Calendario
Ver carrera

10K Pontevedra 2019

20/10/2019 10:40 - 12:10

[ Go Back ]

Descripción PREVIO Á CARREIRA
1. DATA.
O Concello de Pontevedra e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra organiza o
domingo 20 de outubro de 2019, a partir das 10:40 horas, a primeira edición
do “10K Pontevedra 2019”.
2. PARTICIPANTES.
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade que o desexen,
sempre que estean inscritas nos prazos establecidos ao efecto pola
organización, e cumpran as condicións de participación. Poderase participar
unicamente de forma individual. Haberá un límite de 600 participantes.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente
regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas
alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os
compromisos que se inclúen neste regulamento.
Todo participante inscrito declara o seguinte: “Estou nun estado de saúde
óptimo para participar no 10K Pontevedra. Durante o desenrolo da proba
contribuirei no posible coa Organización. Ademais, eximo de toda
responsabilidade á Organización, patrocinadores e/ou outras institucións
participantes ante calquera accidente ou lesión que puidera sufrir antes,
durante e/ou despois do evento deportivo, así coma por asuntos vencellados
coa perda de obxectos persoais por roubo (ou outras similares), agresións
físicas e calquera outro motivo extradeportivo. Renunciando dende xa a
calquera acción legal contra calquera de ditas entidades.
Autorizo a que a Organización faga uso publicitario de fotos, vídeos e calquera
outro tipo de material audiovisual no que poida figurar, aceptando a
publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de
comunicación e/ou internet, sen esperar pago, compensación ou retribución
algunha por este concepto. Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que
os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable
é a Sociedad Gimnástica de Pontevedra con domicilio social na Rúa Xoán
Manuel Pintos s/n 36005 Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo
a xestión de datos para o 10K así como informarlle de futuras edicións. Se
desexa exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada, axuntando unha
fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non
acepte os termos e condicións que queden expostos no presente
regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida
no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
4. INSCRICIÓNS.
1. Faranse en www.championchipnorte.com ata as 23:59 horas do día 15
de outubro de 2019 e non se admitirán inscricións posteriores.
Para a carreira haberá dous prazos para inscribirse:
ü Ata as 23:59 horas do 30 de setembro e na que o/a deportista pagará
a cota “Reducida” de 6 € máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip.
ü Dende o 01 de outubro e ata o remate do prazo de inscrición e na que
o/a deportista pagará a cota “Xeral” de 8 € máis, de ser o caso, 1 € de
aluguer de chip.
A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán
devolucións do importe de participación.
5. ACCIÓN SOCIAL.
Voluntariamente todos os participantes e persoas da Organización que
desexen colaborar coa Rede Axuda poderán facelo entregando un produto
alimenticio non perecedoiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que
entregaremos no seu nome a esta Institución (preferentemente aceite, leite,
conservas,...).
6. PERCORRIDO DE RECOÑECEMENTO PREVIO.
A tradicional “quedada” a unha volta de todo o percorrido, será o mércores
16 de outubro ás 20.00 horas, é de acceso libre, e sairá de diante da porta
principal do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. O ritmo de carreira
será moi asumible co obxectivo de dar a coñecer todo o percorrido. Prégase
acudir con prendas exteriores de cores rechamantes.
DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
7. GARDARROUPA.
Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa
disposición no Pavillón Universitario.
8. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS.
Haberá dous puntos para a recollida de dorsais:
ü Para aqueles que realizasen a inscrición no primeiro período poderán
recoller o seu dorsal na tenda Miler na rúa Peregrina nº6 soto, en
Pontevedra; en horario de tenda dende o martes 15/X ao venres 18/X,
sendo este último día só en horario de mañá.
ü Para o resto de inscritos, farase no Pavillón Universitario (Maxisterio)
na r/ Padre Gaite o día venres 18/X de 17.00 a 20.30 e o sábado 19/X
de 10:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:30 horas. Excepcionalmente
o día da proba de 08:30 horas a 09:30 horas, só para as persoas que
