acreditar a idade a aqueles participantes que obteñan algún
premio.
Haberá servicio de duchas e vestiarios a disposición dos/as participantes no Pavillón Municipal do
Carregal.
1. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona
anterior do corpo, será automaticamente descualificado/a.
2. Aínda que a proba sexa de carácter deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase
un espírito e un comportamento deportivo por parte dos participantes. As reclamacións aos resultados
oficiáis formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da
publicación dos resultados.
3. O horario de saída poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función das
circunstancias.
4. Todas as persoas participantes estarán amparadas por unha póliza de Responsabilidade Civil e de
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa da
realización da proba deportiva. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
5. Coa realización da inscrición todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
poderá utilizar ditas imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
6. Todas a persoas participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o
presente regulamento, e no caso de dúbida ou no caso de xurdir algunha situación non prevista no
mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA
e IAAF en vigor.
7. A organización conta coa colaboración da Policía Local e Protección Civil, e tamén dispoñerá de
servicios médicos e ambulancia. Os servicios médicos están facultados para retirar da carreira a
calquera participante que manifeste un mal estado físico antes de comezar ou durante a carreira. Así
mesmo recoméndase a todas as persoas que vaian participar, se fagan un recoñecemento de aptitude
médico-deportiva que descarte calquera patoloxía que impida a súa participación.
8. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
9. Todo o non previsto no presente regulamento se rexerá polas normas de competición da FGA,
RFEA e IAAF para a presente tempada.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

[ Go Back ]