Calendario
Info da proba

Corcubión

01/09/2019 11:00 - 13:00
Regulamento 1. IDEOLOXÍA
A XVIII Carreira Popular Vila de Corcubión 2019 ten por obxectivo fomentar a
práctica da actividade deportiva física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis
saudable.
Esta carreira é a 8ª proba do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte”.
Así mesmo, está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e forma
parte do “VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial da Coruña
2019”.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como
persoas adultas (nados/as no 2016 e en anos anteriores).
2. CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS
Pitufo Mixto 2012 – 2016 (ambos incluídos) 450 m (aprox.) 13:10 h
Benxamín Masculino 2010 - 2011 900 m (aprox.) 13:00 h
12:50h
Feminino
Alevín Masculino 2008 - 2009 900 m (aprox.) Feminino
Infantil Masculino 2006 - 2007 3.000 m (aprox.)
12:17 h
Feminino
Cadete Masculino 2004 - 2005 3.000 m (aprox.) Feminino
Xuvenil* Masculino 2002 - 2003 3.000 m (aprox.) Feminino
Absoluta 3K
Contra o Cancro
Masculino
2001 (incluído) e anteriores 3.000 m (aprox.) 12:15 h Feminino
Sénior 10K Masculino 1980 - 2001 10.000 m
11:00 h
Feminino
Veteranos M40 Masculino 1970 - 1979 10.000 m Feminino
Veteranos M50 Masculino 1969 (incluído) e anteriores 10.000 m
SERVIZOS DA CARREIRA
ENLACE:
https://drive.google.com/open?id=1N9NmJCnY9RxjiieMf37JIVl8pP2WgrYf&usp=sharing
Ubicacións:
- Saída, meta, avituallamento, gardarroupa, entrega de dorsais e regalo conmemorativo:
https://www.google.es/maps/@42.9446374,-9.1934451,20z?hl=es
Aseos:
https://www.google.es/maps/@42.9444916,-9.1937106,19z?hl=es
- Duchas:
https://www.google.es/maps/@42.9443684,-9.1907079,20z?hl=es
- Aparcadoiros:
https://www.google.es/maps/@42.9443684,-9.1907079,20z?hl=es
NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE
1. A XVIII Carreira Popular Vila de Corcubión 2019 rexeranse pola regulamentación de
seguridade viaria do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos
esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real decreto 1428/2003, do 21 de
novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o
Real decreto 849/1993, do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil
e de accidentes).
2. A proba estará subscrita aos seguros de responsabilidade civil do Concello de Corcubión
e da Federación Galega de Atletismo. Tamén contará con seguro de accidentes que terá
as coberturas mínimas esixidas no Real decreto 849/1993.
3. A proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará de dúas ambulancias e dous
médicos, xa que supera os 750 participantes.
4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios, aprazar ou suspender
a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba
será suspendida automaticamente.
6. Os/as atletas que durante o transcurso da proba circulen por fóra do espazo delimitado
polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira consideraranse, para todos os
efectos, usuarios/as normais da vía.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non estará
amparada polos seguros da proba nin poderá participar de trofeos nin obsequios.
8. As diferentes probas estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo.
9. Poderanse efectuar reclamacións ante o xuíz árbitro da proba. A participación é libre e
leva implícita a aceptación do Regulamento xeral da proba. Todo o non previsto neste
regulamento resolverase de acordo, por esta orde, coas normas da FGA, RFEA e IAAF en
vigor.
10. O Concello de Corcubión porá a disposición dos/das participantes na carreira as
instalacións do club naútico para que se poidan cambiar e duchar. Tamén porá a
disposición dos corredores e corredoras un servizo de gardarroupa, que estará situado
no quiosco de Coca Cola (cor vermella), a carón da meta.
11. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola organización.
12. Os corredores e as corredoras do circuíto que non confirmen a asistencia dentro dos
prazos establecidos non terán dereito á camiseta conmemorativa da proba, aínda que si
poderán correr.
13. No proceso de inscrición ás carreiras ou ao Circuíto non se pide talle, polo tanto non se
garantirá o talle das camisetas.
14. Descualificacións:
3.14.a. O servizo médico da competición está facultado para retirar
durante a proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
3.14.b. Serán descualificados/as os/as atletas que non realice o percorrido
completo.
3.14.c. Tamén serán descualificados/as os/as atletas que
manifesten un comportamento non deportivo ou se reiteren en protestas ante a
organización.
15. Na carreira de 10K habilitarase un avituallamento líquido na zona da faro C. As demais
carreiras terán un único avituallamento: o especial de meta.
16. Xunto co dorsal e o chip entregarase a camiseta conmemorativa aos participantes das categorías
adultos.os nen@s participantes entregarase unha medalla..
17. Se se dese o caso de que o día da proba houbese unha temperatura elevada, na carreira
de haberá un punto para refrescar os/as corredores con mangueiras.
4. DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os/as deportistas inscritos/as comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento
e calquera posible modificación.
Os/as menores inscribiranse na web www.championchipnorte.com, proporcionando (requisito)
os datos dun titor ou titora legal ou presentando un xustificante paterno-titorial, segundo o
modelo que figura ao final deste regulamento.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquiridos os compromisos que a
continuación se expoñen:
1. As persoas atletas inscritas declaran que están en bo estado físico e que pasaron os
pertinentes recoñecementos de saúde.
2. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo
constar no reverso do dorsal da proba.
3. O/a atleta inscrito/a autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e internet para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe, previa solicitude
expresa por escrito.
5. INSCRICIÓNS
As inscricións para as CATEGORÍAS ABSOLUTA 3K CONTRA O CANCRO, 10K SÉNIOR, M40 e
M50 realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com dentro dos seguintes
prazos e cos custos que a continuación se indican:
- Ata o luns 26 de agosto ás 23:59 horas: 8€ + 1€ de alugueiro de chip.