veñan de fora da comarca.
9. CAIXÓN PREFERENTE.
Haberá unha zona preferente reservada para os participantes que acrediten
unha marca inferior a 36 minutos e 00 segundos (en 10km) na categoría
masculina, e inferior a 46 minutos e 30 segundos (en 10km) na feminina.
Estes atletas levarán o dorsal de cor vermello. Haberá que indicar o lugar e
data de consecución. Dita marca tivo que ser obtida nos últimos 24 meses
nunha carreira de 10km.
10. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES.
Todos as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de “Seguro de
Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas
ambulancias e dous médicos para a atención.
11. PERCORRIDO.
Terá unha lonxitude de 10.000 metros, nun circuíto urbano pechado sobre
asfalto. Cada kilómetro sinalizarase visualmente, e o tempo máximo para
percorrer a distancia será de 1 horas e 10 minutos. A chegada será na pista
de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (C.G.T.D.) de
Pontevedra.
A SAÍDA será dende a ponte dos Tirantes (dirección Marín), de seguido Avd.
de Bos Aires, Avda. Uruguay, Corbaceiras (xiro de 180º, frente a praza do
Gremio dos Mareantes), Corbaceiras, Avda. Uruguay, Avda. Bos Aires,
travesía Galera, rúa Arzobispo Malvar, Praza de España, Marqués de Riestra,
Praza San Xosé, rúa Augusto González Besada, praza de Galicia, Augusto
García Sánchez (polo carril de sentido contrario a circulación), rúa Xeneral
Rubín, paseo de Valle Inclán, Iglesias Vilarelle (accédese despois da
intersección coa rúa Taboada Nieto), Alcalde Hevia, San Pedro Alcántara,
Peregrina, Andrés Mellado, Andrés Muruáis, Peregrina, praza da Peregrina,
Odriozola, rúa dos Soportais, praza de Curros Enríquez, rúa Real, praza Celso
García de La Riega, Valentín García Escudero, Avda. Bos Aires, rúa Padre
Gaite, Padre Fernando Olmedo, Camiño Vello de Castilla, atravesamos a rúa
Jose Malvar pola zona Norte da rotonda, entramos no vial superior de TAFISA,
ata a av. de Bos Aires (incorpórase a mesma xirando a dereita), xiro de 180º
300 m. mais adiante da pasarela peatonal, Avda. de Bos Aires ao chegar a
rotonda da ponte dos Tirantes, deixala a dereita para entrar na rúa Padre
Gaite, Padre Fernando Olmedo, acceso a pistas de atletismo do CGTD, os
atletas correrán pola rúa 1 da mesma, para dar case unha volta completa e
chegada a META.
12. AVITUALLAMENTO.
No quilómetro 5 disporase da auga necesaria.
13. DESCUALIFICACIÓNS.
O servizo médico da competición, ou o persoal de Organización, están
facultados para retirar da carreira a calquera atleta que:
ü Manifeste un mal estado físico evidente.
ü Non realice o percorrido completo.
ü Non teña dorsal ou manipule a súa publicidade
ü Manifeste un comportamento non deportivo.
ü Se reitere en protestas ante a Organización.
ü Non cumpra o tempo máximo de remate de 1 h. 10´00”.
14. CHIP.
Estableceranse controis de cronometraxe “alfombras” de Chips por todo o
percorrido co propósito de verificar que todos os/as atletas cobren a
totalidade do percorrido no mesmo sentido da carreira. Estes controis
rexistrarán tamén os tempos de paso parciais e totais, polo que é obrigatorio
pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas ao longo do
percorrido. Os atletas que non teñan todos os rexistros na orde axeitada serán
descualificados.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non
devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda
dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de
trinta euros.
15. PERSOAS NON INSCRITAS.
Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa
responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a
súa presenza se lle instará a abandonar o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA
16. OUTROS
Na liña de meta, os participantes terán un servizo de duchas, unha bolsa de
produtos alimenticios, bebidas, servizo de fisioterapia, servizo médico, etc.
17. RECLAMACIÓNS
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao director de carreira, non
mais tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
18. PREMIOS.
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados absolutos da categoría
masculina e feminina.
19. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN.
A cerimonia de entrega de premios do 10K Pontevedra 2019 efectuarase a
partir das 13:30 horas na zona de meta (C.G.T.D. Pontevedra). Os atletas
con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, podendo delegar
noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao
premio.
Mais info: www.mmpontevedra.com ou www.sgpontevedra.com

[ Go Back ]