Calendario
Info da proba

Cabanas,Cross Popular

04/08/2019 11:00 - 13:00
Regulamento O próximo 04 de Agosto, domingo, o Concello de Cabanas organiza o tradicional CROSS POPULAR con motivo das festas de Santa Marta que, como ven sendo habitual, desenvolverase no circuíto do piñeiral da praia de Cabanas. Todo o recorrido estará delimitado con cinta.
As diferentes distancias oscilarán entre os 1.000 mts. e os 7.000 mts, dependendo das categorías distribuídas segundo os grupos de idade – achéganse categorías, anos que comprende cada categoría, distancia a recorrer de cada categoría e hora de saída prevista de cada carreira –.
O recorrido é integramente a nivel do mar e polo interior do piñeiral. Non hai costa algunha aínda que si é posible atoparse zonas de area pero moi “levadeiras”.
As inscricións pódense realizar no número de teléfono do Concello de Cabanas 981 49 59 59 extensión 3 ou na dirección de correo electrónico cultura @ cabanas.gal ata ás 14:00 h. do xoves 01 de Agosto.
Excepcionalmente, no lugar da carreira, tramitaranse inscricións ata unha hora antes da saída da proba para a que o/a corredor/a solicite participar, na carpa habilitada pola organización na zona de control.
Para inscribirse solicitamos: Nome e apelidos, DNI, data de nacemento (día, mes e ano) e localidade.


A organización, ao ser unha proba popular e GRATUÍTA – non hai cota de inscrición –, declina toda responsabilidade polos danos que, por libre decisión de participar na mesma, poida sufrir un participante, tanto si son orixinados por si mesmo/a ou por terceiros.
As eventualidades ou discrepancias que puideran acontecer comunicaranse, de maneira verbal, á organización, que se pronunciará de inmediato e o seu ditame será inapelable.

En breve , mais información!!