- Dende o martes 27 ata o mércores 28 de agosto ás 23:59 horas: 11€ + 1€ de alugueiro
de chip.
- Independentemente de realizar a inscrición nos prazos anteriormente indicados,
todos/as os/as atletas de circuíto DEBERÁN CONFIRMAR DE MANEIRA OBRIGATORIA A
SÚA ASISTENCIA Á CARREIRA. A data límite para a confirmación será o luns 12 de agosto
ás 23:59 horas.
O feito de non confirmar a asistencia dentro dos prazos establecidos implica que o corredor ou
corredora non terá dereito á camiseta conmemorativa da proba, aínda que si poderá correr.
As inscricións para os/as atletas de CATEGORÍAS BASE serán gratuítas e deberán realizarse a
través da plataforma www.championchipnorte.com.
- Todos/as os/as atletas de categorías base deberán formalizar e presentar a
autorización paterna asinada polo pai, nai ou titor no momento da recollida do seu
dorsal. A dita autorización poderá ser descargada da páxina
www.championchipnorte.com ou en www.carnota.gal
- As inscricións para a XVIII Carreira Popular Vila de Corcubión 2019 poderán realizarase
ata o mércores 28 de agosto ás 23:59 horas.
- Os/as atletas da categoría Xuvenil poderán optar a correr na categoría superior
(Absoluta en 3K e Sénior en 10K) sempre que o fagan constar á hora de facer a inscrición.
O feito de correr en categoría superior (10K) ou Absoluta (3K Contra o Cancro) implicará
que non poderán optar á clasificación e premios da categoría Xuvenil. Así mesmo,
deberán pagar a correspondente inscrición (8€ + 1€ por inscrición de carreira) e terán
dereito á camiseta conmemorativa da carreira.
6. SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS
- Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir suxeito
aos cordóns das zapatillas).
- Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola organización), agás
Pitufo.
- Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
- O/A atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba nin lle computará
na clasificación do circuíto.
- O/A atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de carreira.
- O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será a partir das 09:00 na contorna
da praza Castelao. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos antes do inicio de cada
proba.
- Os corredores e corredoras de circuíto 10K ou 3K Contra o Cancro que estean inscritos/as no
circuíto deberán usar obrigatoriamente o “chip amarelo” e empregarán un único dorsal para
todas as probas do circuíto.
 Tanto o dorsal coma o chip (no caso de non posuílo) recolleranse na primeira proba do
circuíto na que participen as persoas inscritas.
 No caso da perda do chip o/a atleta deberá mercar outro a través da páxina web
www.championchipnorte.com
 No caso da perda ou rotura do dorsal, poderá solicitar outro á organización. No suposto de
ter que solicitar un terceiro dorsal, o dito dorsal correrá a cargo da persoa participante e
deberá facer o aboamento a ChampionChip.
- Os corredores e corredoras de carreira e os corredores e corredoras de categorías inferiores
(os/as de circuíto e carreira) usarán o “chip de carreira”, que deberán devolver á organización
ao remate desta. Estes corredores deberán recoller o seu dorsal e chip antes da carreira no lugar
habilitado para tal efecto ata 30 minutos antes do inicio da proba.
- Os chips son persoais e intransferibles, polo que a suplantación da personalidade dos/das atletas,
sancionarase coa expulsión do circuíto do portador ou portadora e do/a atleta suplantado/a,
anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición no circuíto.
7. CARREIRA 3K CONTRA O CANCRO
Na 6ª edición do Circuíto seguiremos colaborando coa
Asociación Provincial Contra o Cancro. A recadación
obtida para tal fin será entregada a esta asociación cando
remate do circuíto, na gala de entrega de trofeos.
Así mesmo, todas aquelas persoas que desexen colaborar
coa Asociación Provincial contra o Cancro, sen participar
en ningunha competición, poderán facelo inscribíndose no apartado Fila 0 que aparecerá na
web www.championchipnorte.com, dentro de cada unha das probas que compoñen o
circuíto.
8. CLASIFICACIÓNS, TROFEOS/MEDALLAS
Clasificacións da proba 10K
Optan a esta clasificación todos/as os/as atletas participantes na proba.
- Recibirán trofeo e subirán ao podio os/as tres primeiros/as clasificados/as en cada unha
das categorías (Sénior, M40, M50) independentemente da súa condición de
corredores/as de carreira ou de corredores/as de circuíto.
- Recibirán trofeo e subirán ao podio como gañadores/as absolutos/as o gañador e a
gañadora da carreira 10K, independentemente da súa categoría.
- Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e a primeira clasificados/as empadroados/as
do Concello de Carnota.
- Os equipos só recibirán trofeo e/ou medalla na gala final.
Clasificacións da proba 3K Contra o Cancro
Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
Recibirán trofeo e subirán ao podio os/as tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das
categorías Absoluta (nados/as en 2001 ou antes), Xuvenil, Cadete e Infantil independentemente
da súa condición de corredores/as de carreira ou de corredores/as de circuíto.
Clasificacións da proba Benxamín e Alevín
Optan a esta clasificación todos/as os/as atletas participantes na proba.
Recibirán trofeo e subirán ao podio os/as tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das
categorías Benxamín e Alevín.
Recibirán medallas conmemorativas todos/as os/as participantes na proba segundo vaian
chegando á meta.
Categoría Pitufo
Recibirán medalla conmemorativa todos/as os/as participantes na proba segundo vaian
chegando á meta.
Cerimonia de entrega de trofeos
Unha vez rematada a última proba, procederase ao acto de entrega de trofeos previsto para ás
13:30 horas aproximadamente, na contorna da praza castelao (a carón da saída e da meta).